• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Portos retira sete toneladas de refugallo dos fondo mariños de O Grove e Vilanova

Out 05 Escrito por 
VILANOVA> O Plan de Limpeza de Fondos Mariños, que anualmente realiza Portos de Galicia, centrouse este ano en cinco concellos, entre os que estaban Vilanova e O Grove. En concreto entre as intervencións nos fondos de estes dous concellos retiráronse más de sete toneladas de lixo.
Rodas, áncoras ou nasas, son só algúns dos obxectos que se poden atopar no fondo mariño. Conscientes de esta situación e do nocivo que pode ser para as especies que habitan nel, dende Portos de Galicia poñen en marcha cada ano o Plan de Limpeza dos Fondos Mariños. Cinco portos galegos forman parte de esta iniciativa: Baiona, Cesantes, Bueu, O Grove e Vilanova de Arousa. Nestes dous últimos recolléronse unhas sete toneladas de refugallos. Tendo en conta os cinco concellos nos que se está a actuar, dende Portos de Galicia, afirman que unhas 18 toneladas de lixo foron retiradas dos fondos mariños. (2MIN)

Medios

Etiquetado como Vilanova    Portos de Galicia    José Juan Durán   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 05 Outubro 2017 18:36

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Portos destinará trece millóns a infraestruturas portuarias en 2018
    BARBANZA> Portos de Galicia investirá trece millóns de euros en infraestruturas durante o 2018. Destaca a dotación de pantaláns en varios peiraos arousáns así como os proxectos de remodelación do bordo portuario en Noia e Portosín.
  • Vilanova a gran protagonista da Semana de Valle-Inclán
    VILANOVA> Poemarios infantís, conferencias, lecturas dramáticas e ofrendas florais, son algunhas das accións que se levarán a cabo para conmemorar en Vilanova o 151 aniversario do nacemento de Valle-Inclán, durante a semana cultural que o concello lle dedica ó célebre escritor. Este ano, ademais, coa súa vila natal, como gran protagonista. Aínda que a semana grande será a do 20 ó 29 de outubro, xa comezaron as actividades en Vilanova para conmemorar os 151 anos do nacemento de Valle-Inclán. Como é habitual no mes de decembro, a súa vila natal prepara para outubro unha semana de homenaxe ó seu veciño máis célebre. O pasado día 6 xa se presentou un poemario infantil, e o continúan as actividades o próximo día 20 cunha Conferencia centrada nos resultados das intervencións arqueolóxicas de Cálago, xa que este ano, a protagonista da semana é a vila natal do escritor. Por iso, o sábado 22 volverá haber unha conferencia a cargo de Alicia Padín, sobre os documentos e elementos conservados sobre Cálago. Unha vinculación, a do escritor con Cálago, que vén xa desde o seu pai, un home moi interesado pola riqueza arqueolóxica de Vilanova. O día 27 son os actos máis fortes da homenaxe. Os actos rematan o sábado 28 cunha conferencia sobre o pazo de A Xunqueira, un espazo moi vencellado á familia de Valle Inclán. O edil de Promoción Económica destacou tamén na presentación o aumento de visitas na Casa Museo Valle Inclán onde se celebrou a presentación, leva xa unhas 6.000 visitas no que levamos de ano, a mesma cifra que en todo o ano pasado, unhas cifras que veñen abaladas pola relevancia que está acadando na comarca a Variante espiritual do Camiño de Santiago.
  • Portos acometerá diversas actuacións de mellora no peirao de Palmeira
    RIBEIRA> As actuacións, entre as que figura a substitución dun dos módulos do dique flotante que se atopaba deteriorado, terán un custe duns 30 mil euros. Atendendo a unha demanda trasladada polo patrón maior, Miguel Franco, Portos de Galicia desenvolverá diversas obras de mellora nas instalacións do porto de Palmeira. Trátase, en definitiva, de pequenas actuacións propias dos labores de mantemento e conservación que o ente autonómico vén desenvolvendo de xeito periódico nas instalacións portuarias. As actuacións, que serán realizadas de inmediato, contarán cun investimento duns 30 mil euros.
  • Vilanova reafirmouse como unha vila tranquila e segura
    VILANOVA> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, visitou Vilanova de Arousa, onde participou na Xunta de Seguridade Local do municipio. Ortiz sinalou ao termo da reunión, que Vilanova é un concello seguro.
  • Portos mellora os fingers no pantalán de Tragobe
    CAMABADOS> José Juan Durán comezou a semana en Cambados. O presidente de Portos de Galicia acudiu ao peirao cambadés para coñecer a actuación que a administración que preside está a financiar no mesmo.
  • A Escola de Música de Vilanova terá nova sede antes de finais de curso
    VILANOVA> Esta mañá presentáronse oficialmente os novos cursos das escolas de Música e Arte no concello de Vilanova. Durante o a presentación o alcalde, Gonzalo Durán, aproveitou para anunciar que antes de que remate este curso a Escola de Música contará coa súa nova sede no Esteiro. As escolas municipais de Música e de Arte de Vilanova comezan novo curso con importantes novidades. Pola súa banda, a escola de música inaugura curso coa motivación de que antes de que remate este ano trasladaranse desde Vista Real ata o novo Auditorio do Esteiro, que tal e como indicou o alcalde esta mañá na presentación do novo curso, estará listo ó longo deste ano. No que respecta á Escola de Arte, clases que se imparten no Albergue das Sinas, comeza este curso con novidades de cara ás materias e disciplinas que aprenderán os estudantes. Este ano a escla de arte trae outra novidade, que é un obradoiro destinado a maiores para desenvolver a súa memoria e non perder habilidades, que terá lugar os mércores de dez a doce da mañá.
HomeSalnés - CaldasPortos retira sete toneladas de refugallo dos fondo mariños de O Grove e Vilanova Top of Page

Síguenos en facebook