• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
POBRA> O BNG da Pobra demanda a solicitude dun obradoiro de emprego xuvenil enfocado ó sector do mar para o municipio. Esta moción, que se debaterá no pleno deste xoves, supón un paso máis nas políticas de promoción do emprego para a mocidade que está a desenvolver a formación nacionalista.
POBRA> O novo espazo complementará as necesidades dos usuarios no horario no que a biblioteca estea pechada.
Mércores, 19 Abril 2017 20:03

Oleada de roubos na Pobra esta madrugada

POBRA> A situación xa puxo en estado de alerta a numerosos comerciantes e hostaleiros da vila que reclaman maiores medidas de vixilancia.
POBRA> Saen así ó paso das denuncias realizadas por varios pais de usuarios que tiveron que deixar de acudir ó centro ó comunicárselle que tiñan preferencia os nenos menores de seis anos.
POBRA> O vial foi obxecto dunha mellora recentemente que supuxo a súa ampliación.
POBRA> O informe do secretario municipal da Pobra establece a necesidade de contar con dous terzos dos votos da corporación para o outorgamento de honras e distincións. Así o especifica o regulamento do concello aprobado en 1996.
POBRA> A confraría da Pobra demanda unha serie de melloras nas instalacións portuarias. Unhas encamiñadas a dotar o peirao de máis seguridade contra os roubos e as outras para facilitar o traballo dos profesionais.
POBRA> O goberno da Pobra presentará nos próximos días o informe do secretario municipal en relación á validez do nomeamento dos fillos adoptivos do concello. Mentres tanto piden ó PP a máxima prudencia ante as valoracións realizadas a pasada semana nas que o voceiro popular consideraba aprobada a distinción de Anxo Rei Ballesteros.
POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha a campaña de implantación do chip ós animais. Durante os meses de abril e maio, ofrecerán un desconto do quince por cento para a colocación deste elemento identificativo que, lembran, é obrigatorio.
POBRA> A primeira plataforma de venda online do pequeno comercio xa é unha realidade. Este domingo presentábase Dean Shop, unha ferramenta online que permite mercar en cinco establecementos. A iniciativa é posible grazas á asociación do pequeno comercio da Pobra.
POBRA> Remata o mes de marzo e, con el, a campaña de libre marisqueo en Arousa. Os malos resultados dos tres últimos meses contrastan co bo arranque entre outubro e decembro.
POBRA> O goberno da Pobra presentou novamente o inventario municipal de camiños. O documento inclúe dúas novas alegacións, das seis presentadas nesta fase de revisión.
Páxina 1 de 38
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook