09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Precisamente con motivos deste aumento da poboación durante estas festas, o concello de Sanxenxo reforza a seguridade no seu porto deportivo nas noites da Semana Santa. O obxectivo é evitar que se produzan altercados vencellados co ocio nocturno. Os vixiantes estarán no peirao durante as noites, entre xoves santo e o próximo domingo. A enorme afluencia de persoas que rexistra este equipamento público durante a Semana Santa obriga a aumentar a vixilancia para velar polo bo uso das instalacións, e así garantir a compatibilidade dun ocio de calidade coa actividade do porto. Nesta caso, os vixilantes de seguridade privados pasan dun reforzo de seis, que era o que se tiña o ano pasado por estas datas, a un total de dez efectivos. Éstes estarán do xoves ó domingo, desde as doce da noite ás oito da mañá. O alcalde explicou tamén que durante estes días, facilitarán a circulación na rúa Luis Rocafort, que se atopa en obras. onzalo Pita animou ós veciños e visitantes a disfrutan en Sanxenxo desde días e fixo un chamamento para que isto se faga sempre con respecto cara ós demais cidadáns.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> A procesión das Dores e a tradicional Bendición de Ramos marcaron o inicio da Semana Santa. Os concellos do Barbanza celebraron con diversos actos a entrada de Xesús en Xerusalén. En Noia fixérono coa procesión da Borriquiña.
RIBEIRA> Dúas procesións, a do Paso e o Santo Enterro, conforman os principais actos da Semana Santa de Ribeira. Están previstas ademais numerosas celebracións relixiosas que darán comezo este domingo de Ramos.
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra agardan unha ocupación do 75 por cento para a Semana Santa nas Rías Baixas. A presidenta dixo esta mañá que se agarda a mellor Semana Santa dos últimos anos para a provincia. Concellos como os de Sanxenxo, Pontevedra ou O Grove estarán rozando o cheo durante este periodo vacacional.
Publicado en PONTEVEDRA
PORTO DO SON> A capela da Atalaia acolleu a presentación dos actos da Semana Santa de Porto do Son. Ademais das citas habituais, o programa inclúe diversas novidades como un paso infantil ou a incorporación de mulleres costaleiras na procesión das Dores.
BOIRO> A Semana Santa de Boiro estará dedicada este ano á Virxe da Amargura. Esta imaxe sairá o Xoves Santo trala procesión da Soedade. O desencontro entre o párroco e a Irmandade do Cristo da Misericordia motivou que ámbolos dous pasos non compartan procesión, tal e como fixeran o pasado ano.
NOIA> A Semana Santa de Noia recupera este ano o Desencravo que se suma ós numerosos actos litúrxicos que acollerá a vila. Non é a única novidade xa que o cartel deste ano é o resultado do primeiro concurso de carteis ó que concorreron máis de trinta obras.
Mércores, 23 Marzo 2016 18:59

Sanxenxo roza o cheo por Semana Santa

SANXENXO> Cos festivos de Semana Santa enriba e moitos afortunados que xa puideron desfrutar das vacacións dende o fin de semana pasado non é de estrañar que Sanxenxo estea de novo rozando o cheo. O paseo ateigado de xente, terrazas sen un oco libre e bastantes aventureiros que se meten na auga da praia de Silgar é a estampa que nos deixa a vila durante estes días.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Venres, 18 Marzo 2016 19:09

A Semana Santa arrinca a medio gas

Publicado en portada
Venres, 18 Marzo 2016 19:01

A Semana Santa arrinca a medio gas

O GROVE> Moitos de vostedes xa estarán pensando nas vacacións. Esta tarde arrincou a primeira gran cita do ano para o sector hostaleiro: a Semana Santa. A falta das reservas de última hora, a Deputación de Pontevedra estima que a ocupación hoteleira será aproximadamente do 70%. Unha cifra moi semellante ás que manexan os hostaleiros de O Grove, unha das vilas máis turísticas da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> A Semana Santa máis antiga da comarca, a da Pobra, arranca este venres as súas celebración coa Procesión das Dores. As parroquias do Caramiñal e do Deán colaboran na organización de distintas procesións e actos litúrxicos que converten á da Pobra nunha das semanas santas con máis actividades de toda Galicia.
Páxina 1 de 3
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Semana Santa Top of Page

Síguenos en facebook