• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCIA> Alfonso González Gallego entregou este venres os avais necesarios para poder presentarse o X Congreso Local do PP en Vilagarcía, que terá lugar este domingo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Continúa a tensión na Confraría de Carril. O pósito carrilexo está a sufrir numerosas inspeccións nos últimos días. Unha situación que segundo creen dende a xestora, responde a plan para enturbar as próximas eleccións do 27 de maio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> O consello regulador da denominación de orixe rías Baixas inicia os preparativos para as eleccións dos novos vocais do seu pleno. Os comicios celebraranse o domingo 9 de xullo, trala convocatoria publicada pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia. Os censos exporanse a partires do 3 de maio nas oficinas agrarias comarcais, concellos, sé do consello regulador e servizos centrais e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, para que os interesados poidan presentar alegacións ata o 12 de maio. Dende o 2 de xuño exporanse os censos definitivos. Do 22 de maio ao 2 de xuño poderán presentarse candidaturas. Finalizados estes prazos, o 29 iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 7 de xullo. Tralas votacións do día 9, o 11 a xunta electoral proclamará os vocais electos e, a partires do 17 de xullo, a consellería de medio rural terá que convocar aos novos vocais electos para tomar posesión da súa acta e escoller por maioría ás persoas que vaian ocupar os cargos de presidente e vicepresidente. Nas eleccións, as segundas que se organizan dende este Consello Regulador, estarán implicadas 183 adegas e 5.500 viticultores.
Publicado en PONTEVEDRA
 Pontevedra>E dende as filas socialistas continúan tirando a pelota de tellado en tellado. O secretario xeral do PSOE en Pontevedra pediu esta mañá explicacións á xestora do seu partido tralos malos resultados obtidos no 25 de setembro. Santos Hector non cree que o lado máis crítico co candidato teña nada que ver cos resultados electorais e sen pedir a retirada a Leiceaga quixo lembrar esta mañá que Touriño presentou a súa dimisión conseguindo manter os mesmo deputados.
Publicado en PONTEVEDRA
BARBANZA> Catro barbanzáns integran as listas de Nós Candidatura Galega para as eleccións do vinte e seis de xuño. Ademais do cabeza de cartel pola Coruña, Carlos Callón, concorren como suplentes ó congreso Cristina Andrade e Xosé Deira. O ribeirense Vázquez Cobas será candidato ó senado.
BARBANZA> O presidente da patronal comarcal responde así as críticas vertidas contra el polo presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Antonio Miranda.
RIANXO> O actual presidente da patronal rianxeira presentou a dimisión e convocou novas eleccións debido ás discrepancias existentes no seo da entidade.
BOIRO> Xosé Ramón Romero foi reelixido presidente da Federación de Empresarios do Barbanza. A súa candidatura, a única presentada, foi respaldada por unanimidade das patronais que asistiron á asemblea.
Publicado en portada
BARBANZA> Tamén na provincia da Coruña, En Marea irrompe como segunda forza por detrás do PP que segue como lista máis votada a pesar de perder dous escanos. O PSOE baixa pero logra manter os dous representantes cos que contaba e Ciudadanos consegue o seu único deputado en Galicia. Pola contra, Nós Candidatura Galega non acada representación.
RIBEIRA> A ribeirense María Gude ocupará o número sete na lista do PSOE pola Coruña ó Congreso dos Deputados. A socialista asume este reto con moita ilusión e co firme compromiso de traballar pola defensa da calidade na prestación dos servizos públicos.
RIANXO> Tras unha intensa rolda de negociacións finalmente BNG e PSOE de Rianxo non chegaron a acordo para integrar un goberno de coalición. Así as cousas, os nacionalistas seguirán a gobernar en minoría, tal e como iniciaron o mandato, e buscarán acordos puntuais coas outras forzas da oposición.
Páxina 1 de 3
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Eleccións Top of Page

Síguenos en facebook