• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CAMBADOS> O establecemento Kebab, situado na rúa Os Pios de Cambados, abriu durante toda a Semana Santa, eludindo a notificación de peche que lle fixo chegar o pasado día 12 o concello cambadés, en cumprimento dunha sentenza xudicial. Os veciños afectados, polos malos cheiros e os ruídos do local, continúan sen poder durmir polas noites. Hoxe acompañámolos a presentar un escrito de protesta no consistorio. Hai unhas semanas comprobabamos en primeira persoa, como este Kebab da rúa Os Pios de Cambados fai a vida imposible a vida destes veciños. Ruídos a altas horas da madrugada, e cheiros que entran por calquera burato dos seus fogares, debido a un problema na condución do aire. O pasado día 12 de abril, o concello de Cambados notificou ó xerente do local hostaleiro a orde de peche, mentres non se solucionan estes problemas. A orde cumpre unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra. Tras continuar sufrindo durante toda a Semana Santa, e onte mesmo, esta mañá acompañamos ós veciños afectados a presentar un escrito no concello cambadés. Esta mañá puidemos falar tamén co concelleiro de economía e comercio, que asegura que o concello non pode facer máis que acatar as sentenzas xudiciais, pero non facerse responsable de que o encargado do local non cumpra coa lei. O concelleiro explicou ademais que os veciños presentaron dúas demandas diferentes, e que nunha delas aínda non hai resolución. Os veciños contestan que os dous procesos son independientes, e que coa sentenza na man do Número 1 o local ten que permanecer pechado. Consideran tamén que o concello debería terse asegurado de que o Kebab cumpre coa notificación de peche que lle fixeron chegar. Coa polémica sobre a mesa, e á espera da cómo evolucionen os feitos, os malos fumes continúan nesta rúa dos Pios cambadesa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> Cinco anos e catro meses de cárcere. Esa é a sentenza ditada pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña contra o exdirector da antiga sucursal de Caixabank na Pobra, Francisco Javier Otero García. O Tribunal considérao culpable dun delito de falsidade de documento mercantil e dun delito continuado de estafa. Queda por tanto probado que existiu unha estafa próxima ós dous millóns de euros que afectou a unha decena de clientes desta sucursal bancaria. Tratábase na súa maioría de persoas de avanzada idade, que confiaron os seus aforros nel, debido á confianza e á boa relación que mantiñan co acusado. O fallo xudicial obriga tamén á entidade bancaria, neste caso Caixabank, coma responsable subsidiaria, a devolver todo o diñeiro ós clientes estafados.
RIBEIRA> Unha sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Santiago recoñece a improcedencia do despedimento dun traballador da firma ribeirense Pesquerías Lijó.
RIBEIRA> Os nacionalistas queren que o alcalde dea as explicacións oportunas en relación á sanción imposta ó Concello polo TSXG por un vertido da decantadora do Touro que afectou a varios polígonos de bateas.
MUROS> Unha sentenza obriga á alcaldesa de Muros, Caridad González, a levar a pleno unha proposta do grupo de non adscritos para reducir a suba do IBI.
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Sentenza Top of Page

Síguenos en facebook