• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O VIII Obradoiro de Emprego de Hostalería de O Salnés votou este martes o peche. Os alumnos desta actividade organizada pola Mancomunidade de O Salnés recibiron un diploma acreditativo da formación adquirida nun acto ao que asistiu o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, e que foi presidido polo alcalde de Sanxenxo e tamén responsable da área de turismo da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Pita.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Un grupo de membros da Mancomunidade de Rivera Alta y Rivera Baja están a visitar O Salnés. Este grupo de valencianos recalou este martes en Cambados, onde foron recibidos por representantes da Mancomunidade de O Salnés. Neste encontro visitantes e locais compartiron impresións do funcionamento de ambas mancomunidades e buscaron posibilidades de trasladar algúns mecanismos da de O Salnés a súa corporación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CALDAS DE REIS> O concello de Caldas únese a unha iniciativa conxunta co concello de Cuntis, para favorecer a inserción laboral principalmente daqueles grupos de idade, que por diferentes circunstancias teñen máis difícil acceder a un posto de traballo. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Un grupo de case 50 alumnos do colexio de Vilanova de Arousa tiveron, este martes, unha clase diferente. Os cativos traballaron na contorna da praia do Terrón onde aprenderon un pouco máis sobre este espazo natural do seu concello, e onde tamén desenvolveron unha pequena limpeza do espazo, para concienciar sobre a importancia de coidalo medioambiente. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Martes, 27 Setembro 2016 18:29

46 estudantes comezan o seu Practicum Depo

PONTEVEDRA> 46 estudantes de formación profesional da provincia de Pontevedra marcharán este sábado a ampliar a súa actividade formativa ao estranxeiro. Trátase do programa Practicum Depo, unha iniciativa financiada pola deputación onde os mozos poderán ampliar os seus coñecementos en países como Italia, Reino Unido e Irlanda.
Publicado en PONTEVEDRA
VILANOVA> O concello de Vilanova continúa ca súa aposta pola formación. Esta mañá o alcalde da vila, Gonzalo Durán presentou en rolda de prensa, dúas novas accións formativas gratuítas e que se desenvolverán no centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Vilanova segue apostando pola cultura... o concello creará unha Escola Municipal de Arte no Pazo de Vista Real. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> A Federación de Empresarios do Barbanza impulsa un plan de formación en colaboración coa Deputación da Coruña, o Clúster de Turismo de Galicia e a Escola de Negocios da Fundación ABANCA. O programa inclúe un total de catorce accións formativas centradas no liderado, a excelencia e o manexo das redes sociais.
Mércores, 16 Marzo 2016 17:23

A Mancomunidade aposta pola tecnoloxía

VILANOVA> Uns 15 rapaces da Mancomunidade de O Salnés aprenderán durante un mes todo o referente a impresión 3D... unha nova tecnoloxía que a pesar de ter un custe razoable, aínda non está o alcance de todo o mundo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> A entidade, que leva décadas traballando en prol dos máis necesitados, está a promover outros proxectos interesantes como a creación dunha clínica de odontoloxía solidaria.
Páxina 1 de 6
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Formación Top of Page

Síguenos en facebook