Vendima entre escampada e escampada

{flowplayer img=images/ano2013/09setembro/26/vendima_mar_frades.jpg}images/ano2013/09setembro/26/vendima_mar_frades.mp4{/flowplayer} O sol volveu a saír hoxe e algunhas das adegas do Salnés aproveitaron para iniciar a súa vendima. Na cooperativa Martín Códax empezaron a apañar uva para o pé de cuba e continuarán a vendima a vindeira semana. Noutras, como Mar de Frades, apurouse ó máximo a recollida nos viñedos máis maduros. Un grao alcohólico de 10,8 e unha acidez de 8 e medio, marcan para a adega Mar de Frades o punto óptimo de maduración. E a el xa chegaron varias das parcelas dos seus viticultores, por iso hoxe arrancaron coa vendima. A enóloga de Mar de Frades, Paula Fandiño, apunta que nas parcelas coas que traballan a maduración foi case inmediata xa esta pasada fin de semana. Tiñan pensado comezar a apañar as uvas onte, pero impediuno a chuvia, coma sempre unha convidada nada desexada na vendima. A vendima en Mar de Frades podería prolongarse ata o 12 de outubro. As previsións nesta adega son chegar ou incluso superar o millón de quilos de uva.