• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCÍA> A organización da Festa da Ameixa de Carril cifra en 2.500 euros os estragos ocasionados polos tráilers da orquestra París de Noia no paseo da praia da Compostela. O patrón maior compareceu esta tarde para facer balance e lamentar a actitude do concello de Vilagarcía, principalmente do alcalde. Catro días despois da fallida verbena da Festa da Ameixa de Carril, o patrón maior da confraría saíu a dar explicacións. Segundo José Luis Villanueva, os estragos ocasionados polos tráilers da orquestra París de Noia no paseo da Praia de Compostela poderán arranxarse por 2.500 euros. Villanueva agradeceu as explicacións da orquestra, que aseguraba que por imprevistos de última hora fora imposible cumprir as instrucións da organización. Tamén a súa disposición a colaborar nos gastos, aínda que ante Costas responderá a Comisión da Festa da Ameixa. Diferente é a valoración da postura do concello de Vilagarcía. O Patrón Maior non ocultou o seu descontento coas palabras do alcalde no pregón nin nas declaracións do pasado luns, valorando os estragos no paseo. Segundo explicou esta tarde, a intención da Comisión é trasladar canto antes ao concello a súa vontade de celebrar a Festa da Ameixa do 2018 nestas mesmas datas: a terceira fin de semana de agosto. Sobre a posibilidade de organizar unha nova actuación da orquestra París de Noia na Compostela, Villanueva asegurou que terán que falar con Costas e valorar as datas dispoñibles, e volveu destacar o escenario inmellorable que é o areal para a promoción de Carril.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> O alcalde de Vilagarcía, acompañado de varios concelleiros, visitou este luns, o entorno do paseo da Praia de Compostela para coñecer in situ os danos causados polos camións da París de Noia, que onte tiñan que actuar no areal vilagarciá co gallo do XXV aniversario da Festa da Ameixa de Carril, e que o finalmente non o puideron facer.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> E de unhas festas imos a outras. Esta fin de semana será especialmente festiva en Vilagarcía, onde haberá varias celebracións simultáneas. Unha delas será a Festa da Ameixa de Carril, que cumprirá 25 anos nesta edición, e que nas últimas semanas dou moito que falar. Esta tarde, no Camiño do Carro tivo lugar a súa presentación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Uns 22 stands integrarán o ExpoOferta de Vilagarcía. Unha iniciativa organizada por Zona Aberta, coa intención de que os comercios da vila liquiden o stock de esta temporada. Dende hoxe ata o domingo a feira estará aberta na explanada do Auditorio da vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Douscentos anos non se cumpren tódolos días... e si non que llo digan aos veciños de Carril que este ano deseñaron un programa de actividades para conmemorar o 200 aniversario da festividade de San Fidel na vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Vilagarcía remata os traballos de restauración nos petróglifos de Os Ballotes, na parroquia de Bamio. Esta primeira recuperación está rematada, pero o equipo de arqueólogos asegura que queda moita tarefa por diante: os traballos de limpeza revelaron a existencia de máis petróglifos soterrados. Rematados os traballos de restauración nos petróglifos de Os Ballotes, en Bamio. Concello e Deputación puxeron en marcha unha actuación para recuperar e poñer en valor os gravados. Finalizou a actuación pero aínda queda traballo por facer en Os Ballotes. O equipo que se encargou da restauración asegura que a zona aínda ten moitos elementos por descubrir. Dende o concello, aseguraron que recollerán a luva lanzada polo arqueólogo. Segundo o alcalde, non se descartan futuras actuacións para afondar na recuperación do conxunto. Alberto Varela tamén destacou a importancia de recuperar este espazo, ao igual que xa se fixo con xacemento do Castro Alobre. Para o rexedor, ademais da relevancia patrimonial, estes espazos tamén son un atractivo turístico.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Pero este non foron os únicos puntos que se trataron no pleno de onte en Vilagarcía. O alcalde comprometeuse a trasladar ao conselleiro de Educación a demanda da coordinadora pais de alumnos do municipio na reunión que manterán Varela e Rodríguez o martes.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A Sala Rivas Briones de Vilagarcía acollerá do 16 ao 28 de xullo unha exposición do artista Uxío López. A obra que poderán visitar títulase "Xeitos diferentes de arrincar a pel" e é de balde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A II Edición do Vilablues, ou o que é o mesmo o Festival de Internacional de Blues de Vilagarcía, encherá a vila de boa música do7 ao 9 de xullo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Os pais do colexio de O Piñeiriño en Vilagarcía buscan o apoio dos grupos políticos con representación na Corporación da vila. E con ese obxectivo os invitaron a acudir este xoves a concentración que se celebrou ao mediodía as portas do centro educativo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Un novo erro nas obras do Alcampo provocou que varios veciños da zona de As Carolinas en Vilagarcía, tiveran que ser desaloxados das súas casas. Nesta ocasión a perforación accidental dun conduto do gas, provocou un escape, polo que se mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> O circo "Vienna Roller" parece que finalmente non ofrecerá o seu espectáculo tal e como tiña previsto para este xoves. O concello de Vilagarcía ordenou o corte da conexión aos servizos municipais por carecer de licenza municipal de actividade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 4
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Concello de Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook