• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Dende onte martes Canalriasbaixas emite exclusivamente en dixital dende Xiabre

Xan 19 Escrito por 
SALNÉS> Canalríasbaixas fixo na tarde de onte o seu apagón analóxico. Dende as 15:30 horas o repetidor de Xiabre emite dende a mesma Canle 47 pero só en dixital.
  Canalríasbaixas procedeu onte ó seu apagón analóxico. O noso repetidor de Xiabre que ven emitindo na Canle 47 de UHF dende 1994, pasou a facelo exclusivamente na TDT, na mesma ubicación, na Canle 47. Este cambio significa un paso cara o futuro e beneficiará ós nosos telespectadores que reciban o sinal de televisión dende Xiabre ó que sucede fundamentalmente nos concellos da comarca de Caldas,(Pontecesures, Valga, Moraña, Cuntis ou Catoira) na zona norte da comarca do Salnés, (Vilagarcía, Vilanova, Meis ou Ribadumia) e na Comarca do Barbanza (Rianxo, Dodro, Rois ou Padrón, entre outros concellos). Todos eles serán os beneficiados desta nova emisión. Se aínda non nos teñen sintonizados en TDT, facelo é moi sinxelo: 1. Abrir o menú do seu televisor. 2. Acceder á configuración técnica. 3. Sintonía manual. 4. Introducir a Canle 47. 5. Confirmar a selección. Logo, memorícenos na canle 7. Se cos pasos anteriores non funciona probe con "búsqueda ou exploración automática" ou cunha resintonización total a valores de fábrica.  Se continuase a dar problemas, pode instalar un pequeno amplificador para o que lle recomendamos que contacte co seu antenista de confianza. Previsións para as comarcas do Salnés e Caldas  Por outra banda, Canalriasbaixas está a traballar para iniciar as súas emisións en TDT dende Monte Castrove cara a zona sur do Salnés, para concellos como Meis, Ribadumia, A Illa, Cambados ou Meaño. Tamén dende o Monte Pastoriza, en Marín, dirección Domaio, para os concellos de Sanxenxo, O Grove e Poio, entre outros. Recomendamos ós nosos telespectadores e antenistas das comarcas do Salnés e Caldas que nos sintonicen preferiblemente pola Canle 47, que é a frecuecnia asignada para a comarca do Salnés por parte do ministerio. As comarcas do Barbanza non quedarán atrás. O vindeiro luns 1 de febreiro na Canle 27 de UHF, dende o Monte San Lois en Noia, temos previsto iniciar as emisións en TDT para as comarcas de Muros e Noia. Redacción Salnés
Etiquetado como canalriasbaixas   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Luns, 13 Xaneiro 2014 14:05

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia e Canal Rías Baixas en FITUR 2016
    Dende hoxe día 20 e ata o 24 de xaneiro o recinto feiral madrileño acolle FITUR, a Feira Internacional de Turismo e evento líder no sector despois da ITB de Berlín. Para contarnos ao detalle todo o que acontece no espazo expositivo de Galicia Canal Rías Baixas desprazouse a Madrid. 
  • 'Pleno Aberto' estrea nova tempada incluíndo chamadas en directo dos espectadores
    CANAL RÍAS BAIXAS> Onte volveu á grella de Canal Rías Baixas o programa de entrevistas Pleno Aberto. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e a voceira do BNG en Porto do Son, Ánxela Franco, foron os tres invitados que estrearon a nova tempada. Enfrontáronse, ademais, a unha das novidades: as chamadas en directo. Agora os telespectadores poden chamar para facer preguntas aos convidados.
  • Emision en directo desde Fitur
    Madrid - Fitur > Canal Rías Baixas EMITIU EN DIRECTO dende Fitur as presentacións e actividades máis salientables levadas a cabo dende o stand de Galicia.
  • Canal Rías Baixas estará en Fitur 2014
    Canal Rias Baixas de novo estará presente na nova edición da "Feria Internacional del Turismo", Fitur 2014.   Nesta edición o coñecido xornalista Carlos Portas, dirixirá a cobertura mediática desta canle desde Madrid.  Carlos Portas foi correspondente de TVG en Porto e durante 11 anos en Bruxelas, e na súa última etapa na televisión autonómica foi Director e presentador do programa informativo matinal Bos Dìas.
  • Tele Salnés Barbanza acada dúas licencias de televisión dixital local
    CORPORATIVO > O xoves 6 de  xullo de 2006 ó Consello da Xunta de Galicia aprobou a adxudicación de concesións administrativas para a televisión dixital local en Galicia. TeleSalnés-Barbanza acadou dúas desas licencias de televisión dixital local. Deste xeito remata a situación de inseguridade xurídica na que se atopaban as televisións locais en Galicia.  Algunhas a partires de agora contan coa súa respectiva licencia para exercer legalmente unha actividade que, no caso de TeleSalnés-Barbanza, comezou hai xa 12 anos.
HomeSalnés - CaldasDende onte martes Canalriasbaixas emite exclusivamente en dixital dende Xiabre Top of Page

Síguenos en facebook