09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Alcampo de Vilagarcía abrirá as súas portas o vindeiro martes

Nov 10 Escrito por 
VILAGARCIA> O vindeiro martes abrirá ao público o Alcampo de Vilagarcía. Unha área comercial de uns 5.000 metros cadrados, que busca complementar a oferta xa existente na vila, e ser unha alternativa para aqueles cidadáns que se desprazan ata outras áreas comerciais que están fora da comarca para facer as súas compras.
Pan artesanal elaborado diariamente, hortalizas de O Salnés ou pescado e marisco das lonxas de Carril, Cambados ou Riveira, son só algúns dos produtos que o Alcampo de Vilagarcía ofrecerá aos seus visitantes, a partir do vindeiro martes cando abra as súas portas, e farao asegurando o seu mellor prezo. A compañía investiu no Alcampo de Vilagarcía preto dos 7,5 millóns de euros. O hipermercado ofertará aos seus clientes aparcamento para 350 vehículos e unha gasolineira, con prezos competitivos, que estará aberta de luns a domingo, dende as 06:00 ata as 24:00. A empresa cumprindo o seu compromiso de inclusión laboral e en colaboración coa fundación ONCE, un 5% dos mesmos son persoas con discapacidade. Os seus 150 traballadores levan xa máis de 9.000 horas de formación dende que foran seleccionados para formar parte do equipo de traballadores de esta superficie. Esta nova área comercial na capital de Arousa ademais permitirá a compra on line sen pagar máis polos produtos. A compra poderá recibirse na dirección indicada ou retirarse nun punto de recollida que estará operativos as 24h no párking.

Medios

Etiquetado como Comercio Mercados    produtos galegos    O Salnés    alcampo   
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Chega a mobilidade sostible O Salnés a través do glp
    VILAGARCÍA> A mobilidade sostible é unha realidade en O Salnés. Conscientes do avance da industria do automóbil neste eido Iberocar Gestoso e os responsables da revista especializada "Yo Taxi", organizaron unha charla para o sector do taxi na que puideron expoñer os beneficios dos seus novos vehículos ecolóxicos, nun entorno inmellorable; o Pazo de Rubiáns.
  • As obras do Alcampo volven a alterar o ritmo de vida dos vilagarciáns
    VILAGARCIA> Un novo erro nas obras do Alcampo provocou que varios veciños da zona de As Carolinas en Vilagarcía, tiveran que ser desaloxados das súas casas. Nesta ocasión a perforación accidental dun conduto do gas, provocou un escape, polo que se mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias.
  • Noia sumarase á rede de mercados excelentes
    NOIA> A Directora Xeral de Comercio visitou a praza de abastos de Noia que se vén de sumar á campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que se celebrará ata finais de mes en máis trinta países. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade a través da posta en valor da súa profesionalidade.
  • Vilagarcía volverá vetar os centros comerciais cando se aprobe o novo PXOM
    VILAGARCÍA> O Alcampo que se está a construír na antiga finca de Megasa en Vilagarcía, pode nestes momentos modificar o seu proxecto e volver incluír tenda na súa área comercial. Aínda que non pode facer nada ata que non se aprobe o novo PXOM, o alcalde asegurounos hoxe que a cidade continúa coa súa política de non permitir centro comerciais. A polémica sobre a área comercial de Alcampo que se está a construir na antiga Megasa, en Vilagarcía, conta agora cun novo capítulo. A intención da firma, desde un primeiro momento, foi a de instaurar un modelo habitual noutros concellos, o de contar con varios establecementos comerciais rodeando o hipermercado central do proxecto. Pero o grupo socialista, actualmente no goberno, sempre se mostrou contrario á idea. Por iso, apostaron pola suspensión potestativa das licencias a este tipo de espazos. Polo que Alcampo, tivo que modificar o seu proxecto. AGora escríbese unha nova páxina no conflito, ó caducar esta suspensión de licencias sen que o goberno de Alberto Varela lograse aprobar a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta suspensión aprobárase por un ano e non é prorrogable. Así, ata que esta medida non volva estar en vigor cando se aprobe o novo PXOM, calquera promotor pode presentar un proxecto para construir un centro comercial no municipio vilagarcián. Aínda que nestes momentos Alcampo teña vía libre, en canto o novo PXOM logre a aprobación inicial, que o alcalde agarda que se produza canto antes, tódalas licencias de carácter xeral quedarán en suspenso, para garantir o modelo de cidade que busca o goberno actual. En relación a críticas recibidas, o Varela afirma que o último que quere é espantar empresas da cidade tal e como lle achacaron.
  • Novos espazos dinamizaran a actividade comercial da Praza de Abastos de O Grove
    O GROVE> A directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou esta mañá a Praza de Abastos de O Grove, que está en fase de acondicionamento para ofrecer espazos a baixo custe a aqueles que queiran emprender o seu negocio, e deste xeito contribuír a dinamizar o mercado da vila.
  • Alcampo Vilagarcía avanza a bo ritmo
    As obras de construcción dun Centro Comercial de Alcampo en Vilagarcía avanzan a ritmo espectacular.
HomeSalnés - CaldasO Alcampo de Vilagarcía abrirá as súas portas o vindeiro martes Top of Page

Síguenos en facebook