• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
VILAGARCIA> Carmela Silva aproveitou a súa visita a Vilagarcía para coñecer en primeira persoa o terreo no que esta semana está previsto que se comece a obrar a nova gardería municipal de Vilaxoán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
DODRO> Os pais da Escola Infantil de Dodro, integrada na Rede Galiña Azul da Xunta de Galicia, veñen de denunciar diversas irregularidades que se están a producir no centro. Entre outros aspectos sinalan que non se están a cumprir as ratios nin os horarios de apertura establecidas por lei debido fundamentalmente a falla de persoal. Segundo eles, todos estes factores están a poñer en serio risco a seguridade dos nenos que acoden diariamente á gardería, ó non poderen ser debidamente atendidos.
PORTO DO SON> O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de informar do remate das obras de construción da nova escola infantil de Porto do Son, situada na Rúa Campo Atalaia, a carón da casa consistorial. Nesta actuación o Goberno Galego, a través da consellería de Traballo e Benestar, investiu uns 450 mil euros, destinados tanto á construción coma a dotación de equipamento á nova escola infantil. A gardería sonense, que contará con 41 prazas para nenos de cero a tres anos, ten previsto iniciar a súa actividade en setembro. Nos primeiros días do mes contactarase coas familias que xa reservaron praza nas instalacións para realizar entrevistas individuais e tamén se celebrará unha xornada de portas abertas antes do comezo da actividade ordinaria.
Publicado en portada
PORTO DO SON> O DOG publica o procedemento para adxudicación de prazas das escolas infantís galegas. A partir do martes poderán presentarse as solicitudes para o curso 2015-2016. Nalgúns concellos, como o de Porto do Son, trátase do primeiro ano en que contan con este servizo polo que, dende o concello, informaron dos trámites a realizar para as inscricións.
MUROS> Así afirmou a alcaldesa, Caridad González, quen mostrou a súa satisfacción polo desenvolvemento das obras.
PORTO DO SON> O rexedor sonense mostrou a súa satisfacción polo comezo das obras da tan ansiada gardería municipal.
RIBEIRA> O executivo ribeirense fixo público a relación de admitidos na Escola Infantil Municipal para o curso 2014-2015. En total son 152 os nenos e nenas que cumpren os requisitos para acceder a este servizo, cuxas instalacións están situadas en Cubeliños. Dos mesmos, 67 figuran por renovación de matrícula, 14 no curso de 1 a 2 anos, e 53 no de 2 a 3 e os 85 restantes son novas solicitudes: 5 de 0 a 1; 38 de 1 a 2; e 42 de 2 a 3. Unicamente dúas persoas foron excluídas, un por non cumprir os requisitos e o outro por ir fóra de prazo. Hai un terceiro caso no que se está pendente de documentación. Pódese acceder á listaxe definitiva de admitidos na páxina web municipal www.riveira.es. Enlace: http://www.riveira.es/content.asp?ContentId=69
Publicado en portada
MUROS> Onte pola noite aprobábase en pleno a declaración de utilidade pública da parcela contigua ó colexio Ricardo Tobío de Esteiro, na que se construirá a futura escola infantil.
PORTO DO SON> A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, asinaron un convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas nesa localidade.
Páxina 1 de 2
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Gardería Municipal Top of Page

Síguenos en facebook