• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O cambio de luminarias en Castrelo suporá un aforro de 12.000 euros en consumo enerxético

Set 14 Escrito por 
CAMBADOS> O aforro enerxético é unha prioridade para o concello de Cambados. Por iso, este xoves, o edil de Obras e Servizos da localidade se desprazou ata Castrelo para anunciar que as novas luminarias led instaladas nesa zona permitirán un aforro real de 12.000 euros ao ano.
As novas luminarias led que se están a instalar na parroquia de Castrelo, en Cambados, permitirán un aforro de 12.000 euros ao ano en consumo de luz. Este cambio de 150 luminarias da recta de Castrelo, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e cun custe de 32.000 euros, recollese dentro do Plan de Optimización Enerxética 2015-2019. O edil de Obras xa anunciou que a seguinte zona de actuación será na avenida de Vilariño, para acadar unha redución do 30% en 2019. Co cambio das luminarias, o concello de Cambados espera reducir o consumo da factura eléctrica en 100.000 euros menos ao ano, con respecto aos consumos de 2015.

Medios

Etiquetado como Cambados    Medioambiente    Enerxía    Aforro enerxético   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Refuxio de Cambados aposta polo punk-rock para o festival benéfico Can-Fest
    CAMBADOS> O concello de Cambados e o seu refuxio preparan un cartel de luxo para a estrea do seu festival Albariño Can Fest. A cita será o 2 de decembro no Salón José Peña, dentro da programación da Cidade Europea do Viño. A entrada terá un custo de 10 euros, que permitirá ver en directo a grupos como Gatillazo, Mamá Ladilla e Konflikto. Cartel de luxo para estrear por todo o alto o festival Albariño Can-Fest. No marco desta cita organizada polo Refuxio de Cambados, coa colaboración do concello, grupos de primeira liña como Gatillazo, Mamá Ladilla ou Konflicto actuarán no Salón José Peña o 2 de decembro. As entradas xa están á venda cun prezo de 10 euros. Un custo simbólico co que se busca axudar ao refuxio de Cambados a manter o seu labor no coidado dos animais abandonados. Ademais das entradas simples, a organización preparou varios paquetes que inclúen a dormida nun hotel do municipio ou a viaxe en autobús dende Ourense ou A Coruña. A cita está incluída na programación da Cidade Europea do Viño, dándolle un toque punk-rock neste último treito do nomeamento. Bergallazo ou Innoppiah completan o cartel deste primeiro Albariño Can-Fest, que agarda reunir en Cambados a preto de 1.200 persoas. Para os que non asistan pero queiran colaborar, haberá fila cero. AS entradas estarán á venda na plataforma online do Refuxio de Animais e en diferentes tendas físicas das principais cidades galegas.
  • A empresa estudará outras ubicacións para a antena lonxe de vivendas
    CAMBADOS> A empresa de telefonía Orange non instalará ningunha antena en Cambados ata ter un estudo de ubicación. Cando menos, este é o compromiso acadado esta mañá na reunión a tres bandas que mantiveron compañía, concello e representantes dos veciños. Ademais, o proxecto quedará paralizado ata ben entrado o 2018. Os veciños de Os Caeiros non ocultaban este mediodía a súa satisfacción. Na reunión a tres bandas mantida entre os seus representantes, concello e compañía, Orange comprometeuse a facer un estudo para avaliar posibles ubicacións lonxe das vivendas. Durante o encontro tamén celebraron que o representante da compañía recoñecera que fora un erro comezar as obras sen informar aos veciños. Algo que non se repetirá, asegurou, no futuro. Outra das patas da reunión foron os representantes do concello de Cambados. A alcaldesa celebrou o ton conciliador que marcou a reunión, aínda que recoñeceu que será difícil manter a petición dun quilómetro de radio de todas as vivendas. As tres partes quedaron emprazadas a un novo encontro, aínda sen data.
  • O cuatripartito non se reunirá ata o 24 de novembro
    CAMBADOS> Xa hai data para a celebración da comisión na que o cuatripartito cambadés revisará o seu pacto de goberno. Da reunión de onte, na que non estiveron BNG nin Cambados Pode, saíu o venres 24 de novembro como o día para a cita. Unha data que para nacionalistas e José Ramón Abal é moi tarde para atallar a forte crise que están a vivir. As augas continúan revoltas no cuatripartito cambadés unha semana despois de que o edil de Cambados Pode dera o pacto por roto. Onte buscouse un primeiro achegamento, ao que non asistiron nin José Ramón Abal nin os edís do BNG. Deste encontro e tras encaixar axendas, saíu a data para a reunión da comisión de seguemento do pacto de goberno que se ve como un paso imprescindible para coser esta situación. Será o 24 de novembro. Moi tarde para Abal e Caamaño. O edil de Cambados Pode advirte que unha desculpa non será suficiente e, aínda que foxe da palabra ultimátum, insiste en que a alcaldesa ten que tomar medidas. Dende o BNG tamén recoñeceron esta mañá a existencia de problemas no reparto de áreas. Cren que é preciso reformular as partes confusas do pacto de goberno asinado no 2015, e advirten de que tamén farán públicas as súas disconformidades. Tamén hoxe se pronunciou o voceiro de Somos Cambados. Tino Cordal respaldou a xestión do seu compañeiro de goberno e de partido, Xurxo Charlín, e fixo un chamamento ao diálogo. Dende Somos cren que o cuatripartito aínda está a tempo de salvar a situación, e confían en que o mesmo goberno chegue ao 2019. Unha postura que comparte Fátima Abal. José Ramón Abal e Víctor Caamaño tamén ven posibilidades á continuidade do cuatripartito, mirando a esa comisión de seguemento do pacto de goberno como o punto de inflexión para que chegar ao 2019 sexa unha realidade.
  • O Pombal será testemuña da Copa Deputación de Taekwondo este sábado
    CAMBADOS> Este sábado máis de cincocentos deportistas daranse cita no Complexo Deportivo do Pombal, en Cambados, para celebrar a Copa Deputación de Taekwondo.
  • Fátima Abal apela ao diálogo para solucionar a crise de goberno en Cambados
    CAMBADOS> Despois do recente anuncio do edil de Cambados Pode, José Ramón Abal, no que anunciaba que o cuatripartito de Cambados está roto, o resto de compañeiros do equipo de goberno piden calma e reflexión, e confían en superar esta crise de goberno.
  • José Ramón Abal dá por roto o cuatripartito de Cambados
    CAMBADOS> Nova crise de goberno no concello de Cambados e que, polo que parece, podería ser a definitiva. Este mediodía, José Ramón Abal, daba por roto o cuatripartito. O edil de Cambados Pode deixa o futuro do goberno nas mans da alcaldesa Fátima Abal, que deberá decidir se mantén no seu equipo a Abal ou ao concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín. Abal acúsao de usurparlle funcións e de humillalo de xeito consciente. Así facía público José Ramón Abal o seu descontento coa situación que se está a vivir no goberno de Cambados. Que onte o concelleiro de Somos Cambados e responsable de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, anunciara o inicio das obras do polígono industrial de Sete Pías, foi a gota que colmou o vaso. Para Abal, Charlín leva tempo facendo de voceiro en áreas que non son as súas, saltando así o reparto asinado no pacto de goberno do 2015. O edil de Cambados Pode asegurou que, a día de hoxe, o voceiro non lle permite gobernar, e teme que a situación empeore coa proximidade das eleccións. Antes da rolda de prensa, José Ramón Abal trasladou o seu ultimátum á alcaldesa. Non aclarou a situación na que queda o pacto de goberno, pero asegurou que non pode continuar no executivo con Xurxo Charlín como socio.
HomeSalnés - CaldasO cambio de luminarias en Castrelo suporá un aforro de 12.000 euros en consumo enerxético Top of Page

Síguenos en facebook