• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCÍA> Continúa a tensión na Confraría de Carril. O pósito carrilexo está a sufrir numerosas inspeccións nos últimos días. Unha situación que segundo creen dende a xestora, responde a plan para enturbar as próximas eleccións do 27 de maio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> A confraría de Carril non aboará aos Parquistas o 2% de ventas en lonxa ata que se constitúan os órganos de goberno. Unha decisión que foi comunicada ao colectivo e que parece ser que non foi moi ben asumida polo presidente da mesma, e ex patrón maior de Carril, José Luis Villanueva.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O patrón maior de Carril anunciaba que hoxe enviarían á Consellería do Mar as trece dimisións dos membros da Xunta Xeral do pósito. O goberno autonómico terá un prazo de quince días para nomear unha xestora que prepare as eleccións. Na súa comparecencia, José Luis Villanueva advertía da parálise na que quedará a confraría, poñendo en perigo importantes proxectos. A crise na confraría de Carril desatábase a semana pasada. Seis directivas de marisqueo a pé foron as primeiras que presentaron a súa dimisión. Alegaron falta de entendemento co patrón. O principal motivo de disputa foi, segundo José Luis Villanueva, a negativa a investir na creación dun camiño á Fangueira. A pesares dos intentos, Villanueva non foi quen de facelas recapacitar. Pronto a estas dimisións sumáronse outras sete de membros da Xunta Xeral. Todas elas ían trasladarse xa á Consellería do Mar, que conta cun prazo de quince días para nomear unha xestora. Segundo Villanueva, esta situación vai provocar unha importante parálise nos proxectos da confraría. Así as cousas, xa pensa en volver presentarse nos vindeiros comicios para retomar o traballo. A compra de semente, un proxecto de vixilancia para a confraría ou estreitar a colaboración coa Agrupación de Parquistas son algúns dos proxectos que, segundo Villanueva, quedarán paralizados á espera de definir o futuro do pósito.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Carril está a perder unha oportunidade ao rexeitar o proxecto de ampliación da lonxa presentado pola Xunta. Segundo a Conselleira do Mar, trátase da mellor solución e a Xunta conta cos cartos necesarios, de aí que a decisión final dependa do patrón maior e da xunta xeral da confraría, que ata o de agora rexeitaron a ampliación. Rosa Quintana fixo estas declaracións ao seu paso por Vilagarcía, onde inaugurou o foro de promoción portuaria.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Confraria de Carril Top of Page

Síguenos en facebook