09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Castro invita aos veciños afectados pola factura da auga a asesorarse no concello

Set 13 Escrito por 
RIBADUMIA> Este martes era a voceira popular de Ribadumia a que denunciaba o cobro "desproporcionado" das facturas da auga en Sisán e Barrantes, por unha neglixencia do concello... pois ben, hoxe é o propio alcalde quen pide "prudencia" ante as declaracións de Salomé Peña, e explica o problema que está a acontecer cos recibos da auga nestas parroquias.
O alcalde de Ribadumia recoñeceu, este mércores, que efectivamente existe un problema nas lecturas da auga, tal e como denunciaba onte a voceira do PP na vila, e que o concello está intentando arranxar esta situación. Castro invita a todos os veciños afectados a que acudan ao concello para poder asesoralos caso por caso e explicarlles a situación dos recibos. Unha información que segundo o alcalde xa se dou no pleno da pasada semana, polo que tilda de irresponsabilidade as declaracións que onte daba a popular as portas do concello. O rexedor atribuíu a orixe do problema a un método "arcaico" de lectura dos contadores e sinalou que dende o concello xa se está a traballar para substituílo. David Castro afirmou que están a traballar nun novo Plan de Augas para o concello de Ribadumia, en colaboración coa Mancomunidade de O Salnés, e sinalou que nas vindeiras semanas haberá unha reunión con tódolos veciños afectados no Auditorio da vila para solucionar este problema.

Medios

Etiquetado como Ribadumia    Polémica    Auga   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • "Ana" permite que o Lérez conte cun caudal catro veces maior á media nesta época do ano
    Pontevedra> A cicloxénese explosiva Ana deixou 52 intervencións directas no concello de Pontevedra. O voceiro do Goberno Local informou de que se tratou, en todos os casos, de incidencias menores. E debido a este temporal, a situación da seca vaise recuperando, o caudal do río Lérez conta con 60,86 metros cúbicos segundo, catro veces máis que na mesma época o pasado ano.
  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • A Policía Local non dispón de informe algún sobre o incidente da placa de Rei Ballesteros
    POBRA> Esta foi a resposta emitida por este corpo a raíz da solicitude do BNG dun informe oficial ó respecto. En resposta ó escrito presentado hai uns días no Concello, no que o BNG solicitaba o informe oficial por parte dos axentes de garda ese día, dende a Policía Local indícase que non se recolleu ningún incidente relacionado coa retirada da placa. Para os nacionalistas este feito non deixa de ser chamativo, acusándoo a este corpo de actuar con escurantismo en favor dos intereses do equipo de goberno. Por esta razón o BNG volve a pedir explicacións por parte da Policía Local e tamén o alcalde sobre todo o acontecido, ó existir indicios evidentes de que así foi.
  • O BNG presenta alegacións á suba do prezo da auga
    POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar alegacións á suba da taxa do abastecemento da auga proposta pola empresa concesionaria. Os nacionalistas animan ós veciños que se opoñan a estes incrementos a que presenten tamén as súas emendas a título particular.
  • Peña responsabiliza á falta de xestión do tripartito do pago á Igrexa
    RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia responde á polémica aberta estes días en relación co tanatorio. A exalcaldesa Salomé Peña nega que o concello teña que indemnizar ao Arcebispado. Explica que os 50.000 euros a pagar responden ao incumprimento do convenio asinado no 2010 polo que o concello cedía á Igrexa unha parcela a cambio da ocupada polo tanatorio. Segundo Peña, o actual goberno non fixo ningunha xestión para renovar o convenio unha vez vencido o prazo, e evitar así o pagamento. Salomé Peña recoñece que o convenio asinado coa Igrexa no 2010 para conseguir os terreos para o tanatorio recollía dúas posibilidades: ben o concello cedía outra parcela de 2.000 metros cadrados ao Arcebispado na Carballeira de Barrantes, ben pagaban o prezo da parcela. A cesión non se materializou aínda polos retrasos na urbanización do terreo da Carballeira. Por iso, para o Partido Popular de Ribadumia, que o concello teña que aboar 50.000 euros ao Arcebispado polo terreo que ocupa o tanatorio é froito da mala xestión do executivo, por non buscar unha prórroga deste convenio que, ademais, asegura que coñecían, xa que foi aprobado en pleno. Ademais de defender a súa xestión no referente ao tanatorio, os populares tamén o fixeron co proxecto das Pousadas do Salnés. O edil Luis Serantes respondeu ás críticas da presidenta provincial, que cualificaba o plan de escandaloso e cheo de irregulariedades. Dende a formación reclamaron a concello de Ribadumia e Deputación que axilicen os trámites para a posta en funcionamento da Pousada do municipio, a única do proxecto que permanece pechada.
  • Quince días para mellorar a seguridade viaria do Polígono
    RIBADUMIA> En marcha as obras de mellora da seguridade viaria no polígono do Salnés. O proxecto ten un custo de 159.000 euros, subvencionados nun 95% pola Xunta de Galicia. Os traballos diríxense á creación dunha senda peonil entre os dous parques empresariais e unha beirarrúa nas proximidades do cruce cara o parque de bombeiros do Salnés. Xa están en marcha as obras de mellora da seguridade viaria no polígono do Salnés, que comparten os concellos de Cambados e Ribadumia. A actuación diríxese á construción dunha senda peonil e unha beirarrúas nas proximidades do cruce cara o parque de bombeiros. A actuación continuará no Polígono de Sete Pías. Neste parque está previsto o pintado e asfaltado das diferentes rúas, ademais da colocación de dúas pantallas xigantes con información das empresas asentadas. Por iso, mentres se desenvolven os traballos tanto Cambados como Ribadumia piden precaución aos condutores, e paciencia ante as dificultades no tráfico que poidan aparecer. O proxecto ten un custo de 159.000 euros, dos que os concellos só terán que poñer un 5%. O restante correrá a cargo da Xunta de Galicia. O prazo de execución dos traballos é de 15 días.
HomeSalnés - CaldasCastro invita aos veciños afectados pola factura da auga a asesorarse no concello Top of Page

Síguenos en facebook