09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a Torre. As obras terán un orzamento total de preto dos 40 mil euros, dos cales a Deputación aportará o 80%, ó redor duns 31 mil euros, e incluirán a rehabilitación da ponte peonil que conecta os dous areais, así coma as pasarelas de acceso ós mesmos. A actuación verase tamén complementada coa instalación de dous novos aseos no parque situado na zona da antiga conserveira.
BARBANZA> A Deputación da Coruña será a primeira en implantar a xestión directa dos parques de bombeiros. Así o anunciou o presidente provincial, Valentín González Formoso, trala reunión mantida co seu homólogo en Lugo, Darío Campos, o deputado na Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
BARBANZA> Entre os aspectos máis destacados no que vai de mandato fixeron alusión ás políticas de creación de emprego. Tras dous anos de goberno bipartito na Deputación da Coruña, PSOE e BNG fixeron balance esta mañá da súa xestión neste tempo á fronte do organismo provincial. Tanto o presidente, o socialista Valentín González Formoso, coma a vicepresidenta, a nacionalista Goretti Sanmartín, destacaron a boa sintonía existente entre ámbalas dúas formacións. Como exemplo dese bo facer numerosos logros acadados no que vai de mandato. Entre os máis importantes as políticas de creación de emprego, as axudas ós concellos de cara a reducción da súa débeda e tamén o achegamento da institución ó cidadán. Dentro dos proxectos levados a cabo nestes dous anos, o presidente provincial destacou o Plan Único. Un feito que tamén destacou a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, quen convidou á Xunta a mirarse no espello da Deputación da Coruña para ver camiños polos que avanzar nesa nova fórmula de xestionar os fondos. Outro dos puntos clave no balance destes dous anos de goberno bipartito na Deputación foi o impulso ó emprego, coa posta en marcha dun Plan de Emprego Local que financia a contratación de persoal nos concellos para cubrir servizos básicos, apoia ás empresas na contratación de persoal e impulsa tamén os proxectos emprendedores da mocidade, e que a día de hoxe xa conseguiu a inserción laboral de preto de 1.500 persoas.
BOIRO> A deputada provincial, Ánxela Franco, visitou as instalación da residencia de AMICOS en Comoxo. Grazas a unha achega da Deputación, procedeuse á pavimentación do exterior do centro e dotouse dun xerador eléctrico para garantir o correcto subministro.
BOIROa A Deputación da Coruña presentou en Boiro a sétima actualización da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais. Trátase dunha ferramenta moi útil para priorizar investimentos e detectar as principais necesidades dos concellos en servizos básicos.
RIANXO> O deputado provincial e responsable de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, comprobou esta mañá o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas. Preto dos trinta mil euros. Esta é a cantidade investida pola Deputación da Coruña nas obras de reparación da xunta central da ponte de Catoira que presentaba importantes deficiencias e que de non actuar con urxencia poderían ter afectado gravemente á infraestrutura. O deputado responsable de Vías e Obras do organismo provincial, José Manuel Pequeño, visitou esta mañá a zona, acompañado de varios técnicos, para comprobar o resultado dos traballos levados a cabo nas últimas semanas. Sen ser, na súa execución, unha obra de gran calado, a dificultade foi poder realizar a reparación sen interromper a circulación, o tratarse dunha vía cunha elevada intensidade de tráfico. Pola súa banda o responsable de Vías e Obras da deputación coruñesa volveu insistir na necesidade de abordar a transferencia da ponte á Xunta de Galicia, tal e como recolle o Plan Move, dado o carácter estratéxico do vial que une as provincias da Coruña e Pontevedra. A última actuación importante realizada na ponte de catoira producíase no ano 2014. Sufragada polas dúas Deputacións, a de Pontevedra e a da Coruña, a infraestrutura permaneceu pechada totalmente ó tráfico durante un período duns catro meses causando un gran malestar entre os habituais usuarios do viaduto. Daquela xa se propoñía a realización dunha actuación de maior envergadura e mesmo se falaba da construción dunha nova ponte ou a ampliación da xa existente a catro carrís. Unha reivindicación que aínda se mantén a día de hoxe debido ó alto volume de tráfico que soporta.
A CORUÑA> O certame, promovido pola Deputación da Coruña, pretende fomentar o emprendemento e potenciar as empresas coruñesas.
LOUSAME> A actuación virá a mellorar a seguridade do tráfico na zona, ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria do municipio.
VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIROa A Deputación da Coruña acometerá a mellora da estrada de Cespón a Vidres en Boiro. Investiranse preto de oitocentos mil euros, dos cales cento cincuenta mil irán destinados á expropiación de terreos.
MADRID> Durante esta xornada inaugural da Feira Internacinoal do Turismo en Madrid, a Deputación da Coruña foi unha das entidades máis madrugadoras en dar a coñecer as súas aposta turísticas para este novo ano. No acto desta mañá, promovido pola área de Turismo da Deputación, deleitouse ós asistentes coa presentación  da diversidade coa que nos agasallan os camiños coruñeses. 
Publicado en GALICIA
BARBANZA> O premio, convocado pola Deputación da Coruña, está dotado con vinte e cinco mil euros, o de maior contía dos convocados en lingua galega. O xurado, composto por Ramón Nicolás Rodríguez, Mercedes Queixas Zas, Eva Moreda, Ledicia Costas e Mario Regueira, con Mercedes Fernández-Albalat de secretaria e Goretti Sanmartín de presidenta, daba a coñecer esta mañá a súa decisión. Da novela destacaron que está construída arredor dunha protagonista que é unha “personaxe feminina perfilada con solvencia que se bota un pulso a si mesma ante unha situación vital dramática”. Ademais o xurado valorou na obra de Eli Ríos a súa “capacidade de reflexionar sobre as duras circunstancias que acontecen na súa vida, cunha perspectiva de xénero, tecnicamente innovadora, exposta nunha corrente de consciencia que conmove o público lector”. A decisión tomouse por maioría despois dun prolongado debate entre dúas novelas finalistas. Luns convértese así na obra gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester que se convoca en modalidade só para lingua galega. A novela impúxose sobre as dezaoito obras finalistas, das 101 presentadas ó certame. Unha cifra que duplica o ano que máis novelas en galego se presentaran a este premio, ó que, ata o de agora, podían concorrer conxuntamente obras en galego e español. O vindeiro martes, día 20 de decembro, está previsto que se dea a coñecer a novela gañadora do XXVIII Premio de narrativa Torrente Ballester para obras en español.
Páxina 1 de 10
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Deputación A Coruña Top of Page

Síguenos en facebook