09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
Mércores, 29 Novembro 2017 18:47

Amicos participa no programa Erasmus +

RIBEIRA> Na experiencia, que busca a integración das persoas con algún tipo de diversidade funcional nas aulas, participan tamén colectivos de discapacidade de distintos paises europeos. A Asociación Amicos participa con outros colectivos de atención a persoas con discapacidade de Reino Unido, Turquía, Romanía, Portugal e Grecia nun proxecto denominado “O Cambio Comeza con nós” que persegue mellorar a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas. No acto de presentación do programa participaron o Xefe Territorial da consellería de Educación, Indalecio Cabana, o aldalde de Ribeira, Manuel Ruiz, ou a propia presidenta de Amicos, Esther Vidal. Todos eles valoraron a importancia do proxecto e o feito de acadar unha integración real nas aulas. O proxecto, que constará de varias fases e encontros internacionais, desenvolverase ó longo dos dous próximos anos, na busca de solucións en común implementadas xa con éxito noutros países do noso entorno.
RIBEIRA> A CIG vén de convocar unha folga nos servizos de garda da área de medicina interna e hospitalización a domicilio do hospital do Barbanza. Reclaman a presenza de dous facultativos por quenda, en lugar de un, para garantir a calidade asistencial.
RIBEIRA> Rosa Sanlés Sanmartín foi a gañadora do premio do concurso de debuxo escolar de Nadal organizado polo concello de Ribeira. A obra desta usuaria de AMICOS converterase en imaxe de toda a cartelería navideña editada polo concello.
RIBEIRA> A mostra será inaugurada este próximo venres na casa do concello de Ribeira. Co gallo do seu trinta e cinco aniversario, AMBAR amosará parte da historia deste gran proxecto a través dunha exposición retrospectiva que se poderá visitar ata o 15 de decembro na casa do concello. A mostra estará composta por quince obras elaboradas no taller de Ambar que combinan texto, pintura e fotografía. A intención do concello é seguir a colaborar non só na organización de actos conmemorativos senón na toma de medidas para conseguir unha accesibilidade real. A apertura da mostra terá lugar este venres ás sete da tarde.
RIBEIRA> A CIG do Barbanza celebrou unha manifestación contra a violencia de xénero. Con este acto, ó que asistiron os delegados sindicais na comarca, a organización reclama maior igualdade no ámbito laboral para acabar co acoso no traballo que sofren as mulleres.
RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha serie de actividades que buscan fomentar a igualdade dende a base. A maior parte das iniciativas están dirixidas a nenos aínda que tamén se oferta un curso de autodefensa para adultos.
RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
Mércores, 15 Novembro 2017 17:59

Pouco percebe na apertura da campaña en Aguiño

RIBEIRA> Mal arranque da campaña do percebe en Aguiño. Os mariscadores regresaban á lonxa con malas impresións ó constatar a escaseza de recurso na zona de Sagres e Sálvora.
RIBEIRA> Quince anos despois da catástrofe do Prestige, apenas se constata a presenza de restos de fuel na costa galega. A pesar da rápida recuperación das zonas afectadas, os mariñeiros entenden que o chapapote que aínda permanece nos fondos mariños si ten afectado á produtividade.
RIBEIRA> Xa se poden retirar as entradas para o Encontro dos Maiores de Ribeira que se desenvolverá o tres de decembro no pavillón municipal da Fieteira. Os interesados en reservar a súa praza poden facelo nas oficinas de recadación do concello.
RIBEIRA> O BNG de Ribeira critica que se destine unha partida de corenta e seis mil euros a financiar o xantar dos maiores. Propoñen que se invistan estes fondos en axudas ó transporte público.
Páxina 1 de 84
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook