• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCIA> Alfonso González Gallego entregou este venres os avais necesarios para poder presentarse o X Congreso Local do PP en Vilagarcía, que terá lugar este domingo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
POBRA> Tras meses de rumores finalmente o PP da Pobra desvelaba a incógnita. A dirección provincial presentou a Manuel Durán como candidato á alcaldía. O alcalde, Isaac Maceiras, foi o encargado de darlle o relevo desexándolle moitos éxitos para esta nova etapa.
NOIA> A executiva local do PSOE de Noia propón a Miguel Paz Barreiro como candidato á alcaldía. A proposta da dirección terá que ser ratificada pola militancia na asemblea que se celebrará o próximo día 20, data ata a que se poderán presentar novas candidaturas.
Publicado en portada
POBRA> Ramiro Ouviña será o candidato do BNG da Pobra para as vindeiras eleccións municipais. Así o decidiu a asemblea local en colaboración coa militancia. Ouviña leva décadas militando no partido nacionalista e trala súa xubilación intensificou o seu papel en primeira liña política asumindo, dende hai varios anos, o cargo de responsable local.
Publicado en portada
BOIRO> O patrón maior da Pobra en funcións, será finalmente o candidato do PSOE á alcaldía de Boiro. Esta decisión fíxose oficial tras ser apoiado case por unanimidade polos militantes do partido. Tan só un deles, acabado de chegar a Boiro, se abstivo.
BOIRO> O actual patrón maior da Pobra do Caramiñal foi presentado na sede do partido.
Publicado en portada
BOIRO> A súa candidatura foi presentada esta mañá na propia sede da Asociación Boirense de Empresarios. Dase a circunstancia de que este xoven empresario, relacionado co sector da hostalería, ó ser o propietario da Cervecería Guilligans, xa formaba parte da anterior directiva da patronal boirense, na que ocupaba o cargo de tesoureiro. A de España é a primeira das alternativas que se presentan a ocupar o cargo de presidente da ABE. O prazo de presentación de candidaturas segue aberto ata o martes 3 de xuño e as eleccións terán lugar un día despois, o mércores 4 de xuño, ás nove da noite na propia sede da entidade.
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Candidato Top of Page

Síguenos en facebook