Ribadumia abre esta semana a súa Oficina de Turismo

    concelloribadumia copia100.jpg RIBADUMIA> O servizo proporcionará información, planos, mapas e dípticos sobre a Ruta da Pedra e da Auga ou dos muíños do concello.

    Ribadumia abre a partires desta semana a súa Oficina de Turismo, destinada a informar os visitantes durante estes meses de verán. O servizo, ubicado á entrada do municipio, na rotonda dos Castaños, estará dispoñible de martes a xoves dende as 11.00 ás 14.00, mentres que a fin de semana a Oficina atenderá as consultas dende as 10.00 ás 13.30 e de 16.00 a 19.00.
    Un técnico de información turística, contratado polo concello en colaboración co Patronato de Turismo Rías Baixas, será o que estea á fronte do servizo, recollendo as demandas e consultas dos visitantes sobre o municipio e os seus atractivos turísticos. Ademais, a oficina porá ó servizo dos visitantes información, planos, mapas e dípticos sobre a Ruta da Pedra e da Auga ou dos muíños do concello.
    Redacción Salnés