300 atletas participarán no Trail Serra do Barbanza que se celebrará na Pobra

A POBRA> A Pobra acollerá o domingo 17 de abril o Trail Serra do Barbanza. A proba, con saída e chegada no miradoiro da Curotiña, decidirá tamén os novos campións galegos da especialidade. Prevese unha participación duns trescentos atletas sumando tódalas categorías.

Baixo a organización do concello da Pobra, a Federación Galega de Atletismo e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza o vindeiro domingo 17 de abril disputarase o Trail Serra do Barbanza, que será tamén Campionato Galego Absoluto e das categorías sub-20, sub-23 e máster, tanto individual coma por equipos.

A proba servirá tamén de escolla dos integrantes da selección galega de trail que  representará a Galicia no Campionato de España que se celebrará o proximo 7 de maio en Barcelona.

A proba terá coma punto de partida e de chegada o miradoiro da Curotiña. Haberá 2 percorridos. Un trail curto, de 14 quilómetros e outro longo de 25 que discorrerán por paraxes de gran beleza paisaxística.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí