• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O GROVE> A directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou esta mañá a Praza de Abastos de O Grove, que está en fase de acondicionamento para ofrecer espazos a baixo custe a aqueles que queiran emprender o seu negocio, e deste xeito contribuír a dinamizar o mercado da vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> O Castro Alobre como motor económico e turístico en Vilagarcía. Esa foi a tese defendida onte por Antonio Nicolau Martí, profesor no máster de Xestión Cultural da Universidade de Barcelona e Diego Play, arqueólogo director dos últimos traballos no xacemento vilagarcián. Unha idea centrou a charla-coloquio que se celebrou no Auditorio da vila.  
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, confirmou a firma do crédito previsto nos orzamentos de 2016. O préstamo foi contratado ca única entidade bancaria que se comprometeu por escrito co concello, a nos desafiuzar a ningunha persoa do municipio da súa vivenda habitual.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Martes, 15 Marzo 2016 19:26

O 'Repensa' aposta polo traspaso

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra quere facilitar o traspaso dos locais do municipio. Con este obxectivo nace o Plan Repensa, polo que xa se interesaron máis de vinte empresas. Nesta iniciativa, o concello actuaría como intermediario entre as empresas que queiran pechar e as que estean buscando locais para mercar.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> Ribeira foi o municipio galego de máis de vinte mil habitantes que máis medrou en produto interior bruto entre os anos 2010 e 2012.
NOIA> O PP de Noia denuncia o incremento da débeda a provedores ó longo do presente ano en preto dun tres mil por cento. Segundo os datos publicados polo Ministerio de Facenda, os populares cifran en dous millóns e medio a débeda acumulada polo concello, sen ter en conta os impagos á Mancomunidade Serra do Barbanza polo servizo de recollida de lixo.
PONTEVEDRA> Hoxe presentábase en Pontevedra unha nova campaña de promoción que presenta á cidade como un destino para ir de compras.
Publicado en PONTEVEDRA
BOIRO> A Consellería de Economía e Industria segue a apostar pola dinamización do comercio local a través dunha liña de axudas que contribúa na dinamizar as prazas de abastos. Esta mañá visitaba o mercado de Boiro, no que o seu departamento financia, cunha subvención do oitenta por cento, o acondicionamento dun espazo para formación e actividades promocionais.
NOIA> Noia Histórica e o concello colaborarán na loita contra a falsificación de produtos. Responsables da patronal mantiveron unha xuntanza con representantes do executivo para transmitirlle a súa preocupación ante a proliferación de postos de venda ilegais de cara as festas. En colaboración coa policía local articularán unha serie de medidas para evitar a competencia desleal.
PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra aposta por crear un viveiro de empresas que dea maior peso dos proxectos máis creativos. Esta é unha das liñas de traballo que quere abrir o goberno local, e que xa abordou coas asociacións de empresarios da vila, AJE e AEMPE, e coa Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra. Esta mañá o alcalde mantivo un encontro coa nova dirección deste organismo.
Publicado en PONTEVEDRA
BOIRO> O grupo conserveiro Jealsa segue a medrar converténdose nun exemplo de superación da crise. A empresa rexistrou un incremento dun doce por cento de vendas no último exercicio. Cifra que agardan incrementar ó longo deste ano grazas á compra do cincuenta por cento do seu socio italiano, Mareaperto.
Páxina 1 de 4
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Economía Top of Page

Síguenos en facebook