• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía xa ten novo presidente. Alfonso González Gallego foi elixido onte por aclamación nun acto no que estivo arroupado por varias autoridades do PP. O novo responsable dos populares vilagarciáns comprometeuse a traballar duro para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións. Dende onte e por aclamación, Alfonso González Gallego está á fronte do Partido Popular de Vilagarcía. Recolle así a testemuña de Tomás Fole, co obxectivo de empezar unha nova etapa e facer equipo. A convocatoria dun congreso local das novas xeracións para destacar o papel dos máis novos, o nomeamento dunha xunta directiva local que se reúna cos grupos parroquiais, a posta en marcha dun buzón de suxerencias e a creación de varios grupos de traballo, serán algunhas das medidas que pretende levar a cabo a curto prazo. Para elo, González Gallego rodéase dun equipo que definiu como novo, renovado e comprometido, convencido de que acadarán os seus obxectivos. Alfonso González non estivo só na súa elección. No Salón García estivo arroupado por cargos do Partido Popular. Tamén polo presidente saínte, Tomás Fole. Con esta renovación, para o Partido Popular comeza xa a carreira para recuperar a alcaldía no 2019.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BARRO> O Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que poña en marcha a segunda fase do polígono de Barro-Meis. Esta mañá, os deputados populares recordaron que a ocupación deste solo industrial é xa do 50%, e puxérono como exemplo da xestión de Rafael Louzán á fronte do goberno provincial. Os deputados do Partido Popular están máis que satisfeitos co éxito do Polígono de Barro-Meis. A formación recordou esta mañá que este fora un dos proxectos estrela do goberno de Rafael Louzán, e puxérono de exemplo da súa xestión. Arévalo recordou que o polígono xa está ocupado nun 50%; dato que no caso do viveiro de empresas ascende ata o 70. Por iso o PP pide á Deputación que poña en marcha a segunda fase. O exalcalde de Barro recordou que esta ampliación xa estivera sobre a mesa, e asegurou que hai terreos suficientes na contorna para acometela. Os deputados criticaron ademais ao goberno de Carmela Silva por, aseguraron, vivir das rendas que deixou en marcha o executivo de Rafael Louzán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O voceiro do Partido Popular de Sanxenxo critica a falta de comunicación do alcalde do municipio coa oposición. Telmo Martínez denunciou esta mañá que a estas alturas do ano o equipo de goberno aínda non contactou cos populares para falar sobre os orzamentos deste ano. O voceiro popular no municipio de Sanxenxo quixo esta mañá deixar claro ante a prensa a súa desconformidade coa actitude que o actual goberno do concello, o tripartito liderado polo independente Gonzalo Pita. Asegura que a falta de comunicación coa oposición é total, e que a estas alturas do ano no houbo ningún contacto para os temas máis esenciais do municipio. Martínez lembrou que o partido popular conta con 8 concelleiros, e o partido q ue lidera o tripartito só 4, polo que é a súa obriga falar coa oposición e dialogar os asuntos máis relevantes para os veciños de Sanxenxo. Telmo Martínez afirmou esta mañá que coa actitude do alcalde, o que está facendo é prexudicar os intereses comúns do concello, e que nestes case dous anos de goberno Gonzalo Pita está dando prioridade ó seu interese persoal e non ó interese xeral.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POIO> O Partido Popular de Poio deu hoxe a súa visión das presuntas irregularidades na contratación da Festa do Mar do 2014. Onte o BNG anunciaba que o edil de Turismo terá que comparecer como investigado ante o xuíz que, segundo insistiu Ángel Moldes, está a investigar un posible delito de prevaricación. Os populares negaron que estean a buscar réditos políticos, e aseguraron que non pedirán a dimisión de Xosé Lois Martínez. Onte o BNG de Poio facía público que o seu edil de Turismo terá que comparecer ante o xuíz para dar conta de presuntas irregularidades na contratación da Festa do Mar do 2014. Os nacionalistas falaban dunha "cuestión menor". Algo que non convence ao Partido Popular. Foi unha denuncia do PP ante a Fiscalía a que orixinou a causa. A formación presentou informes nos que os técnicos municipais advirten de presuntas irregularidades nas contratacións. Agora, o Ministerio Público explica por que se alteraron os procedementos. Deste xeito, Moldes saíu á palestra para defender á formación das acusacións que onte lles lanzaba o BNG. O voceiro popular asegurou que xamais buscaron rédito político. Moldes acusou ao goberno de actuar con prepotencia, e asegurou que na Festa do Mar do 2016 volvéronse producir anomalías na contratación.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBADUMIA> Os deputados provinciais do PP continúan coa súa rolda de denuncias sobre o abandono da Deputación de Pontevedra aos concellos pequenos. Estes xoves Nidia Arévalo, Salomé Peña e Luís Aragunde acudiron ao entorno da senda peoníl da Pedra e da Auga en Ribadumia, e dende alí solicitaron o ente provincial que continúe os proxectos iniciados na anterior lexislatura, encabezada por Rafael Louzán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
> Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, o PP tense convertido nun partido de hooligans. Carmela Silva valoraba así a campaña iniciada dende a formación provincial, que están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos da administración que ela preside. Traballos que, segundo Silva, son ilegais. Hai unhas semanas o Partido Popular de Pontevedra puxo en marcha unha campaña: están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos por parte da Deputación de Pontevedra. Unha medida que sorprende á presidenta provincial. Os populares colgaron o primeiro destes carteis en Meis pola paralización da urbanización dunha estrada. Esta semana fixeron o mesmo na variante de Rebón, en Moraña, paralizada en xullo. Silvan tamén apuntou que estes carteis estánse a colgar se permiso, e situou esta acción n aliña dos escraches que, asegurou, convocaron os populares en varios plenos. Como exemplo, Carmela Silva referiuse á Pousada da Ribadumia, paralizada por estar construída nun terreo propiedade do Arcebispado, que impide ao concello conceder a licenza.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Unha noticia sobre a suposta edificación irregular dunha casa que ten que ver co entorno familiar da alcaldesa de Cambados, parece ser o motivo polo cal o Partido Popular da vila podería reclamar unha comisión de investigación a fin de esclarecer esta situación. Pola súa banda, Fátima Abal, afirma que facilitará toda a documentación necesaria para comprobar que a edificación está dentro da legalidade, e ademais pide respecto para o seu ámbito familiar.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo volve denunciar falta de transparencia no goberno tripartito. Dende a formación aseguran que o executivo non proporciona aos concelleiros da oposición a documentación que solicitan. O PP de Sanxenxo volve criticar a falta de transparencia do goberno tripartito. Segundo os populares, o executivo continúa a pór trabas ao seu labor de oposición, dificultándolles o acceso á documentación que solicitan. O edil popular insistía en que o acceso á documentación municipal é un dereito dos membros da corporacion que non precisa de supervisión do executivo. Esta mesma mañá, o PP solicitaba no rexistro información sobre os gastos e as dietas do goberno. Unha información que xa fora pedida polo edil non adscrito Roberto Agís, e que o executivo insistiu en revisar. Segundo os populares, esta situación é unha mostra máis da falta de talante democrático e de transparencia do goberno tripartito de Sanxenxo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O PP de Sanxenxo acusa ao goberno actual da vila de incumprir o pacto de goberno no que se establecía, que os membros do cuatripartito reducirían os seus salarios entre un 20 e un 30%. Despois da saída do goberno de Roberto Carlos Agís, os populares afirman que o tripartito continúa sen cumprir a súa promesa electoral e postelectoral.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> A ampliación da área de Urxencias do Hospital do Barbanza ou a histórica demanda de rexeneración da Ría de Noia, son dúas das grandes inversión que se inclúen nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2017 destinadas a esta comarca. Esta mañá os alcaldes e voceiros do Partido Popular no Barbanza e Muros e Noia, reuníronse tamén para facer unha valoración pública destes investimentos.   
Pontevedra>  A Xunta de Goberno Local de Pontevedra acordou dar o traslado do expediente sancionador ao concelleiro popular Cesar Alberto Abal a petición da concelleira de Ciudadanos. Agora Abal fará as alegacións que considere oportunas e o expediente seguirá o seu curso. 
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 9
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Partido Popular Top of Page

Síguenos en facebook