Persoal de PACs protestan polo incumprimento dun acordo do Sergas

    protestapacscopy.jpgPONTEVEDRA> Desde a CIG informaron que xa mantiveron un encontro co Sergas a fin de chegar a un acordo que finalmente non se produciu.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_PERSOAL_MEDICO_PACS.flv{/flowplayer}

    Case medio centenar de persoal médico e de enfermería dos PACs da comarca de Pontevedra protagonizaron esta mañá unha concentración ás portas do Edificio de Sanidade pontevedrés. O obxectivo era reclamarlle ó Sergas o cumprimento duns acordos do 16 de xuño que abarcan desde o cómputo da xornada laboral, ata a confección de calendarios pasando pola contratación de persoal das listas.

    Por todo isto, os delegados de CIG-saúde da comarca de Pontevedra protagonizaron hoxe esta protesta. Unha protesta que se prolongará ata mañá xa que estes facultativos manterán un peche de 24 horas. Fixeron, tamén, un chamamento a todo o persoal sanitario dos PACs a rexeitar a postura do Sergas.

    Xermán confesou que xa mantiveron un encontro co Sergas a fin de chegar a un acordo que finalmente non se produciu. Explicou que o argumento do Servizo é a imposibilidade de cumprilo acordo.

    Mentres non lles dean unha solución, desde CIG-saúde xa anunciaron unha nova concentración, nesta ocasión diante do Sergas, en Santiago de Compostela, para o día sete de febreiro.

    Redacción Salnés