Francisco Conde amosa aos empresarios de Arousa os apoios da administración

VILAGARCÍA> O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, estivo onte en Vilagarcía, onde escoitou as propostas do tecido empresarial e dou a coñecer o mapa de apoios da administración autonómica para apoiar a actividade dos empresarios ao longo do 2019. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe en Vilagarcía unha rolda de xornadas co tecido local empresarial para escoitar as súas propostas e dar a coñecer o mapa de apoios da Administración Autonómica para impulsar a súa actividade ao longo deste ano 2019. Estas axudas teñen como principal obxectivo dar resposta ás necesidades dos emprendedores.
A Xunta xa publicou neste mes de xaneiro no DOG axudas por valor de 40M€ como os apoios para impulsar a dixitalización das pemes galegas, mellorar as infraestruturas dos parques empresariais e crear viveiros industriais
Na xuntanza que contou coa colaboración da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), o titular de Economía sinalou que as axudas autonómicas para 2019 se centran en apoiar a incorporación de novas tecnoloxías ás pemes galegas, impulsar a súa internacionalización e promoción da eficiencia enerxética, así como fomentar o emprendemento, a modernización do comercio local, a mellora das infraestruturas nos parques empresariais e o acceso ao solo industrial.A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia axudas por valor de 40 millóns de euros entre as que se atopan os apoios do Igape para impulsar a dixitalización das pemes galegas cun orzamento de 5 millóns e unha mobilización prevista de máis de 13 millóns. Esta iniciativa forma parte dun paquete máis amplo que se irá convocando en vindeiras semanas para que a tecnoloxía dixital siga avanzando na industria e empresas galegas.