09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> A segunda BTT Ruta do Viño Rías Baixas, espera recibir no Condado do Tea a 250 ciclistas o 22 de outubro. Esta mañá o Pazo de Mugartegui de Pontevedra acolleu a presentación dun circuíto que percorre fundamentalmente o concello de Arbo. A segunda BTT Ruta do Viño Rias Baixas contará cun itinerario de 45 quilómetros e dificultade media, que discorrerá entre as bodegas socias do DO Rías Baixas ,As Laxas, Pazo Pondal, e Marqués de Vizhoja. Unha proba que se presentou hoxe no Pazo de Mugartegui de Pontevedra. Tal e como explicou o presidente da Ruta do Viño Rias Baixas, o éxito da ruta do ano pasado fixo que decidisen repetir, e nesta ocasión, elixiron a subzona do Condado do Tea, e máis concretamente no concello de Arbo. A iniciativa conta co patrocinio de El Corte Inglés, que se encargará dos puntos de avituallamento. As inscricións xa se poden realizar a través da páxina web “bttrutavinoriasbaixas.com”. Trala carreira, o 22 de outubro, repartiránse entre os ciclistas enopacks que consisten en visitas ás bodegas asociadas á Ruta do Viño Rias Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A caravana do enoturismo chegou hoxe a Pontevedra. Durante todo o día, a praza de España acolleu a visita deste enotruck, que percorre as cidades galegas achegando a oferta turística das cinco rutas do viño da comunidade aos potenciais usuarios. Explicacións, catas e incluso un concerto, compoñen esta acción promocional. As Rutas do Viño Galegas, preparadas para sacar á rúa todos os seus encantos. Concentrando exemplos das súas propostas nun enotruck, levan unha semana percorrendo as principais cidades da comunidade. Hoxe, a parada foi en Pontevedra. As Rutas do Viño Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Ribeiro demostraron o seu tirón, colgando o cartel de cheo nas catas que acolle o enotruck. E é que as catas son a actividade estrela desta acción promocional. Nelas, os participantes poden realizar unha viaxe polas diferentes Denominacións de Orixe a través dalgúns dos seus caldos. Sempre guiados pola sumiller Mercedes González. Esta actividade nace da iniciativa da marca paraugas Enoturismo en Galicia, que aúna as cinco Rutas do Viño. Tamén conta co apoio do Clúster de Turismo e de Turismo de Galicia, que decidiron optar pola proactividade para atraer potenciais enoturistas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e pola xerente desta entidade.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A maxia, a bicicleta en familia e as actividades accesibles son as principais novidades que nos oferta o programa deste 2017 da Ruta do Viño Rías Baixas. A vindeira cita terá lugar o 10 de marzo con motivo do día da muller. Nesa xornada a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrecerá unha cata para mulleres no Pazo de Mugartegui.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Unha actividade accesible coa asociación Down Santiago, unha cata a bordo dun catamarán e a V Cata Amateur, compoñen o programa co que a Ruta do Viño Rías Baixas conmemora o Día Europeo do Enoturismo.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Novo galardón para a Ruta do Viño Rías Baixas. Acevin ven de recoñecer a aposta pola accesibilidade da asociación, premiando o obradoiro de memoria sensorial para invidentes desenvolvido o ano pasado. Hoxe, a súa xerente contábanos que a intención da Ruta é seguir neste camiño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Xoves, 18 Agosto 2016 18:42

A Ruta do Viño estrea imaxe online

PONTEVEDRA> A Ruta do Viño estrea imaxe online. A asociación presentou a súa nova páxina web, un portal máis accesible e con máis servizos para o posible visitante. Ademais dun deseño renovado, a principal novidade é a incorporación dunha ferramenta que permite ao usuario deseñar o seu propio percorrido para visitar a ruta.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> A Ruta do Viño Rías Baixas traballa arreo para preparar a súa primeira carreira popular.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Venres, 20 Mai 2016 15:17

A Ruta do Viño xa ten cupón da ONCE

PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas xa conta co seu propio cupón da ONCE. A organización dedica a esta ruta enolóxica 5,5 millóns de cupóns, en recoñecemento á súa aposta pola accesibilidade para todas as persoas. O sorteo será o mércores 25 de maio.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> A Ruta do Viño Rías Baixas continúa co seu propósito de encher o ano con actividades relacionadas co mundo vitivinícola. Co mes de setembro, a asociación estrea a “Ruta da Vendima”, un novo programa que propón dende descensos en kaiak polo Umia ata unha iniciativa para vivir en directo unha xornada de vendima.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas únese a unha nova edición da Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Por terceiro ano, 27 adegas da Denominación de Orixe abrirán as súas instalacións ao público xeral os días 31 de maio e 1 de xuño, ofrecéndolles un amplo programa de actividades.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Ruta do Viño Top of Page

Síguenos en facebook