• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello de Caldas cederá un local ás mulleres embarazadas

Set 13 Escrito por 
CALDAS> Insalubres e tercermundistas, así definen as mulleres embarazadas de Caldas de Reis, as instalacións nas que reciben o servizo da matrona. Levan anos sendo atendidas na antiga escola taller, ante a falta de solucións por parte do Serga. Esta mañá esixiron unha reunión urxente coa Consellería, contando co apoio do alcalde da localidade . É a descrición de só algunha das situación que padecen a diario as mulleres embarazadas de Caldas de Reis cando asisten ó servizo de matrona, desde hai anos ubicado na antiga escola taller. O deterioro do espazo é evidente nada máis entrar. Levan nove anos denunciando as pésimas condición nas que se atopa o local, e que segundo nos explicou esta mañá unha representante das mulleres, poden chegar a causar graves problemas ás pacientes. A esta situación, únese a falta de matrona titular en Caldas de Reis. As mulleres compareceron esta mañá acompañadas polo alcalde da vila, Juan Manuel Rey ,que se comprometeu a ceder desde este momento, como solución provisional, unha sala do centro comarcal da Tafona, con mellores condicións de salubridade. A través do alcalde, as mulleres solicitarán unha reunión de urxencia con responsables do Sergas. O acto rematou coa sinatura do propio alcalde apoiando a causa. De momento levan recollidas 2.140 firmas por “un embarazo digno” que entregarán no consistorio. Aínda que a elas lles quedan poucos días como embarazadas, aseguran que seguirán loitando polos dereitos das mulleres que veñan detrás.

Medios

Etiquetado como Caldas    matrona    embarazadas    escola taller    problemas salubridad    Sergas    juan manuel rey   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os festivos locais a consulta popular en Cuntis
    CUNTIS> O concello de Cuntis volve dar mostra da súa cultura democrática facendo partícipes ós seus veciños das decisións que se toman no consistorio. Nesta ocasión o motivo da consulta popular que se está a realizar, desde onte e ata o xoves. son os festivos locais. E como é habitual con este tipo de cuestións, aquí, tampouco hai consenso . Son algunhas das datas que se inclúen na papeleta coa que desde onte os veciños de Cuntis poden participar na Consulta Popular sobre os festivos locais para o 2018. E como ven, preguntando ós veciños do concello, non atopamos consenso. Na papeleta hai tres opcións, máis unha libre na que os cidadáns poden poñer outra preferencia. A votación comezou onte, e os veciños teñen ata o xoves a mediodía, para expresar a súa preferencia nas urnas ubicadas no concello e na oficina de Turismo, ou ben facelo telemáticamente. Non era a primeira vez que empregan este tipo de sistema para tomar decisións, xa o fixeron, telematicamente, para elixir a imaxe da oficina de Turismo, así como cos orzamentos participativos, onde poden opinar os veciños. E eles, encantados de facelo . Aínda, que non todos o ven do mesmo xeito. Haberá que agardar ó xoves, cando pechen as urnas e se contabilice o resultado, para coñecer qué días descansarán o próximo ano estes veciños. Aínda que algúns, de momento, teñan as súas dúbidas sobre a noticia…
  • O PP esixe un novo céspede para o campo das Corticeiras de Caldas
    CALDAS> O PP provincial urxe ó concello de Caldas e á Deputación de Pontevedra que substitúan o céspede no campo de fútbol das Corticeiras, neste municipio. O terreo de xogo xa ten dez anos e presenta un estado de deterioro moi avanzado. O Partido Popular pediu esta mañá á Deputación de Pontevedra e ó concello de Caldas que se poñan dacordo, pero que algún dos dous asuma a substitución da herba sintética no campo de fútbol das Corticeiras. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, a deputada Luisa Piñeiro e o presidente local do partido, Jesús Goldar, reuníronse con varios membros da directovia do club de Caldas para escoitar as súas demandas. Pero tamén, para poñerse a disposición á hora de esixir un terreo de xogo de calidade. Jesús Goldar sinalou que o céspede deste campo de futbol non serve prácticamente para nada. Os populares recordaron que hai dez anos que a Deputación gobernada polo PP colocou herba artificial neste campo, precisamente a vida útil que se garante para un uso intensivo do terreo. como é o caso de Caldas. A Deputada Luisa Piñeiro sinalou que hai zonas do terreo de xogo afundidas. Desde o PP provincial sinalaron que reclamarán nunha nova ocasión compromisos do bipartito cos campos de futbol de toda a provincia incluido o de Caldas.
  • "Móvete por Mozambique", a carreira solidaria dos alumnos do San Fermín
    caldas> “Móvete por Mozambique”, é o lema da carreira solidaria na que esta mañá participaron os alumnos do Colexio San Fermín de Caldas. A Carballeira do municipio acolleu esta actividade a favor da ONG “Emiliani”. Eles, estudantes do Colexio San Fermín de Caldas, explicábano perfectamente xusto antes de comezar a carreira esta mañá. A Carballeira do concello acolleu esta evento solidario organizado pola Congregación dos Pais Somascos, propietaria deste centro educativo, co obxectivo de doar fondos á súa ONG “Emiliani” para o Fogar de Menores que teñen en Beira, Mozambique. Sobre concienciación coñece ben o Pai Carlos. Despois de ser profesor neste colexio de Caldas, leva xa oito anos dirixindo a casa fogar de Mozambique. E ós rapaces e rapazas de Caldas quedoulle ben claro o obxectivo. E para iso, e poder estar á altura na carreira, houbo que adestrar durante a semana, Os obxectivos deportivos, máis que cumpridos, pero para o máis importante, para o financiamento, tamén foron os cativos os encargados de conseguir ós patrocinadores, e atopáronos moi preto deles.
  • Arquivada definitivamente a causa xudicial contra o alcalde de Caldas
    CALDAS> A Audiencia Provincial de Pontevedra arquiva de maneira definitiva a causa xudicial contra o alcalde de Caldas de Reis. Este mércores achegámonos ata o concello para coñecer de primeira man como recibiu o rexedor esta noticia.
  • O Sergas rexeita a Comandancia da Mariña para un novo centro de saúde
    VILAGARCÍA> Varapau do Servizo Galego de Saúde ao concello de Vilagarcía. Finalmente, o Sergas desbota o edificio e a parcela da Comandancia da Mariña para acoller o novo centro de saúde que reclama Ravella. Para o servizo autonómico, o sobrecusto de derrubar o edificio provoca que a opción non sexa a idónea. Dende o concello ofrécense a buscar financiamento, e ven nesta postura unha falta de vontade política da Xunta. Para o Sergas, nin a parcela nin a edificación da antiga Comandancia da Mariña son idóneas para coller un novo centro de saúde en Vilagarcía. Os técnicos que visitaran o edificio informaran de que non era apto para acoller un novo ambulatorio, pero viran posibilidades no solar. Agora, desbotan esta opción polo sobrecusto de derrubar o inmoble. Tamén polo feito de que as parcelas deben ser cedidas gratuítamente polos concellos, e esta pertence á Autoridade Portuaria. O alcalde volve referirse ao protocolo asinado no 2009 entre a Consellería de Sanidade e a Autoridade Portuaria, que poñía eses terreos a servizo da Xunta para construír un novo centro de saúde. O solar ten unha superficie de 5.000 metros cadrados, extensión difícil de igualar en Vilagarcía. Nesta decisión do Sergas, Varela ve falta de vontade política e unha nova discriminación a Vilagarcía en materia sanitaria. O rexedor tamén asegurou que, a día de hoxe, o concello aínda non recibiu o informe dos técnicos do Sergas nin a confirmación oficial desta decisión do servizo autonómico.
  • O Sergas faise cargo do mantemento dos centros de saúde de Poio e Ribadumia
    Pontevedra> Cita importante do Conselleiro de Sanidade a desta tarde na delegación da Xunta en Pontevedra. Alí Jesús Vázquez asinou os convenios cos concellos de Poio e Ribadumia mediante os cales o Sergas asumirá os custos de mantemento dos centros de saúde destas localidades. Poio e Ribadumia agradeceron esta medida adoptada pola consellería que suporá un importante desafogo para as arcas municipais. 
HomeSalnés - CaldasO concello de Caldas cederá un local ás mulleres embarazadas Top of Page

Síguenos en facebook