• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Portas expón a obra de 27 artistas na Azucreira durante a tarde dos domingos

Out 05 Escrito por 
Os domingos de este mes poderán visitar unha exposición na sala de exposicións da Azucreira de Portas. A mostra que reúne o traballo de 27 artistas divídese en tres disciplinas: pintura, escultura e fotografía. Escultura, pintura ou fotografía, esas son as tres disciplinas nas que se dividen o traballo de 27 artistas galegos que se está a expoñer na sala de exposicións da Azucreira de Portas. Unha iniciativa que organizaron dende a área de cultura do concello de Portas. A mostra inaugurouse o pasado 1 de outubro, e durante este mes poderá seguir a ser visitada por todo aquel que se achegue a Portas durante os domingos. Sergio Cancela é un dos artistas que expón algunhas das súas obras. A tradición e a cultura tampouco se esqueceu nas obras, é o caso das tres pinturas de Marisé Canda. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata finais de mes, é de balde e o horario para será a partir da tarde.

Medios

Etiquetado como Portas    Exposición    Cultura   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Desfile de premiados na gala de clausura da Mostra de Curtas
    NOIA> A decimo oitava edición da Mostra de Curtas de Noia chegou esta fin de semana á súa fin. A preestrea da serie ‘Fariña’ celebrada o sábado e a gala de entrega de premios do venres puxeron o broche de ouro a unha edición que bateu récord de participación e de asistentes.
  • Este sábado arranca en Lousame a segunda edición do Festimaxia
    LOUSAME> A partir do dezaoito de novembro, a maxia inundará Lousame. A casa da Cultura acollerá a segunda edición do Festimaxia co espectáculo de catro grandes magos de referencia en toda Galicia.
  • Arranca a primeira fase da restauración do Castelo da Lúa
    RIANXO> Esta semana deron comezo os traballos de consolidación do Castelo da Lúa en Rianxo. A intervención do xacemento levarase a cabo en dúas fases e estará concluída antes do próximo verán. O orzamento da actuación supera os douscentos mil euros.
  • Rianxo acollerá a estrea da primeira adaptación ó galego de 'Shrek'
    RIANXO> Rianxo acollerá a estrea de ‘Shrek, o Musical’, a primeira adaptación en galego do filme de Dreamworks. Este espectáculo de gran formato, producido pola Asociación Musical Coda, porá sobre a escena a medio cento de intérprete.
  • Galicia quere a súa propia DOP de aceite de oliva
    PORTAS> Os produtores galegos de aceite de oliva aspiran a impulsar a Denominación de Orixe protexida de Aceite e aceituna de Galicia. Nestes momentos a Asociación aglutina a uns 100 produtores. Na comarca as plantacións de oliva van gañando terreo, e esta mañá estivemos nunha de Portas, a piques de comezar a súa primeira recolleita. Desde hai anos Galicia explora as súas posibilidades como terra produtora de aceite. Aínda que a idea parece exótica, debido á pouco vinculación da terra e o clima con este produto, desde a APAG, Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, asegúranos que hai unha relación histórica. Miguel Piñeiro é un produtor de viño, que desde hai catro anos decidiu embarcarse na aventura dos olivos, no concello de Portas, con esta plantación. Esta fin de semana levarán a cabo a primeira colleita. Desde a Asociación, que aglutina en Galicia xa uns 100 produtores, aseguran que seguirán impulsando a creación de máis plantación. Ó igual que o noso viño, os produtores agardan que a oliva sexa unha aposta segura de rendibilidade económica.
  • Corenta cintas competirán na XVIII Mostra de Curtas Vila de Noia
    NOIA> Corenta traballos competirán na Mostra de Curtas Vila de Noia que arranca na localidade o un de novembro. Un equipo de profesionais realizou a escolma das cintas escollidas entre máis de mil duascentas presentadas.
HomeSalnés - CaldasPortas expón a obra de 27 artistas na Azucreira durante a tarde dos domingos Top of Page

Síguenos en facebook