• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
MEIS> As notas do mellor jazz volverán resoar na Armenteira. A praza do mosteiro acollerá os días 12, 13 e 14 de agosto a segunda edición do Festival Internacional de Jazz. Unha aposta que o ano pasado foi todo un éxito, e que este repite engadindo un día máis á programación. Esta fin de semana a praza da Armenteira soará a jazz. O recinto acollerá a segunda edición do Festival Internacional dedicado a esta música que, con só un ano de vida, xa incorpora novidades na súa programación. O saxofonista portugés Zé Pedro encargarase da apertura o sábado, mentres que o domingo o escenario será de Wilfried Wilde, guitarrista francés afincado en Galicia. O luns despedirá a cita Naíma Acuña Trío. Este ano o concello de Meis mantén o seu apoio á organización. Un respaldo que, aseguraron, continuará en vindeiras edicións. Todos os concertos serán ás 10 da noite. As jam sessions arrincarán ás 11 e media.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Último día das celebracións da Semana Santa e aínda festivo nalgúns concellos das Rías Baixas, como é o caso de Meis. Esta mañá nos arredores do Mosteiro da Armenteira, milleiros de fieis e visitantes quixeron unirse á celebración da súa tradicional Romaría das Cabezas. Unha festividade na que a relixión e a troula comparten cartel. Dín que quita os males de cabeza…e por iso, por se acaso, hai que vir cada luns de Pascua a esta Romaría da Armenteira, en Meis. A tradicional xornada comeza a primeira hora da mañá, cando veciños e foráneos empreden a camiñata para chegar ata o Mosteiro da de Santa María da Armenteira, na ladeira do Monte Castrove. Unha peregrinación na que participan veciños de tódalas idades, representantes políticos, devotos ou calquera visitante con ganas de coñecer unha das romarías máis multitudinarias do Salnés. Seguindo a Ruta da Pedra e da Auga, chegamos ó destino, convertido nun fervedoiro de xente onde atopamos romeiros chegados de todas partes do mundo. E é que motivos para vir á Romaría das Cabeza, hai dabondo. Trala misa solemne, chega o momento máis emotivo, a procesión na honra á Virxe. Ogallá cumpra as peticións de cada fiel a Nosa Señora. Pero fieis tamén os hai cada ano, ós postos de polbo e churrasco que rodean sempre o mosteiro. Xa escoitaron, unha cousa é velo pola televisión, e outra vivilo en persoa. Téñano en conta para o próximo luns de pascua…Romaría das Cabezas, na Armenteira.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
MEIS> Devoción e festa déronse a man hoxe na Armenteira. No entorno do mosteiro celebrouse a Romaría dedicada á Virxe das Cabezas, unha popular cita que cada ano reúne a miles de persoas da comarca e de fóra.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Armenteira Top of Page

Síguenos en facebook