• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Ningún vilagarcián en dificultades económicas quedará sen luz ou gas. Este é o obxectivo do convenio asinado hoxe entre a empresa Gas Natural Fenosa e o concello de Vilagarcía. Segundo o acordo, Ravella asumirá o pagamento das facturas das persoas vulnerables que soliciten axuda nos servizos sociais municipais.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Luns, 15 Febreiro 2016 19:46

Ribeira homenaxeará ás peixeiras

RIBEIRA> Será o próximo sete de marzo conmemorando o Día Internacional da Muller Traballadora.
RIBEIRA> O concello de Ribeira dá un paso máis na mellora dos servizos sociais a través da aprobación definitiva da ordenanza de inclusión social. Esta norma vén regular unha serie de recursos e prestacións económicas para garantir o acceso ós servizos básicos de tódolos cidadáns.
BARBANZA> Representantes de máis de setenta entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia asistiron esta mañá na sede da Deputación da Coruña ó acto de presentación da nova convocatoria do programa de axudas deste organismo en materia de servizos sociais. Foi precisamente a deputada responsable desta área, a nacionalista Ánxela Franco, a que, xunto con varias técnicas do servizo, explicaron as principais novidades da nova convocatoria para o ámbito sociosanitario e tamén de igualdade. Franco anunciou tamén o novo plan que a Deputación botará a andar para a mellora de infraestructuras das propias entidades, unha iniciativa que buscará adaptar os centros ós novos requisitos que precisan para optaren a axudas públicas. Neste sendo aludiu a que a redución de subvencións nominativas permitiu que nesta edición se incrementaran as cantidades das axudas que pasan a ser de corenta mil euros e tamén a posibilidade do novo plan de infraestructuras que é unha demanda e unha necesidade desta área.
RIANXO> O executivo rianxeiro levará ó próximo pleno unha proposta de modificación das taxas municipais para que os beneficiarios da RISGA non paguen auga nin saneamento. Con esta medida, que pretenden facer efectiva a partir de xaneiro, o concello pretende paliar os efectos da crise naqueles veciños con maiores necesidades.
BOIRO> O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, presidiu o xantar da terceira idade de Boiro. Ó convite, celebrado no pavillón de Barraña e servido polo restaurante Chicolino, asistiron uns setecentos maiores.
BOIRO> O concello de Boiro reclamará á ex responsable de Servizos Sociais o diñeiro defraudado no exercicio do seu cargo. Mentres tanto, a antiga encargada do departamento presentou un recurso de reposición contra o seu despedimento.
Publicado en portada
BOIRO> A empregada municipal fora apartada do seu posto de traballo en febreiro pasado ó coñecerse que cobraba pola prestación de servizos de asistencia domiciliaria de xeito paralelo.
Publicado en portada
Páxina 1 de 3
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Servizos Sociais Top of Page

Síguenos en facebook