• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O PP de Ribadumia protesta polas desorbitadas facturas de auga en Sisán e Barrantes

Set 12 Escrito por 
RIBADUMIA> Os populares de Ribadumia denuncian que algúns veciños están a recibir nas súas casas uns recibos de auga abusivos e desproporcionados, ao seu entender. A voceira do PP na vila presentou este martes unha queixa por rexistro no concello para dar solución a este problema.
Veciños de Sisán e Barrantes están molestos ante os recibos da auga que lles están chegando estes días. Uns recibos que segundo afirma a voceira do PP en Ribadumia que son abusivos e desproporcionados. Para Peña esta situación dáse porque o concello non leu os contadores o ano pasado, e agora os recibos recollen o consumo de dous anos. Unha situación que se agrava por un canón que se pon no municipio para penalizar a aqueles que consumen moita auga.l Segundo a popular a solución do concello antes estas queixas pasa por fraccionar en dous os pagos das facturas. Unha situación que non convence aos conservadores de Ribadumia, polo que presentaron unha queixa formal no concello. Os populares afirman que se deberían anular os recibos e crear unha mesa de asesoramento aos afectados para levar acabo a regularización do problema.

Medios

Etiquetado como Polémica    queixas    Ribadumia    Salomé Peña   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Martes, 12 Setembro 2017 18:47

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O lume tamén arrasou o Salnés
    SALNÉS> O Salnés tamén ardeu na negra xornada de onte en Galicia. Dous dos puntos máis afectados polas lapas foron a parroquia de Armenteira, en Meis, e varias parroquias de Catoira debido a un lume que se orixinou onte á tarde no monte de Xiabre. Aínda que esta maña os incendios estaban controlados, os veciños máis prexudicados non daban crédito ó acontecido. Desolación e impotencia, é a o que se atopaba esta mañá ó percorrer as zonas máis afectadas do Salnés tralo domingo negro vivido onte en toda Galicia. A comarca tamén ardeu, e fíxoo de xeito voraz. María, unha veciña de Pereiras, en Armenteira, Meis, non era quen de lembrar como onte á noite estivo a piques de perdelo todo. A súa casa, en cuestión de minutos, aparece completamente rodeada polas lapas. Varias vivendas tiveron que se desaloxadas aquí na Armenteira, polo lume que se orixinou nun eucaliptal pasadas as nove da noite, e que se foi propagando avivado polo forte vento. Como moitos outros puntos, aquí tamén, a colaboración dos veciños, xunto co traballo de bombeiros e protección civil. fundamental. Un inferno para as persoas, pero por suposto, para os animais que viven nos montes .(rec caballos) A solidariedade necesaria máis ca nunca, tamén en Catoira. Desde o monte, as lapas correron como a pólvora monte abaixo debido ó vento, ata chegar a varias parroquias de Catoira. Unha das máis afectadas, Coaxe, tivo que ser desaloxada. Aquí xerente Manolo unha Casa Rural. Este mediodía os brigadistas continuaban na zona realizando labores de control. Parece que o peor xa pasou, pero agora queda unha pregunta ó aire, poderíase ter evitado? Poderemos evitalo de haber unha próxima vez?
  • Ribadumia premia os seus mellores deportistas na súa Gala do Deporte
    RIBADUMIA> O deporte estivo de festa en Ribadumia. O concello celebrou a súa segunda Gala, na que se recoñece o traballo de deportistas, persoeiros e clubes máis destacados do municipio. Ribadumia despediu a súa Semana Europea do Deporte por todo o alto. O auditorio acolleu a segunda edición da Gala do Deporte; acto co que o concello recoñece o labor de deportistas e entidades. Os grandes protagonistas foron o Náutico O Muíño, o Umia Club de Fútbol, o Ribadumia e o Desguaces Tino Racing, con varios dos seus deportistas recoñecidos en diferentes categorías. O Desguaces Tino, ademais, foi recoñecido como mellor equipo, mentres que o Ribadumia escolleuse como o mellor club. Pablo Torres, do Umia, alzouse como mellor adestrador, mentres que na categoría ao mérito deportivo o recoñecemento recaeu no secretario do Ribadumia, José Ramón Serantes.
  • Os olímpicos pontevedreses, protagonistas da Semana do Deporte en Ribadumia
    RIBADUMIA> O deporte domina esta semana Ribadumia. O concello está metido de cheo na conmemoración da Semana Europea do Deporte, con actividades para todos os públicos dirixdas a fomentar todo tipo de disciplinas. Hoxe, a cita foi no auditorio, coa inauguración da exposición De Pontevedra a Río, promovida pola Deputación de Pontevedra. Ribadumia sumouse á celebración da Semana Europea do Deporte. Dende o pasado sábado, as actividades deportivas mobilizan aos veciños de todas as idades. A Semana do Deporte culminará este sábado cunha gran cita. O Auditorio acollerá a segunda Festa do Deporte, na que o concello recoñecerá o labor das diferentes entidades deportivas do municipio. Pero antes desta gran cita, as actividades están sucedéndose en Ribadumia. Esta mañá, o concello inaugurou a exposición De Pontevedra a Río, promovida pola Deputación de Pontevedra, e que é un recoñecemento ao traballo dos deportistas pontevedreses que participaron nas Olimpíadas de Río 2016. Para o concello, esta mostra é un xeito máis de promocionar o deporte entre a mocidade, e promover o benestar social que trae consigo a práctica deportiva.
  • Ribadumia súmase á Semana Europea do Deporte
    RIBADUMIA> O concello de Ribadumia súmase á Semana Europea do Deporte que se celebrará xa a partir de mañá sábado. Sendeirismo, padel, actividades para nenos, zumba ou tenis de mesa son algunhas das actividades propostas nun programa, que terá no sábado 30 o seu día grande, coa celebración da Gala do Deporte. O concello de Ribadumia continúa coa súa aposta por inculcar o deporte á sociedade, xa desde nos veciños máis pequenos da casa. Por iso súmase á Semana Europea da Mobilidade cun programa chego de actividades, que comezarán xa mañá sábado 23 e rematarán o sábado 30. Unha diversidade de actividades deportivas para tódalas idades, que terán no mércores 27 o seu día destinado ós máis pequenos, con actividades nas que participarán máis de 250 nenos de 3 a 7 anos, grazas á colaboración do concello co CEIP Julia Becerra Malvar e o CRA de Ribadumia . O broche final chegará o sábado día 30 coa celebración da Gala do Deporte, que será conducida polo humorista Federico Pérez. Ademáis, Ribadumia completa a Semana do Deporte con xornadas de portas abertas no ximnasio municipal e no Club de Tenis de Mesa do concello, do 25 ó 29 de setembro.
  • Castro invita aos veciños afectados pola factura da auga a asesorarse no concello
    RIBADUMIA> Este martes era a voceira popular de Ribadumia a que denunciaba o cobro "desproporcionado" das facturas da auga en Sisán e Barrantes, por unha neglixencia do concello... pois ben, hoxe é o propio alcalde quen pide "prudencia" ante as declaracións de Salomé Peña, e explica o problema que está a acontecer cos recibos da auga nestas parroquias.
  • Deputados provinciais solicitan a creación dunha Mesa Provincial de Turismo
    SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo.
HomeSalnés - CaldasO PP de Ribadumia protesta polas desorbitadas facturas de auga en Sisán e Barrantes Top of Page

Síguenos en facebook