Orzamentos aprobados para o 2018

Pontevedra> Os orzamentos do concello de Pontevedra para o 2018 xa están aprobados. Os 12 votos a favor do BNG e a abstención do PSOE e da Marea permitiron que estas contas saian adiante cun investimento do 75,1 millóns de euros. O voceiro do Goberno Local cualificou estes orzamentos como dinamizadores, sostibles e participativos. Deste xeito quedaban aprobados os orzamentos para o concello de Pontevedra para o 2018. Un pleno no que houbo poucas novidades sobre a mesa que non se dixeran con anteioridade. No momento da exposición Raimundo González cualificou estas contas como dinamizadoras, sostibles e participativas. Pola súa banda a concelleira e voceira de Ciudadanos dixo que non quixo reunirse co Goberno Local ao considerar que estes orzamentos son totalmente involutivos para a cidade. Dende a Marea de Pontevedra dixeron en numerosas ocasións que se absteñen nestas contas pero que en absoluto son os orzamentos do seu partido, quixeron recalcar que se tratan dos orzamentos do BNG un partido que goberna en minoría. Luis Rei agarda que o goberno nacionalista cumpra cos acordos adoptados co seu partido. Dende as filas socialistas realizaron numerosas críticas, entre elas ao contrato da auga e a incapacidade do Goberno de executar o orzamento, pese a isto, por primera vez tenderon a man ao Goberno polo ben da cidadanía. E dende as filas populares dixeron que este é un orzamento de Lores e non da cidadanía, fixeron numerosas alusións a que estas contas, unha vez máis, foron aprobadas en Santiago e non en Pontevedra e dixeron que se trata duns orzamentos que aportan cartos a obras do pasado e non a futuras, algo que consideran inaudito. A emenda a totalidade que presentaron dende o PP non saíu adiante cos votos en contra do BNG, Marea e PSOE, nin tampouco a emenda parcial de Ciudadanos, cos votos en contra do BNG, PP, Marea e PSOE. Un pleno que deixou listos e aprobados os 75,1 millóns de euros de orzamento para o 2018 no concello de Pontevedra.