• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
MUROS> Na actuación investirase ó redor dun millón de euros. Despois de numerosas solicitudes e tempos de agarda, que mesmo levou ó Concello a pechar a zona debido ó seu estado de deterioro, coa conseguinte perigo para os usuarios, a reforma do paseo marítimo de Esteiro será logo unha realidade. Segundo informou a voceira do grupo municipal do Partido Popular, Inés Monteagudo, a actuación iniciarase xa este ano, ou iso é o compromiso adquirido por parte do Goberno Central. Monteagudo, acompañada pola deputada no Congreso, Marta González, mantivo unha reunión en Madrid coa Directora Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, e co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo, na que se comprometeron a acometer a dita mellora este mesmo ano, destinando a tal fin un orzamento duns 980 mil euros. A actuación permitirá a reposición do pavimento, mediante un material non perecedoiro e seguro para os viandantes.
SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da "boa sintonía" mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de "vinte prazas de aparcamento".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O vicesecretario de comunicación do PP estivo hoxe de visita en Pontevedra. Pablo Casado destacou a boa oposición que está facendo Jacobo Moreira na Boa Vila, do que dixo, é o representante político que está dando resposta aos veciños da cidade. Casado agarda poder volver no 2019 para festexar a vitoria do PP na capital de provincia.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCIA> Alfonso González Gallego entregou este venres os avais necesarios para poder presentarse o X Congreso Local do PP en Vilagarcía, que terá lugar este domingo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O PP de Pontevedra votará en contra da modificación de crédito que o Goberno Municipal levará ao pleno este venres. Dende as filas populares seguen sen entender o millón de euros que se vai a investir no inmoble da rúa Ferreiros para o servizo de urbanismo do concello.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> O partido popular da Pobra critica a falta de implicación do goberno local co deporte. Denuncia que o concello non mellorou o estado do campo de futbol da Alta porque non quixo, e ademais, bótalle en cara que os clubs municipais levan dous anos sen percibir axudas que están aprobadas.
Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra esixen ao Goberno Local un plan de rehabilitación do mercado de Estribela, en Lourizán. Ademais, tamén solicitan do concello, que os novos proxectos que ten postos en marcha para o Gorgullón, Virxe do Camiño, Cruz Vermella e Loureiro Crespo inclúan un carril bici, unha medida acordada no pleno de xaneiro do 2016.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> Os populares critican tamén o peche das instalacións.
POIO> O voceiro do Partido Popular en Poio, Angel Moldes, reuniuse con representantes da Asociación Galega de Familias Numerosas. No encontro analizouse a posibilidade de aplicación de diferentes medidas, que permitan axudar as familias con máis de dous fillos no municipio.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO> O PP de Poio denuncia a falta de información e transparencia do goberno municipal da vila. O portavoz dos populares denuncia que o consistorio encargou un traballo a unha empresa de Teo podendo facelo nunha do concello, e ademais sinalan que o custe de dito traballo facturado supera en 1.400 euros, o presuposto que a mesma empresa lles entregou aos populares, por un suposto traballo nas mesmas condicións e mesma cantidade.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> E co temporal político a pelota continúa de tellado en tellado. O PSOE responsabiliza á Xunta e dende o PP provincial fanno coa Deputación de Pontevedra. Para os populares a xestión do bipartido foi nefasta durante o temporal. Critican que o Parque de Maquinarias estivera sen funcionar e que esta administración non fose quen de establecer un dispositivo especial neses días. 
Publicado en PONTEVEDRA
MUROS> A voceira socialista foi unha das convidadas do programa ‘Pleno Aberto’ desta semana, emitido por esta casa.
Páxina 1 de 9
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: PP Top of Page

Síguenos en facebook