• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Mércores, 13 Setembro 2017 10:35

Os festivos locais a consulta popular en Cuntis

CUNTIS> O concello de Cuntis volve dar mostra da súa cultura democrática facendo partícipes ós seus veciños das decisións que se toman no consistorio. Nesta ocasión o motivo da consulta popular que se está a realizar, desde onte e ata o xoves. son os festivos locais. E como é habitual con este tipo de cuestións, aquí, tampouco hai consenso . Son algunhas das datas que se inclúen na papeleta coa que desde onte os veciños de Cuntis poden participar na Consulta Popular sobre os festivos locais para o 2018. E como ven, preguntando ós veciños do concello, non atopamos consenso. Na papeleta hai tres opcións, máis unha libre na que os cidadáns poden poñer outra preferencia. A votación comezou onte, e os veciños teñen ata o xoves a mediodía, para expresar a súa preferencia nas urnas ubicadas no concello e na oficina de Turismo, ou ben facelo telemáticamente. Non era a primeira vez que empregan este tipo de sistema para tomar decisións, xa o fixeron, telematicamente, para elixir a imaxe da oficina de Turismo, así como cos orzamentos participativos, onde poden opinar os veciños. E eles, encantados de facelo . Aínda, que non todos o ven do mesmo xeito. Haberá que agardar ó xoves, cando pechen as urnas e se contabilice o resultado, para coñecer qué días descansarán o próximo ano estes veciños. Aínda que algúns, de momento, teñan as súas dúbidas sobre a noticia…
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A inauguración da pista de Skaterpark en Mollabao, Pontevedra, converteuse nun escrache en toda regra. Veciños do lugar increparon ao concelleiro de Obras ao non entender por qué se eliminou a pista de fútbol sala por unha zona para a práctica do skate. Dende a Asociación Mollabao Sí non están conformes coa maneira na que actuaron estes veciños pero entenden o seu malestar.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Pleno ordinario do concello de Pontevedra con presenza de membros da Plataforma o rural existe no Teatro Principal. Os veciños demandan que sexan escoitados, o Goberno Local di que realiza un gran investimento nestes espazos de Pontevedra e a oposición criticou duramente a acción do Goberno nesta e noutras materias tildandoo de estar nun continua parálise administrativa.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A nova plataforma veciñal O rural Existe estivo hoxe presente no Pleno da Deputación. Non tiveron a oportunidade de falar porque non o solicitaron en tempo e forma. Ante os medios dende esta plataforma lembran aos mandatarios que o rural ten moitas máis prioridades que a construción de lombos, din que seguridade sí pero saneamento tamén.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O BNG de Ribeira recolle a preocupación dos veciños de Palmeira pola instalación dunha antena de telefonía móbil preto do campo de fútbol. Segundo os nacionalistas na dita zona xa existe outra antena, mais a que se pretende instalar agora vai ser moito máis potente e non se está tendo en conta a opinión da veciñanza para a súa colocación. Tanto o BNG como os propios veciños consideran que a dita instalación podería situarse nun lugar máis afastado e reducir as radiacións electromagnéticas que poden prexudicar a saúde. Os nacionalistas teñen intención ademais de realizar unha pregunta ó respecto no pleno do próximo luns para coñecer se a empresa xa solicitou permiso para a instalación da dita antena.
CAMBADOS> O establecemento Kebab, situado na rúa Os Pios de Cambados, abriu durante toda a Semana Santa, eludindo a notificación de peche que lle fixo chegar o pasado día 12 o concello cambadés, en cumprimento dunha sentenza xudicial. Os veciños afectados, polos malos cheiros e os ruídos do local, continúan sen poder durmir polas noites. Hoxe acompañámolos a presentar un escrito de protesta no consistorio. Hai unhas semanas comprobabamos en primeira persoa, como este Kebab da rúa Os Pios de Cambados fai a vida imposible a vida destes veciños. Ruídos a altas horas da madrugada, e cheiros que entran por calquera burato dos seus fogares, debido a un problema na condución do aire. O pasado día 12 de abril, o concello de Cambados notificou ó xerente do local hostaleiro a orde de peche, mentres non se solucionan estes problemas. A orde cumpre unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra. Tras continuar sufrindo durante toda a Semana Santa, e onte mesmo, esta mañá acompañamos ós veciños afectados a presentar un escrito no concello cambadés. Esta mañá puidemos falar tamén co concelleiro de economía e comercio, que asegura que o concello non pode facer máis que acatar as sentenzas xudiciais, pero non facerse responsable de que o encargado do local non cumpra coa lei. O concelleiro explicou ademais que os veciños presentaron dúas demandas diferentes, e que nunha delas aínda non hai resolución. Os veciños contestan que os dous procesos son independientes, e que coa sentenza na man do Número 1 o local ten que permanecer pechado. Consideran tamén que o concello debería terse asegurado de que o Kebab cumpre coa notificación de peche que lle fixeron chegar. Coa polémica sobre a mesa, e á espera da cómo evolucionen os feitos, os malos fumes continúan nesta rúa dos Pios cambadesa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, visitou esta mañá Vilagarcía de Arousa onde incidiu na necesidade de que a vila conte cun centro de saúde en condicións, e defendeu a proposta do executivo de Alberto Varela, de que o solar da antiga Comandancia da Mariña albergue o futuro novo centro de saúde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MORAÑA> Membros do Partido Popular provincial visitaron este mércores a estrada Rebón, na parroquia de O Vexildo, pertencente a Moraña. Alí charlaron con varios veciños afectados pola paralización da variante de Rebón, que estaba aprobada na anterior lexislatura da Deputación de Pontevedra, e que actualmente a administración provincial suspendeu, segundo din dende as filas populares sen ningún tipo de explicación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Os representantes das dúas formacións políticas trasladaranlle a Fomento e a ADIF as reclamacións realizadas polos veciños, esixíndolle que se restitúan as súas propiedades ó seu estado orixinal, antes do inicio da actuación.
CAMBADOS> A demanda dos veciños de O Couto en Cambados xa é unha realidade. Este venres o edil cambadés Xosé Ramón Abal visitaba a obra que se está a levar nesta parroquia e comprobaba in situ como avanzan os traballos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Unha perigosa fuga de gas obrigou a desaloxar tres edificios da rúa Rosalía de Castro en Vilagarcía. Ademais a coñecida rúa estivo pechada ao tráfico durante varias horas, ocasionando importantes atascos. O servizo de gas as casas non foi restablecido ata altas horas da madrugada. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> As instalacións do Centro Sociocultural e o Club de Remo de Vilaxoán sufriron por segunda vez en menos dun mes dous roubos. Nesta ocasión os danos causados non están tarifados aínda que dende a asociación de veciños de Vilaxoán sinalan que facilmente poderían ascender a algo máis de 8000 euros en total. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 3
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Veciños Top of Page

Síguenos en facebook