Conflito laboral no servizo de limpeza do Hospital de O Salnés

    VILAGARCIA> A CIG denunciou esta mañá en rolda de prensa a situación que están a sufrir os traballadores da empresa asturiana ITMASAL, concesionaria do servizo de limpeza do Hospital de O Salnés. Os traballadores reclaman o pago de atrasos recollidos no convenio provincial de limpezas e locais da provincia, asinado no 2015. 

     

    Os traballadores da empresa concesionaria da limpeza no Hospital comarcal de O Salnés esixen o pago dos atrasos recollido no convenio provincial de limpezas e locais de Pontevedra, asinado en 2015. Por iso, esta mañá, dende a CIG denunciaron publicamente a falta de pagamento dos mesmos. 

    O pago non foi efectuado e despois que se puxeran dende o sindicato en contacto coa empresa, a resposta foi que os mesmos non poderían ser asumidos de repente. 

    Os traballadores aceptaron o aprazamento dos mesmos, pero a hora de facer efectivos os pagos, a mesma incumpriunos. Os traballadores, afiliados a CIG decidiron interpoñer unha demanda polos atrasos. 

    Dende o sindicato trasladan unha petición a Xunta, o Sergas e o Hospital de O Salnés. 

    Ademais da falta de pago dos traballadores do Hospital de O Salnés, segundo a CIG, esta empresa non abona correctamente as pagas extras, nin lles dan os días que lles corresponden tras traballar fins de semana e festivos, fai contratación en fraude de lei, ao localizar traballadores en centros distintos onde desenvolven a súa labor. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/cig_limpeza_hospital_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/cig_limpeza_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}