• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCÍA> Vilagarcía poderá liberarse tres anos antes do previsto Plan de Axuste que fora aprobado polo anterior grupo de goberno. A medida permitirá que o concello evite unha suba anual do 2 por cento dos impostos ó cidadáns. O prazo do plan de axuste aprobado polo anterior grupo de goberno en Vilagarcía, liderado polo popular Tomás Fole, expira no ano 2020. Aínda así, desde Ravella aseguran que o concello poderá liberarse da débeda tres anos antes do previsto, neste mesmo ano. Pero en que consistía este plan de axuste? Pero o que lles interesa ós cidadáns é saber se esta liberación do plan terá unha consecuencia positiva para o peto dos vilagarciáns, e efectivamente é así. A débeda que mantiña o concello vilagarciá cos seus provedores en 2012 ascendía a 4,4 millóns de euros, a maioría pequenas e medianas empresas. E agora o goberno liderado polo socialista Alberto Varela, asegura que a correcta xestión das finanzas municipais permitiu que se xenerase un superavit que se destinará a amortizar o que queda pendente do crédito do 2012, que ascendía a 1,5 millóns de euros. Esta operación precisa do visto bo do pleno que se celebrará a próxima semana.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés concentrouse esta mañá ás portas da sede de Facenda en Vilagarcía, para anunciar que gañaron unha batalla fronte ó gobernó español, a través dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero que aínda queda moita guerra para conseguir un trato xusto e igualitario para estes xubilados. Non é a primeira vitoria legal do colectivo, xa que en decembro do ano pasado explicaron que o Tribunial Superior de Xustiza de Galicia xa fallara que o Estado Español non pode cobrar polas pensións a quen traballase en Alemaña durante o periodo de vixencia do acordó bilateral España-Alemaña, sempre e cando xa paguen impostos no país xermano. Xa entón a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, anunciaba que interporía máis demandas similares no Alto Tribunal nos casos de que os afectados xa tributasen no seu país de orixen, aínda que éste non fose Alemaña. Nesta ocasión, a sentenza é favorable para Adelina. Unha vitoria que supón unha batalla legal gañada para Adelin, pero a plataforma esixe que esta situación sexa igual para tódolos emigrantes retornados sen ter que denuncar de xeito individual. Posto que ó ser sentenza do Tribunal galego non senta xurisprudencia, e por iso. continuarán coas súas peticións. O voceiro da Plataforma explicou esta mañá que son xa ducias as sentenzas que lles dan a razón, e non entenden a qué esperan para modificar a Lei 35/2006. Desde a Plataforma do Salnés aproveitaron tamén para anunciar que o próximo 13 de outubro haberá unha manifestación nacional por este motivo, que terá lugar na localidade ourensá de O Carballiño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Asesoramento xurídico, social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero. É o obxectivo do programa Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, que vén de recibir unha aportación de 24.000 euros por parte da Obra Social de La Caixa. 214 mulleres de toda Galicia, están a recibir, xa desde o ano 2010, apoio xurídico, social e laboral, a través do proxecto Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, con sede en Vilagarcía. O director da Área de Negocio de Pontevedra reiterou o compromiso da Obra sOCial de La Caixa con este tipo de causas. Nesta ocasión a Obra Social de la Caixa aportou 24.000 euros a esta programa de Galicia en Igualdade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Se queren aforrar en non saben como facelo, este xoves celebrarase unha charla coloquio baixo o título "cinco claves para o éxito" no Auditorio de Vilagarcía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía continúa coa súa aposta pola humanización das rúas do municipio. Se o plan está xa implantado en varias rúas do centro da cidade, unha vez que remate a peonalización da zona das Prazas de Galicia e a Independencia, a intención de Ravella é trasladar este modelo ás parroquias de Carril e Vilaxoán. É sen dúbida un dos grandes obxectivos do goberno que dirixe Alberto Varela en Vilagarcía, converter a cidade nun espazo para as persoas, e non para os vehículos. Un modelo humanizado de cidade, que terá como próximo paso a contorna das prazas de Galicia e a Independencia, pero que tamén, desde Ravella teñen pensado ampliar ás parroquias do concello, en concreto a Carril e Vilaxoán. Paola María asegura que están a analizar as dúas intervencións economicamente, para tomar a mellor decisión. Actuacións, tanto as de Carril como as de Vilaxoán, que realizarán con fondos Feder pero non descartan outro tipo de axudas. A humanización non implica sempre a peonalización total das rúas, senón que implica tamén o adecentamento das mesmas. Nestes momentos o asunto está en mans do arquitecto municipal que analiza as actuacións a realizar, e que previsiblemente comezarán en Carril pola rúa Aduana, paralela á xa peonalizada rúa do Carme.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Venres, 15 Setembro 2017 19:45

"Compartir lévache mais lonxe "

VILAGARCÍA> “Compartir lévache máis lonxe”, unha frase que podería aplicarse a moitos ámbitos da vida, pero neste caso é o lema da Semana Europea da Mobilidade deste ano. O concello de Vilagarcía súmase á iniciativa cun programa cheo de actividades, do 16 ó 22 de setembro. Ademais, desde Ravella, anunciaron esta mañá importantes medidas para continuar coa súa aposta por unha cidade para as persoas. Circuitos en bici e a pe, obradoiros de arranxo de bicicletas, charlas de educación viaria, e un paseo nocturno, son as actividades que organiza o concello de Vilagarcía pola Semana Europea da Mobilidade, que se celebra do 16 ó 22 de setembro, e que esta mañá se presentaron no consistorio. Actividades que organiza o concello coa colaboración da Policía Local e tamén de Arousa en Bici. Unha conciencia coa mobilidade e a accesibilidade pola que o goberno local aposta desde que comezou o seu mandato. A concelleira de urbanismo anunciou tamén outras medidas que Ravella levará a cabo proximamente para seguir mellorando neste sentido. Como o pasar de 5 a dez estacións de Vai Bike antes de que remate o ano, a mellora das marquesiñas de autobús, continuar co plan de peonalización, cuxo próximo tramo é a praza de Galicia, levar a Zona 30, xa instalada no centro, a Vilaxoán e Carril, ampliar o carril bici do casco urbano, ou acondicionar o xa existente no paseo marítimo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Partido Popular sae ó paso das críticas da oposición no Salnés á reforma da Lei de Saúde Pública. Representantes do partido na comarca, asistiron esta mañá en Vilagarcía a unha reunión con representantes do PP Provincial. Trala mesma, ante os medios de comunicación, aseguraron que esta reforma favorece ás persoas e negan que o Hospital do Salnés vaia perder autonomía. Os representantes do PP de Cambados, Ribadumia, Vilagarcía, e o presidente da Mancomunidade do Salnés asistiron esta mañá en Vilagarcía a unha reunión co Partido Popular provincial, para explicar trala mesma con detalle a reforma da Lei de Saúde Pública. Os populares saen ó paso das críticas dos alcaldes da oposición no Salnés, que aseguran que coa nova lei, que elimina o actual mapa das áreas sanitarias, os Hospital da comarca perderá autonomía. Desde o pp provincial, aseguraron esta mañá todo o contrario, e afirmaron que esta reforma favorecerá ós cidadáns. O deputado Aurelio Núñez explicou que con esto se pretende blindar a existencia dos hospitais comarcais. Cada distrito terá que ter un centro deste tipo, e facilitará o incremento dos recursos e facilidade para desprazas especialistas entre centros da mesma área. O deputado destacou tamén que desde o ano 2012 os hospitais comarcais atenderon 260.000 consultas en Galicia, e a Xunta investiu 20 millóns de euros nestes centros. A deputada Marta Rodríguez subliñou que no Salnés en concreto, investíronse 9 millóns de euros. Pola súa banda, o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, cualificou de vergoña que se queira dar a entender que o PP queira acabar co Hospital do Salnés, cando foi este partido o que conseguiu sacar adiante o centro e amplialo. Desde o PP provincial afirmaron tamén que terán reunións con alcaldes e representantes municipais da zona para aclarar calquera dúbida respecto dos cambios que suporá este reforma para o hospital da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Martes, 12 Setembro 2017 14:08

Unha volta ao cole con viaxe no tempo

VILAGARCÍA> Con esta volta ás aulas, e para moitos, a súa primeira vez no cole, chegaron os choros nalgúns casos, e os reencontros felices para outros. Pero os que sen dúbida viviron unha gran xornada foron os alumnos e alumnas do colexio de Rubiáns en Vilagarcía. Como cada ano, o primeiro día de clases céntrase na realización de xogos de benvida coa temática de cada ano, neste curso toca a Historia. Cabaleiros con jabalina… Arqueólogos…. Carreiras de sacos, ou lanzamento de disco..son algunhas das actividades que forman parte do proxecto “Sabela viaxa no tempo”, e que organizou o colexio de Rubiáns, para recibir ós seus alumnos na primeira xornada de cole. Algo habitual neste centro vilagarciá, cada ano coa temática elixida, e este curso, é a historia. Unha xornada divertida que para a maioría fixo moito máis levadeira a volta ó cole. Aínda que parece que estes rapaces son tan aplicados, que non lles fai falta. Aínda que sempre atopamos algún que outro…que preferiría esta mañá quedar entre as sabas…e seguir desfrutando das vacacións. Con este novo proxecto baseado na historia, o colexio de Rubiáns pretende conseguir o éxito acadado co proxecto do ano pasado, “O mar de Sabela”, centrado no mundo mariño, e co que veñen de gañar o Premio Proxecta da Consellería de Educación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía recibe ente dúas e tres denuncias ó día por infraccións de vehículos en rúas peonís. Ravella continúa coa súa aposta por unha cidade deseñada para as persoas, algo que parece que os coches non acaban de comprender nin respectar este modelo. A peonalización das rúas e prazas do centro urbano de Vilagarcía é unha das apostas claras do goberno da capital arousá. Incrementada nos últimos anos polo goberno do socialista Alberto Varela. Unha idea que reciben de boa gana comerciantes e cidadáns na súa maioría, pero que se atopa con reticencias se falamos dos condutores dos vehículos que teñen que circular polo centro. As cifras déixano claro. Isto supón unhas dúas ou tres denuncias á semana por parte de condutores imprudentes, que se poden estar expoñendo a multas de entre 100 ou 200 euros. As infraccións principais das multas cursadas foron por estacionamentos non permitidos. Desde Ravella teñen claro que seguirán apostan por unha cidade para os peóns, e por iso pronto anunciarán novas medidas para tentar reducir este tipo de infraccións. Aínda así, a peonalización continúa avanzando en Vilagarcía, e a próxima fase que prepara o goberno local é a da praza de Galicia, e o seu entorno, un dos espazos máis emblemáticos da cidade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A volta ó cole convértese nun período complicado, sobre todo para os proxenitores, pero para os cativos, cando menos para os de Vilagarcía, convértese nunha verdadeira festa. E é que o concello organiza esta semana previa á incorporación escolar unha gran festa infantil para dar a benvida ó novo curso con ilusión e diversión. Eles quizais non sexan conscientes, pero están a celebrar a volta ó cole. total qué niño nombre fiesta E é que esta festa infantil organizada polo concello de Vilagarcía na praza do Auditorio, durante as mañás desde onte e ata o xoves, leva por nome precisamente, “Volta ao Cole. Entre lusco e fusco”. Desde a concellería de Xuventude e Zona Aberta queren ofrecer ós máis pequenos catro xornadas de máxima diversión ó tempo que se van familiarizando coas actividades da rutina diaria. Eles, encantados, e os seus pais, tamén. Hai algúns que preferirían vivir nunha eterna festa coma ésta, antes de volver ó cole. Pero coma sempre, alumnos e alumnas aplicadas, tamén haí . Mañá continúa a festa Entre lusco e Fusco, nesta praza do Auditori vilagarciá, de once a dúas pola mañá, e de cinco a oito pola tarde. Tódalas actividades son gratuitas e están controladas por monitores. Hai tamén unha zona baby para nenos a partir dos dous anos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA>Boas novas para dous dos centros educativos de Vilagarcía. O Piñeiriño contará cun comedor escolar antes de que remate este curso, e o Castro Alobre verá reformado o seu pavillón deportivo antes de que remate o ano. Son os dous compromisos que adquiriu esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, durante unha visita ó instituto Castro Alobre. Representantes das Comunidades Educativas do Colexio O Piñeiriño, e do Instituto Castro Alobre, de Vilagarcía, acompañaron esta mañá ó Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, durante a súa visita ó segundo dos centros educativos. Ó encontro tamén asistiron o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, o Delegado de Educación César Pérez, e o alcalde vilagarciá, Alberto Varela. A situación non era para menos, xa que tal e como destacou o rexedor, esta mañá, pechábanse dous relevantes compromisos da consellería cos centros educativos de Vilagarcía. Varela aproveitou tamén para pedir un maior compromiso da Xunta, xa que no caso do Comedor do Piñeiriño, é o proxecto cofinanciado entre as dúas institución. O espazo contará con 80 prazas e será xestionado pola ANPA. O conselleiro de Educación destacou precisamente que o entendemento entre administracións é esencial para acadar obxectivos. Con respecto á mellora do pavillón deportivo do instituto Castro Alobre, que visitaron durante o encontro, Rodríguez subliñou que terá un uso tamén fóra do horario escolar, o que permitirá sacar maior rendemento ós investimentos públicos, que no caso desta obra, corre a cargo da Xunta con orzamento de 150.000 euros. O conselleiro quixo destacar tamén diversas obras que o seu departamento está realizando noutros centros da comarca. Como os 60.000 euros que se están investindo en melloras no colexio de Vilaxoán, preto dun millón de euros no instituto Francisco Asorey de Cambados, e outro medio millón no Colexio de Mosteiro, en Meis.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Todo chega ó seu fin co remate da temporada estival, incluídos os campamentos dos máis pequenos. Esta mañá asistimos á festa de despedida dos campamento que organiza o concello de Vilagarcía. O colexio da Escardia acolleu esta cita festiva na que a Imaxinación foi a protagonista. Así é como nos explican eles o contido dos campamentos de verán que organizou a concellería de Xuventude de Vilagarcía, e que tivo este ano como lema: Imaxinaria: un mundo de fantasía. Hoxe tocaba despedida, pero qué mellor que dicir adeus a dous meses de convivencias e actiidades, que facelo cunha festa. Iso sí, dicir adeus, sempre da algo de pena… Aínda que algúns tamén estaban contentos..porque en dez días volven os encontros cos compañeiros, desta volta xa na escola… O que lles quedo claro este verán, é que nunca deberán deixar polo camiño a imaxinación que teñen agora, nin sequera cando crezan, e que por suposto, o próximo verán, repetirán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 54
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook