09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
BARBANZA> Portos de Galicia participa no Salón Náutico de París que se celebra entre o dous e o dez decembro na capital francesa. O balance, polo momento, está a ser do máis satisfactorio posto que xa se iniciaron os contactos para a diversificación dos servizos que ofrecen os portos galegos.
PORTO DO SON> Todo listo en Porto do Son para acoller a sexta edición edición da Carreira Sin Son. Esta cita deportiva, que xa se converteu nun referente do atletismo galego, terá lugar o 17 de decembro con importantes novidades.
PORTO DO SON> Satisfacción entre a flota galega do cerco que vén de recibir un millón duascentas mil toneladas de cota adicional de xurelo. Estas novas posibilidades de pesca supoñen un respiro para o sector que leva semanas coa pesqueiría da sardiña pechada.
PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia investiu máis de trinta mil euros nas obras de mellora da accesibilidade do CEIP Santa Irene en Porto do Son. O delegado territorial na Coruña supervisou esta mañá os traballos consistentes na construcción dun baño adaptado e a dotación de rampas nos accesos ás aulas e á biblioteca.
O pasado celta de Porto do Son volverá a apoderarse da vila durante a última fin de semana deste mes. Máis de cento vinte postos de artesanía integrarán o mercado celta que estará amenizado por diversos grupos musicais e de animación. O programa complétase cos espectáculos de gran formato que terán lugar na praza Nova. Off Todo a punto en Porto do Son para a Feira Celta que entre o vinte e oito e o trinta de xullo devolvera a vila ás súas orixes. A inauguración oficial terá lugar o venres ás cinco da tarde cando abrirá as súas portas o mercado celta que este ano conta con máis postos e estenderase ó longo de máis rúas. Durante toda a fin de semana duendes, bufóns, elfos ou ananos percorrerán este mercado nos numerosos pasarrúas previstos. Ademais da animación haberá espectáculos de gran formato como Lenda ou Errantes que se desenvolverán principalmente pola noite. Desenvolverase ademais un campamento celta, a cargo de do grupo de recreación Hípica celta, onde recrearán a vida da sociedade castrexa coa organización de torneos de tiro con arco ou actividades de culto ós deuses. Inserto O concello decidiu este ano cambiar de empresa e apostar por Rivendel Mercados que a partir de agora asumirá a organización. A súa proposta está máis preto da temática celta polo que agardan manter a esencia coa que naceu a feira.
PORTO DO SON> Máis de dez mil persoas achegaranse esta fin de semana ata Porto do Son para participar no Rompetiño Jump. Trátase dun evento de cultura urbana que combina música e deporte organizado pola firma textil ‘Rompiendo Clothing’ .
PORTO DO SON> Os mellores cans de toda Galicia daranse cita este domingo en Porto do Son, onde se celebra a décimo sétima edición do Concurso Nacional Canino. A xornada previo terá lugar un monográfico sobre o dogo alemán con máis de cincuenta participantes.
PORTO DO SON> Porto do Son acollerá entre o 29 de xuño e o 1de xullo as primeiras xornadas universitarias de odontoloxía. Acudirán ó redor dun cento de participantes de diversas universidades de España e Portugal.
PORTO DO SON> A Garda Civil procedeu á detención de dous veciños de Porto do Son e outro de Ribeira como presuntos autores dun delito de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar hai varios días nunha vivenda particular do lugar de Tarrío, na parroquia sonense de Queiruga. Ó parecer os tres prendidos accederon ó interior da casa despois de romper o vidro dunha das fiestras levándose un botín con diversos obxectos valorados en máis de dez mil euros. As investigación realizadas nos días posteriores polos axentes do Instituto Armado permitiron a detención o pasado venres de J.C.G.C. e recuperar parte das xoias substraídas no roubo. Esta mañá pasaban a disposición xudicial os outros dous detidos: B.M.S e F.M.A, que xa puxeran á venda parte dos obxectos roubados en varios negocios de compravenda da zona, entre eles unha caixa de moedas de prata.O Xulgado de Instrucción Número 2 de Noia e quen instrúe as dilixencias.
PORTO DO SON> Porto do Son acollerá a segunda edición do Summer Camp de Fútbol Vero Boquete. Será entre o vinte e seis de xuño e o un de xullo. Ademais da sesións prácticas e teóricas de fútbol haberá actividades de lecer relacionadas cos deportes náuticos.
Páxina 1 de 20
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook