26 adegas participaron nunha exitosa edición do Castes celebrada no restaurante Derby

VILAGARCIA> Éxito de asistencia á feira vitivinícola Castes. O evento regresou este ano a súa orixe, o restaurante Derby, para adaptarse as medidas sanitarias. Os asistentes á feira puideron probar ata 26 viños diferentes de Galicia, Portugal e o Bierzo.

A feira vitivinícola Castes regresou este ano tras unha edición sen poder realizarse por culpa de pandemia. Denominado Castes a Orixe, o festival regresou este ano ao local onde comezou, o restaurante Derby. O motivo deste cambio foi poder realizar a feira garantido a seguridade sanitaria.

A pesar de ser nun formato reducido, o festival non deixou de innovar. Este ano realizáronse as catas verticais.

Todas as catas completaron a capacidade de ocupación máxima, 40 persoas. Os asistentes puideron gozar de 26 viños de Galicia, Portugal e o Bierzo.

Para as pequenas adegas, o Castes é unha oportunidade para chegar a máis clientes.

Dende o Castes agradeceron a gran acollida do evento e a colaboración das adegas. Agardan que a situación mellore para poder celebrar a feira o vindeiro ano nun formato máis amplo e na praza de abastos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí