• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Mércores, 26 Abril 2017 18:48

Hugo, o novo chef de Casa Román

Pontevedra> Ata este domingo 30 de abril poden degustar a tosta máis solidaria en Casa Román, en Pontevedra. Trátase dun traballo realizado por Hugo e a súa nai que resultou ser o vencedor do II concurso gastronómico “En Aspace Cociñamos Xuntos”. Agora este restaurante da Boa Vila oferta esta tapa gañadora por 2,5 euros. Deste importe, un euro, será destinado a fins solidarios para adquisición de material adaptado as persoas con parálise cerebral usuarias de Aspace-Galicia.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O Museo de Pontevedra inicia no mes de maio as súas visita cruzadas. Unha iniciativa onde persoeiros vencellados co mundo da cultura galega converteranse en guías por un día. Uxía, Isabel Risco, Jorge Coira ou Quico Cadaval serán soamente algúns dos protagonistas que amenizarán as mañás dos domingos de maio.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Este venres, no Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurarase a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato”. Unhas mostra, de Francesco Tonucci, que poderán ver dende este venres e ata o 11 de xullo. Unha exposición que tenta facer unha reflexión sobre o mundo da Educación.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O psicopedagogo, Franceso Tonucci, está de visita na cidade. Esta mañá foi recibido pola presidenta e vicepresidente da Deputación. Ao longo desta semana Tonucci protagonizará distintas actividades en toda a provincia. O fin, divulgar o seu ideario sobre os espazos públicos nas diferentes cidades pontevedresas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Primeira reunión en Pontevedra para comezar a redactar a nova normativa de veladores da cidade. Anabel Gulías dixo esta mañá que se trata dun primeiro contacto co sector da hostalaría. A concelleira insistiu en que non sabe nin cando nin como será finalmente esta nova ordenanza na que se verán influídos numerosos sectores da sociedade pontevedresa.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O consello regulador da denominación de orixe rías Baixas inicia os preparativos para as eleccións dos novos vocais do seu pleno. Os comicios celebraranse o domingo 9 de xullo, trala convocatoria publicada pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia. Os censos exporanse a partires do 3 de maio nas oficinas agrarias comarcais, concellos, sé do consello regulador e servizos centrais e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, para que os interesados poidan presentar alegacións ata o 12 de maio. Dende o 2 de xuño exporanse os censos definitivos. Do 22 de maio ao 2 de xuño poderán presentarse candidaturas. Finalizados estes prazos, o 29 iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 7 de xullo. Tralas votacións do día 9, o 11 a xunta electoral proclamará os vocais electos e, a partires do 17 de xullo, a consellería de medio rural terá que convocar aos novos vocais electos para tomar posesión da súa acta e escoller por maioría ás persoas que vaian ocupar os cargos de presidente e vicepresidente. Nas eleccións, as segundas que se organizan dende este Consello Regulador, estarán implicadas 183 adegas e 5.500 viticultores.
Publicado en PONTEVEDRA
Ángel Martínez Pérez, máis coñecido como Lito, o Rei das verbenas en Galicia, acolleuse esta mañá ó seu dereito a non declarar. Preferiu asígardar silencio ante as acusacións de fraude fiscal da Fiscalía e a Avogacía do Estado, no xuízo celebrado esta mañá na Audiencia Provincial de Pontevedra. Enfróntase a 14 anos de cadea e máis de 53 millóns de euros de multas. Era o momento no que Ángel Martínez Pérez, responsable de Espectáculos Lito e propietario de múltiples orquestras como Panorama, se acollía o seu dereito a non declarar nun xuízo contra él e a súa empresa, por defraudar 9 millóns e medio de euros en dous anos. Era o comezo dunha sesión que se celebraba esta mañá na Audiencia provincial de Pontevedra, despois de que se suspendese ata en dúas ocasións. Os primeiros en declarar foron os peritos da Axencia Tributaria, que explicaron que tódolos datos que conduciron a este xuizo saíron da propia oficina da empresa en Caldas de Reis. Os inspectores de Facenda aseguraron que ó comezar a investigar, comprobaron que se trataba cun claro exemplo de economía sumerxida. Contaron cómo atoparon nas oficiñas de Lito material con anotacións da facturación de 26 millóns de euros correspondentes a 2011, dos cales só declarara dous, os que se facturaran en regra a concellos e televisións. Estes movementos realizábanse con máis de 70 orquestras e 6.500 actuacións en tan só un ano. O 90 por cento, en negro. Pola súa banda o abogado da defensa, centrouse en que a actividade do acusado era de mero representante e intermediario, que non producía nun vendía espectáculos, o que rebaixaría considerablemente os seus ingresos, e as súas obrigas tributarias. Pola sala foron pasando as distintas testemuñas citadas pola Defensa, entre elas, varios axentes de zona. Esta figura era a encargada de ofrecer ós concellos e comisión de festas de cada zona as actuacións para as súas verbenas, levando un dez por cento de comisión. A Fiscalía acusa a Lito e a súa empresa de defraudar 9 millóns e medio de euros entre 2011 e 2012 en Impostos de Sociedades, IVE, e IRPF. O magnate das orquestras galegas enfróntase a 14 anos de prisión e o pago de 53 millóns de euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> No ecuador da lexislatura, o alcalde de Pontevedra ven de presentar unha remodelación do Goberno Local. Un cambio onde non mudan as caras dos concelleiros pero sí as áreas que levarán a partir de mañá venres. Anabel Gulías, Alberto Oubiña e Demetrio Gómez saen reforzados con este cambio, que Lores cualifica de moi positivo.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu esta mañá a Óscar Graña. Unha recepción onde o comisario provincial, e a propia Subdelegada, anunciaron que Graña será proposto para unha nova condecoración polo seu novo rescate a unha muller no río Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O padexeiro Óscar Graña volveu ser protagonista esta mañá dun rescate no río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, rescataba a unha muller que se estaba a afogar á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O padexeiro Óscar Graña volveu converterse nun heroe nas augas do río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, estaba adestrando na súa piragua cando detectou un corpo flotando á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O rescate non foi sinxelo. Segundo explicou o propio Graña, a muller xa estaba inconsciente, e o peso da roupa que levaba dificultou o desprazamento ata a beira. Unha vez a salvo, prestoulle os primeiro auxilios. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e unha ambulancia, que trasladaron a muller ata o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Non é a primeira vez que Óscar Graña, campión do mundo de piragüismo de maratón, salva a unha persoa de morrer afogada nas augas do río Lérez. Xa o 30 de xullo de 2015 rescatara a outra muller no entorno da Ponte da Barca. Segundo contou Graña, foi a propia vítima a que lle explicou que estaba a tratamento psiquiátrico, que tivera problemas na casa e que ameazara con suicidarse. O fillo desta pontevedresa duns 60 anos xa se puxera en contacto coa Policía Local para denunciar a súa desaparición.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 12 Abril 2017 19:27

O comercio pontevedrés, 'A pé de rúa'

PONTEVEDRA> Promocionar o comercio local e atraer clientes aos establecementos da vila, seguen a ser algúns dos principais obxectivos do concello de Pontevedra. Con esta idea, a marca Capital Shopping da un paso máis co programa “A pé de rúa”. Unha iniciativa que arrincará o sábado 22 de abril nas rúas Peregrina e Michelena. O vindeiro 22 de abril, o pequeno comercio de Peregrina e Michelena sairá á rúa. 31 establecementos da zona decidiron adherirse ao programa “A pé de rúa”, que no marco de Capital Shopping, dá un paso máis no fomento do comercio de proximidade. Descontos de entre o 10 e o 20% nos produtos, o concerto de Adrián Costa e dous obradoiros infantís, son algúns dos atractivos cos que comercios e concellos buscan atraer aos clientes. Tamén está prevista unha intervención artística de Blanco y Roja na Glorieta de Compostela, coa súa tenda de venda de accións. A de Michelena e a Peregrina será a primeira, pero as accións de “A pé de rúa” terán continuidade. Serán os días 20 de maio nas Galerías Oliva, o 27 coa iniciativa “rizando o rizo” da man das perruquerías e o 3 de xuño, cos comercios de Cruz Gallástegui. A iniciativa retomarase tralo verán.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 70
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook