• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vilanova reafirmouse como unha vila tranquila e segura

Out 05 Escrito por 
VILANOVA> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, visitou Vilanova de Arousa, onde participou na Xunta de Seguridade Local do municipio. Ortiz sinalou ao termo da reunión, que Vilanova é un concello seguro.
No último ano os delitos en Vilanova descenderon un 20%. Unha cifra moi optimista, tal e como afirmou a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, acompañada por Gonzalo Durán. O motivo polo que Ana Ortiz se desprazou ata Vilanova foi participar na Xunta Local de Seguridade, que se celebrou no concello. Despois de estes datos, tanto o rexedor como a propia Ortíz, coincidiron ao sinalar, que Vilanova é unha vila "tranquila e segura para vivir"

Medios

Etiquetado como Vilanova    Gonzalo Durán    subdelegada goberno   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 05 Outubro 2017 18:38

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Vilanova a gran protagonista da Semana de Valle-Inclán
    VILANOVA> Poemarios infantís, conferencias, lecturas dramáticas e ofrendas florais, son algunhas das accións que se levarán a cabo para conmemorar en Vilanova o 151 aniversario do nacemento de Valle-Inclán, durante a semana cultural que o concello lle dedica ó célebre escritor. Este ano, ademais, coa súa vila natal, como gran protagonista. Aínda que a semana grande será a do 20 ó 29 de outubro, xa comezaron as actividades en Vilanova para conmemorar os 151 anos do nacemento de Valle-Inclán. Como é habitual no mes de decembro, a súa vila natal prepara para outubro unha semana de homenaxe ó seu veciño máis célebre. O pasado día 6 xa se presentou un poemario infantil, e o continúan as actividades o próximo día 20 cunha Conferencia centrada nos resultados das intervencións arqueolóxicas de Cálago, xa que este ano, a protagonista da semana é a vila natal do escritor. Por iso, o sábado 22 volverá haber unha conferencia a cargo de Alicia Padín, sobre os documentos e elementos conservados sobre Cálago. Unha vinculación, a do escritor con Cálago, que vén xa desde o seu pai, un home moi interesado pola riqueza arqueolóxica de Vilanova. O día 27 son os actos máis fortes da homenaxe. Os actos rematan o sábado 28 cunha conferencia sobre o pazo de A Xunqueira, un espazo moi vencellado á familia de Valle Inclán. O edil de Promoción Económica destacou tamén na presentación o aumento de visitas na Casa Museo Valle Inclán onde se celebrou a presentación, leva xa unhas 6.000 visitas no que levamos de ano, a mesma cifra que en todo o ano pasado, unhas cifras que veñen abaladas pola relevancia que está acadando na comarca a Variante espiritual do Camiño de Santiago.
  • Portos retira sete toneladas de refugallo dos fondo mariños de O Grove e Vilanova
    VILANOVA> O Plan de Limpeza de Fondos Mariños, que anualmente realiza Portos de Galicia, centrouse este ano en cinco concellos, entre os que estaban Vilanova e O Grove. En concreto entre as intervencións nos fondos de estes dous concellos retiráronse más de sete toneladas de lixo.
  • A Escola de Música de Vilanova terá nova sede antes de finais de curso
    VILANOVA> Esta mañá presentáronse oficialmente os novos cursos das escolas de Música e Arte no concello de Vilanova. Durante o a presentación o alcalde, Gonzalo Durán, aproveitou para anunciar que antes de que remate este curso a Escola de Música contará coa súa nova sede no Esteiro. As escolas municipais de Música e de Arte de Vilanova comezan novo curso con importantes novidades. Pola súa banda, a escola de música inaugura curso coa motivación de que antes de que remate este ano trasladaranse desde Vista Real ata o novo Auditorio do Esteiro, que tal e como indicou o alcalde esta mañá na presentación do novo curso, estará listo ó longo deste ano. No que respecta á Escola de Arte, clases que se imparten no Albergue das Sinas, comeza este curso con novidades de cara ás materias e disciplinas que aprenderán os estudantes. Este ano a escla de arte trae outra novidade, que é un obradoiro destinado a maiores para desenvolver a súa memoria e non perder habilidades, que terá lugar os mércores de dez a doce da mañá.
  • Vilanova investiu máis de 35.000 euros en melloras dos seus colexios durante o verán
    VILANOVA> Este xoves celebrouse unha Comisión Municipal de Patrimonio onde se discutiu sobre 21 expedientes de obras que se atopan dentro do conxunto histórico de Cambados. Este é un primeiro paso antes de que os mesmo acudan a Xunta de Goberno Local para proceder, segundo cada caso, a súa aprobación.
  • Vilanova aposta por ampliar a senda do Esteiro e completar un circuíto de 5 km
    VILANOVA> Que se poidan percorrer as zonas máis bonitas de Vilanova de Arousa a través dun circuíto de sendas, é o obxectivo que persegue o concello. Hai pouco máis dunha semana o municipio engadiu ao seu mapa de camiños a senda do Ariño, de case 800 metros de lonxitude. Hoxe recibiu a visita da Subdelegada do Goberno e da xefa do Servizo Provincial de Costas. A do Ariño sumouse hai pouco máis dunha semana ao mapa de sendas de Vilanova de Arousa. O treito une a pasarela peonil do Terrón coa estrada PO-306, cun percorrido de 800 metros pensado para os peóns. Dende o concello destacaron a acollida que ten este camiño. A súa intención é nos próximos dous meses dotar o percorrido de luminarias, que melloren as condicións para transitar a senda a diferentes horas. Tamén instalaron varios bancos, adornados coa frase "Presume de Vilanova". O goberno local quere apostar por este tipo de percorridos. De feito, o rexedor aproveitou a visita da Subdelegada do Goberno e da Xefa Provincial de Costas para plantexarlle o seu seguinte proxecto: a senda do Terrón. Dende Costas amosaron a súa predisposición, sempre e cando o concello consiga os terreos precisos para executalas. Deste xeito, Vilanova contaría cun circuíto de case 5 quilómetros de sendas peonís, dos que xa están executados ao redor de 3.
  • O coworking de Vilanova a punto para arrancar
    VILANOVA> Aqueles emprendedores interesados en impulsar o seu proxecto no Coworking que se vén de crear en Vilanova, aínda están a tempo. Das 22 ideas que recibirán asesoramento e apoio económico, xa están asignadas 10. Esta mañá representantes do Igape explicaron os detalles no Pazo de Vista real. Hai dúas semanas o conselleiro de Economía, Francisco Conde, anunciaba o primeiro Coworking que a Xunta organizaba na provincia de Pontevedra, e que tería como centro neurálxico o Pazo de vista Real de Vilanova. Hoxe, xa é unha realidade. E dos 22 proxectos que conformarán esta aceleradora empresarial, xa hai 10 solicitudes de diversos emprendedores. Aínda quedan prazas vacantes, polo que esta mañá, acompañados por representantes do Igape, desde o concello quixeron animar a todos aqueles que teñan unha idea a sumarse a este iniciativa, que ademais é gratuita . O concelleiro de Promoción Económica destacou a importante axuda que supón para os proxectos formar parte dunha aceleradores deste tipo. Os representantes do Igape, explicou os requisitos que se precisan para formar parte deste coworking, centrado fundamentalmente nos sectores dos turismo e da alimentación, pero tamém, nas tecnoloxías da información e a comunicación. Está previsto que antes de que comece setembro estén asignadas as 22 prazas deste coworking, que terá unha duración de 5 meses.
HomeSalnés - CaldasVilanova reafirmouse como unha vila tranquila e segura Top of Page

Síguenos en facebook