Portas celebra a súa primeira Festa da Dona

    PORTAS> O vindeiro 28 e 29 de maio Portas rinde homenaxe á súa historia coa primeira Festa da Dona. Nela volverase aos anos 20 e 30 lembrando á primeira alcaldesa galega, Dona Concepción Pérez, que chegou ao cargo seis anos antes de que as mulleres puideran votar.

     

    O Concello de Portas continúa promovendo o municipio da man dos seus persoeiros máis destacados e o 28 e o 29 de maio volverán aos anos 20 e 30 para recordar á primeira alcaldesa de Galicia e a unha das primeiras mulleres rexedoras de España.

    A neta de Dona Concepción Pérez valoraba emocionada esta iniciativa.

    Nos arredores da Azucreira recrearase esa fin de semana un anaco da historia con tabernas, postos de artesanía con obradoiros e exposicións de cestería, cantería, arte floral ou liño, música de grupos tradicionais e xogos populares para nenos. O sábado as 10 da noite terá lugar a cea baile á que se prega ir vestidos ao xeito da época e o domingo a mediodía terá lugar a toma de posesión da Dona que ostentará o título ata o vindeiro ano que llo entregará a unha nova candidata. Durante toda a fin de semana haberá paseos en carruaxe de cabalos, retratistas e ata un Certame de Pintura e Debuxo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/09/festa_da_dona_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/09/festa_da_dona.mp4{/flowplayer}