09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Rosa Quintana visita o IGAFA con motivo do inicio do curso

Set 15 Escrito por 
A ILLA> Despois do verán comeza a actividade lectiva nos diferentes centros de ensinanza. Este venres a conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurou o curso escolar do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, que está na Illa de Arousa.
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura iniciou, este venres, o seu curso 2017/2018 cun acto ao que asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen sinalou que esta é a única escola galega de mergullo homologada. Uns 110 alumnos formaranse en ciclos de acuicultura e mergullo no IGAFA da Illa de Arousa. Quintana fixo fincapé na importancia da formación náutico pesqueira como vía para avanzar no relevo xeracional e para poder dotar ao sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola de sustentabilidade e competitividade

Medios

Etiquetado como Illa de Arousa    Acuicultura    mergullo   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Venres, 15 Setembro 2017 18:05

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O IGAFA celebra o seu 25 aniversario recibindo aos seus antigos alumnos
    A ILLA DE AROUSA > O Instituto Galego de Formación en Acuicultura celebrou hoxe os actos do seu 25 aniversario. Nas súas instalacións da Illa de Arousa congregáronse esta mañá boa parte das persoas que alí recibiron formación no último cuarto de século. Con 25 anos de traballo ás súas costas, o IGAFA é o único centro de Galicia que imparte formación profesional de acuicultura e mergullo. Inaugurado no ano 92, polas súas aulas pasaron ó longo destes anos ducias de persoas, chegadas dende moitos puntos do mundo. Hoxe, moitos deses exalumnos regresaron ao complexo de Niño do Corvo para lembra-la súa experiencia no centro. Unha visita que serviu para que a Xunta recoñecese a súa valía, agora xa como profesionais do sector. Quintana aproveitou para anunciar un incremento dos fondos destinados á formación marítimo-pesqueira nun 2,5 % no ano 2018, chegando case ós 9 millóns de euros. O Conselleiro de Educación, pola súa banda, reivindicou a necesidade de tender pontes entre os centros educativos como este, independentemente da especialidade á que pertenzan, para que o alumnado mellore a súa formación, baseada en estándares de calidade e innovación. Para iso, quixo salienta-la traxectoria do propio IGAFA, convertido xa nunha das grandes referencias formativas no mundo do mar. O aniversario do Instituto Galego de Formación en Acuicultura completouse hoxe cunha degustación gastronómica de produtos da acuicultura, cociñados polos alumnos do Carlos Orosa de Pontevedra. A conmemoración do 25 aniversario compleméntase cunha completa mostra na que se recolle a traxectoria e actividades do centro, así como as orlas do alumnado dende o ano 95.
  • Os nenos da Illa enchen as rúas da vila de alegría e tradición
    Como cada ano centos de cativos da Illa saíron as rúas da vila para ir pedindo, porta por porta, para "os defuntiños que xa van alá". Non o perdan.
  • A Illa vai de ruta musical polos Cons
    A ILLA> Cultura nos Cons combina música e natureza na Illa de Arousa. Esta mañá presentouse esta iniciativa que se celebrará por segunda vez no concello insular, a próxima semana, coa presenza, entre outros, de Xurxo Souto ou Carlos Blanco. Este último, promotor do proxecto, estivo tamén presente esta mañá na presentación da cita. Así explicaba Carlos Blanco esta mañá o que son os Cons, que dan nome á iniciativa cultural que se celebrará por segunda vez na Illa de Arousa do 23 ó 25 de agosto. Cultura nos Cons, promovida tanto polo concello como pola Deputación de Pontevedra, busca levar a cultura a espazos singulares e poñer en valor o que aquí se fai. Tal e como destacou a concelleira de Cultura esta mañá na presentación do evento. O proxecto da mostra do patrimonio natura da Illa de Arousa. O mércores 23 ós oito da tarde Xurxo Souto irá de Rueda polos Cons, xunto coa Asociación Cultural A Dorna. O xoves 24 ás 21, Emilio Rúia e a BAnda da Escola Municipal ofrecerán un concerto no Portiño. E a o venres 25, terá lugar a cita máis especial para Carlos Blanco. A entrada é gratuíta para tódalas actividades desta Ruta polos Cons da Cultura.
  • A Illa exalta os tesouros gastronómicos da Ría de Arousa
    Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
  • A xunta de persoal busca o apoio dos alcaldes na defensa do Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> A xunta de persoal do Hospital do Salnés busca o apoio dos concellos para defender a área sanitaria. Esta mañá, mantiveron un encontro cos representantes dos concellos de Vilagarcía, Cambados, A Illa e Ribadumia, para trazar unha fronte común contra o anteproxecto de lei sa Xunta. Consideran que dá un paso máis na privatización da sanidade pública, polo que responderán coa mobilización social. A xunta de persoal do Hospital do Salnés buscou alianza cos alcaldes da área sanitaria para defender o centro do anteproxecto de lei que quere levar adiante a Xunta. Unha proposta que, aseguran, é un paso máis na privatización da sanidade pública. A súa postura foi defendida tamén polos alcaldes. Ao encontro acudiron os rexedores de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, ademais dunha edil do concello de Ribadumia. Catoira non puido asistir por problemas de axenda, o mesmo motivo co que desculpou a súa ausencia o alcalde de Vilanova. Un dos primeiros pasos, será elaborar unha moción conxunta para levar aos plenos de todos os concellos que forman parte da área sanitaria de O Salnés. Tamén apostan pola mobilización social. De feito, a xunta de persoal pon a disposición dos que o desexen un texto tipo para presentar suxestións. O vindeiro xoves a xunta de persoal manterá un encontro con concelleiros doutros grupos políticos e cos sindicatos. Tamén buscarán unha folla de ruta común coas áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, as outras afectadas polo anteproxecto.
  • Román Rodríguez califica o xacemento de Areoso como un dos máis importantes
    A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este "é un dos xacementos máis importantes de Galicia".
HomeSalnés - CaldasRosa Quintana visita o IGAFA con motivo do inicio do curso Top of Page

Síguenos en facebook