O Entroido aterra con forza na Boa Vila co pregón de Os do Val do Lérez

Pontevedra> A agrupación o do Val do Lérez serán os protagonistas do pregón e encargados dar o pistoletazo de saída ao Entroido Pontevedrés. Unha cita que encherá de cor e alegría as rúas da Boa Vila durante 8 días. Comezará este venres co pregón e rematará o sábado 17 co enterro do Ravachol.  O programa, deseñado por Kiko da Silva, xa está na rúa para que non se perdan toda a actividade que hai por diante na cidade do Lérez.

Xa está todo listo para que Pontevedra se encha de cor e alegría coa chegada do seu Entroido. Os protagonistas de dar o pistoletazo de saída serán a agrupación O Val do Lérez, quenes levan 15 anos participando nesta festa da cidade. Eles serán os encargados de ler o pregón este venres 9 de febreiro ás nove da noite na Praza da Ferraría.

Un entroido que chegará con citas tradicionais, sempre o que o tempo o permita, co desfile este sábado ás 17:00, coa festa pirata o martes, que chega con algunha que outra novidade.

O luns, mércores e o xoves, que será o día da final, as protagonistas serán as murgas que este ano aterran cun novo premio.

E como non tampouco faltará a botica do Ravachol que este ano seguirá na mesma praza pero cambiará o seu emprazamento.

O programa deste entroido xa está na rúa e conta cun deseño de Kiko da Silva, un deseño onde o mapa dos piratas está moi presente e tamén o Ravachol.

Xa o saben dende este venres 9 de febreiro ata o sábado 17 de febreiro terán por diante moitas actividades das que desfrutar grazas a este entroido pontevedrés.