Rebaixas ‘conxeladas’ en Vilagarcía ante as restricións sanitarias impostas

VILAGARCIA> A costa de xaneiro seica está sendo máis pronunciada do habitual. En plena campaña de rebaixas, o comercio local non está logrando remonata-las vendas. En Vilagarcía, Zona Aberta explica que entre a crise económica e o rosarío de restricións impostas, a situación está sendo moi dura para moitos establecementos.

As rebaixas son unha oportunidade para tentar reflota-las vendas de moitos establecmeentos. Este ano, a campaña está sendo dura, por mor da crise derivada da pandemia. En Vilagarcía, Zona Aberta recoñece que, polo de agora, as vendas son frouxas.

A crise económica non é o único motivo que conxela as vendas do comercio vilagarciá. Coa cidade pechada perimetralmente, moitos clientes doutros puntos da comarca non poden agora vir facer as súas compras á cidade.

Unhas restricións que tamén condicionaron as compras de Nadal. Con todo, a campaña para Zona Aberta non foi tan mala  como se agardaba.

Parte do éxito, segundo entenden, débese á creación da segunda edición da Campaña de Bonos Son da Casa, impulsada polo Concello.

Este Nadal, Ravella puxo en circulación 3.750 lotes destes bonos, cun custo de 20 euros cada un, pero cun valor de 30 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí