• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCIA> Carmela Silva aproveitou a súa visita a Vilagarcía para coñecer en primeira persoa o terreo no que esta semana está previsto que se comece a obrar a nova gardería municipal de Vilaxoán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O servizo “Vaibus” de Vilagarcía amplíase ó Hospital Comarcal do Salnés a partir de maio. Os cidadáns contarán con cinco viaxes de ida e outros tantos de volta, de luns a venres, en horario de mañá. É unha demanda histórica da veciñanza de Vilagarcía, un servizo de autobuses desde o centro da cidade ata o hospital do Salnés, cunha frecuencia regular. A partir de maio isto será unha realidade. O concello vén de chegar a un acordo coa empresa transportista Benito Abalo, para extender o servizo “Vaibús” ata o centro hospitalario. O concello e a compañía de autobuses chegaron a un acordo para incrementar 5 viaxes de ida e de volta. O transporte será un microbús que fará cinco viaxes, de ida e volta, presumiblemente de luns a venres pola mañá, aínda que os horarios aínda non están decididos. O acordo acaba de pecharse pero non será efectivo ata o mes de maio, cando se aproben definitivamente os presupostos municipais, que inclúen unha partida de 25.000 euros para este novo servizo. Desde o concello aseguran que seguirán insistindo á Xunta de Galicia para que se implique neste servizo de transporte que considera básico para a cidadanía. Con independencia de que nun futuro se decida establecer un bono, como acontece co programa Vaibús urbano, o transporte en autobús ó Hospital do Salnés funcionará ó comezo con billetes individuais,que terán un prezo de 1,35 euros cada traxecto. Entrada. Servizo Autobús Vilagarcía Hospital 2. A creación deste servizo de autobuses era unha petición histórica dos cidadáns de Vilagarcía, que ata o momento contaban só con dous traxectos ó día unindo a cidade co Hospital comarcal do Salnés. Esta mañá achegámonos ás portas do centro hospitalario para coñecer cómo recibiran a noticia os pacientes da zona. A noticia do novo servizo, que traerá cinco viaxes ó día, foi recibida ás portas do hospital como algo máis ca necesario. Para os pacientes do Hospital que teñen que desprazarse desde Vilagarcía, o aumento do servizo de autobuses contribuirá tamén a mellorar un dos grandes problemas cos que conta este centro sanitario, a falta de aparcamento para os coches particulares. Aínda que a idea foi moi ben recibida, para algúns dos futuros usuarios, o prezo, 1,35 euros, tería que verse reducido, sobre todo para algúns sectores da sociedade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
VILAGARCIA> Os veciños do lugar do Pedroso, en Bamio- Vilagarcía, séntense discriminados. O Concello fixo unhas beirarrúas por este lugar deixando o último treito sen cubrir disque por falta de orzamento. Os veciños reclaman que se completen as beirarrúas, alomenos nun do lados desta calzada altamente perigosa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Concello Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook