Meis acolleu cun espectacular recibimeto á Coral de Zumaia, do Pais Vasco

    MEIS > O concello Meis recibiu esta maña no concello ós máis de 30 membros que compoñen a Coral de Zumaia …

    … do País Vasco. Así complétase o intercambio de colaboracións que xa levou fai uns meses á agrupación de Meis a este pobo vasco onde recolleron unha moi boa impresión. Agora tócalle aos vascos coñecer as nosas costumes pero sobre todo deléitanos coa súa música.

    Unha recepción onde tódolos invitados, membros da coral de Zumaia e Meis confraternizaron nun encontro que comezou coa actuación da agrupación vasca acompañada dun grupo de tamborileiros e frautíns típicos da súa terra. O alcalde de Meis, Xosé Luís Pérez, congratulouse da hospitalidade recibida polo concello de Zumaia os veciños de Meis.

    Pola súa parte o seu homólogo vasco agradeceu o recibimento e destacou esta unión grazas á musica A continuación produciuse o intercambio de agasallos entre ámbolos pobos, para despois pasar a actuación de novo da coral de Zumaia que deixou abraiados ós asistentes

    Redacción Salnés