09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os mariscadores temen que as cinzas dos lumes estropeen a campaña

Out 18 Escrito por 
VILAGARCÍA> Se hai dous días tódalas miradas se dirixían ós nosos montes, que ardían de xeito incontrolable, agora cos lunes extinguidos, os ollos están postos na nosa ría. Os mariscadores temen que as cinzas que arrastren as chuvias ata o mar poidan arruinar a campaña de nadal, como pasou nos incendios do 2006. Temen sufrir o que xa pasaron, fundamentalmente na vaga de lunes do 2006. Os mariscadores están moi preocupados xa que a campaña de Nadal, como a de libre marisqueo, podería correr perigo se as cinzas dos lumes sexan arrastradas pola chuvia ata o mar, afectando ós bancos marisqueiros, que xa de por sí non se atopan no seu mellor momento. Así nos explicou o presidente dos Parquistas de Carril, e patrón maior de localidade, de qué xeito lles podería afectar . A preocupación é evidente. E os máis afectados serían os bivalvos, navallas, longueiróns, ameixas ou berberechos. O medo á que as fortes chuvas provoquen isto aumenta pola inminencia da campaña de Nadal. O que suporía unha importante perda económica, tal e como pasou en 2006. De tódolos xeitos, as posibilidades de que non pase este fenómeno, son poucas, pero non perden a esperanza .

Medios

Etiquetado como Salnés    Vilagarcía    patron carril    incendios    Marisqueo    cinzas   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Xunta e a Confraría de Carril chegan a un acordo para a futura reordenación do peirao
    VILAGARCÍA > A Xunta e a confraría de Carril chegan a un acordo para a futura reordenación do peirao da localidade . Nunha xuntanza cos mariñeiros, o presidente de portos de Galicia anunciou que a contratación da obra da dragaxe de Carril podería producirse no último trimestre de 2018, un prazo que cualificou de razoable. Para os mariñeiros de Carril a dragaxe é unha demanda histórica. O presidente de portos de Galicia entende a reivindicación e apunta que se está a tramitar con toda a celeridade que permite a lexislación. Outro dos asuntos estratéxicos para o porto de Carril é a ampliación da súa dársena, para dar cabida a un maior número de embarcacións que, a día de hoxe, non contan con praza. O proceso de reordenación vai estar vencellado á dragaxe, sobre todo na zona da dársena antiga, onde se instalarían novos pantaláns. Por último, o director de Portos de Galicia comprometeuse a estudar unha proposta da confraría para amplia-las súas dependencias ao segundo andar da lonxa. Durán indicou que dende o goberno galego se está a defini-la fórmula axeitada para poder destinar esta planta a usos formativos e tamén administrativo, tal como demanda a confraría. Dende a confraría, pídenlle a Portos de Galicia que apuren os prazos ó máximo, aínda que tamén celebran o consenso que acadaran en tódolos proxectos que están en marcha. Segundo apuntan dende a confraría, destas melloras depende garanti-lo presente do seu traballo, pero tamén o futuro dun sector clave para a zona.
  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
  • O "Ana" leva polos aires un treito do paseo da Lanzada, en Sanxenxo
    SANXENXO > Quedou nun susto, pero puido ter graves consecuencias. Un treito duns 30 metros do paseo marítimo da Lanzada saíu voando polo aire. Foi ás 11 da noite e cuns refachos de vento que roldaban os 130 km por hora. Con esa intensidade, a estrutura de madeira acabou atravesando a estrada, dando un xiro polo aire de 180 graos. A esa hora da noite non circulaba ningún vehículo pola PO-308, o que evitou que a incidencia rematase con danos maiores. Esta senda peonil de madeira xa sufrira danos no temporal do pasado mes de febreiro. Daquela, o vento provocara unha situación semellante, o que implicou o reforzo de boa parte do paseo. Dase a circunstancia que sobre o tramo danado onte non se actuara, polo que dende o concello pídenlle á Xunta que se faga unha actuación global. A Xunta anunciou xa unha revisión de toda a estrutura para evitar que se repita un episodio como o desta noite. No resto do concello hai que lamentar caídas de árbores e valados de obra á vía pública. Outra das incidencias destacadas no municipio foi a caída de varias planchas dunha estrutura do campo de fútbol situado ó carón do colexio de Noalla. Con todo, o centro puido funcionar hoxe con total normalidade.
  • Vilagarcía réndese á gastronomía no primeiro salón Degusta Galicia
    VILAGARCÍA > Xa está en marcha a primeira edición do Degusta Galicia, no Fexdega de Vilagarcía. Ata o vindeiro domingo, se se achegan ata alí, poderán probar e levar para a casa unha gran variedade de produtos de máxima calidade elaborados en Galicia. Paté de ostras de Cambados. Croquetas de queixo de San Simón feitas en Lugo. Marmelada de pemento elaborada en Oleiros ou prebes feitas en Vilagarcía. Esa é a carta de presentación do Degusta Galicia, un saboroso salón gastronómico composto por 63 expositores. Todos eles teñen un nexo común: a súa orixe galega e a elevada calidade dos seus produtos. Entre os produtos expostos, atopamos innovacións culinarias con produtos da terra Cunha materia prima galega, de máxima calidade. Entre os vendedores, de momento, bo sabor de boca… E entre os que esta mañá se adentraban polos corredores do FEXDEGA, satisfacción xeralizada por atopar tan preto da casa unha variedade tan ampla de produtos, a un prezo adsequible. A primeira edición deste salón estará aberto ata o vindeiro domingo, entre as 11 da mañá e as NOVE da noite.
  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
HomeSalnés - CaldasOs mariscadores temen que as cinzas dos lumes estropeen a campaña Top of Page

Síguenos en facebook