• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
NOIA> O proxecto de construción do novo museo do mar de Noia permanece paralizado á espera de remitir un informe a Patrimonio sobre os novos restos arqueolóxicos aparecidos trala demolición do antigo inmoble. Ademais de parte da muralla medieval, vestixio co que xa contaban os técnicos, apareceu o peirao de acceso e un treito de calzada.
A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este "é un dos xacementos máis importantes de Galicia".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros "ilustres" veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> O executivo ribeirense xa formalizou unha solicitude de fondos pertencentes ó Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, xestionado por Deloa, para acometer unha nova intervención arqueolóxica no xacemento do Castro da Cidá. Trataríase da terceira que se realiza dend eo ano 2014. Segundo informaron fontes do executivo os traballo terían por obxecto escavar e poñer en valor a muralla do recinto superior do castro. O importe global da actuación ascende a máis de 233 mil euros, IVE incluído, das cales o plan Leader pode cofinanciar entre o 30 e o 90%. A cantidade restante ata completar todo o orzamento necesario sería asumida polo propio Concello.
BOIRO> Boiro converteuse esta fin de semana no epicentro da arqueoloxía a nivel estatal. A décimo primeira edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza congregou na Casa da Cultura da localidade a recoñecidos profesionais e investigadores de toda España.
BOIRO> O décimo encontro arqueolóxico do Barbanza congregará en Boiro a destacados profesionais a nivel internacional. O exército de terracota de Xian ou as novas investigacións de Stonehenge será algún dos temas a abordar nas xornadas que se celebrarán o 27 e o 28 de febreiro.
RIBEIRA> O Castro da Cidá en Ribeira está a ser obxecto dunha segunda escavación co fin de sacar á superficie novas estruturas que poderían converter a este xacemento nun dos máis importantes de toda a comunidade.
BOIRO> Xa está todo listo para a novena edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza que se celebrará en Boiro a última fin de semana de febreiro. As xornadas pretenden continuar coa proxección internacional iniciada o pasado ano polo que contarán, ademais de expertos locais, con destacados profesionais doutros países.
RIBEIRA> Coa colocación dos paneis informativos e os sinais de indicación, deuse por concluída a actuación de recuperación arqueolóxica de Castro da Cidá.
PONTEVEDRA> As Rías Baixas xa forman parte da Ruta dos Fenicios. A Deputación asinou esta mañá a “Carta de Jaén”, que recolle o nacemento en España deste itinerario cultural internacional. A súa adhesión foi posible despois dos últimos achados nalgúns dos xacementos da Idade de Ferro, que testemuñan o paso dos fenicios por Galicia.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Arqueoloxía Top of Page

Síguenos en facebook