Historia dun derbi que convertíuse no partido dos erros

potonovo250_280108_001.jpgSALNÉS > Portonovo e Arousa firmaron táboas (1-1) no derbi comarcal. O punto sumado por ámbolos dous equipos permítelles manter unha cómoda distancia cos postos de descenso.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_280108.flv{/flowplayer} 

Non foi un partido bonito nin moitos menos, pero sí de moitas alternativas e sobre todo de moitos erros. O primeiro de todos, ós 50 segundos, cando a defensa local liouse no despexe dun balón que Chiño cazou para subir o 0-1 ó marcador. A xente aínda se estaba a acomodar en Baltar e os visitantes xa se adiantaban.

O Arousa chegou nos primeiros minutos cunha facilidade pasmosa á area rival mentres que os locais aínda estaban coa cabeza nos vestiarios.

Pero o Portonovo tiña que espertar e o fixo, gracias en parte a Jacinto e Nacho, que estiveron inconmesurables en medio campo. O propio Jacinto ós 22’ empataba o encontro tras botar unha falta dende 35 metros que nin a defensa nin o porteiro Felipe atinaron a despexar. Segundo erro de bulto.

Coas tablas no marcador, firmouse unha tregua ata o descanso, con susto para os visitantes no 44’ cando Alberto nunha cesión casi marca en propia meta.

Na segunda metade os locais continuaron a te-lo dominio aínda que as ocasións se repartiron, cun Arousa moi incisivo ás contras. Villaverde e Fiti puideron poñer en vantaxe ós de Piscis e Padín en dúas ocasións puxo o corazón nun puño ós siareiros portonoveses, pero o marcador non se movería.

Notáronse as excesivas baixas coas que ambos equipos acudían ó encontro, sobre todo de mediocampo cara arriba, algo que imposibilitou ver un partido con máis goles.

Así as cousas o Portonovo continúa decimosexto, con 22 puntos e catro de vantaxe sobre o descenso. Máis tranquilo queda o Arousa, decimoterceiro con 27.

Redacción Salnés