• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILANOVA> Vilanova non temeu á Festa do Albariño. A vila arrasou coa súa proposta tirando de espectáculo de folclore de todo o mundo. Máis de 2.000 persoas desfrutaron da proposta de O Mundo a Danzar, que os levou ata Rusia, México, Chile e Taiwan coa actuación de máis de 200 participantes. Vilanova apostou polo folclore para a súa noite de sábado. E triunfou. Máis de 2.000 persoas reuníronse no Xardín Umbrío para gozar do espectáculo de O Mundo a Danzar. Esta cita recupera o espírito da Romaría Internacional que tan bos resultados deu ao concello. Pasadas as dez e media da noite, 200 bailaríns procedentes de Taiwán, Rusia, México e Chile levaron a tradición dos seus países ata Vilanova. Con esta actuación, Vilanova pon en marcha o seu calendario festeiro, que se prolongará ata finais deste mes. A vindeira cita marcada con vermello é este venres, coa actuación da Orquestra Panorama. Outro dos atractivos da fin de semana foi a celebración da Feira da Cervexa Artesanal, que reuniu en Vilanova a seis fabricantes desta bebida, e que tamén foi un éxito de público.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O festival de rock que se celebra en Vilanova de Arousa, chega este ano a súa cuarta edición. O Rocking Vila é como os bos viños, mellora cos anos e volta a vila de Valle Inclán os días 12 e 13 de agosto, para ofrecer o mellor rock en galego. A IV Edición do Rocking Vila volta a Vilanova de Arousa para encher a vila de rock do 12 ao 13 de agosto. Un evento que se celebrará de maneira simultánea coa festa gastronómica da vila de Valle Inclán, como xa se viña facendo nas súas primeiras edicións. The Locos, Medomedá ou Ruxe Ruxe son só algúns dos grupos que conforman o cartel de esta edición. Un evento que está copatrocinado polo concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra, e que sen dúbida ten un claro valor cultural ao promocionar a nosa lingua. Como unha das principais novidades, este ano haberá variacións en canto as localizacións. Así que xa saben, anoten na axenda que teñen unha cita en Vilanova os vindeiros 12 e 13 de agosto. As entradas teñen un custe de 10 euros, mercándoas de maneira anticipada e de 15 euros na billeteira do evento.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
A Xunta duplicará o servizo de transporte público en autobús de Vilanova ó Hospital do Salnés. É unha das medida do Novo Plan de Transporte Público de Galicia que entrará en vigor o próximo 8 de agosto e que esta mañá defendeu en Vilanova a conselleira desta área, Ethel Vázquez. Unha demanda histórica dos concellos da Mancomunidade do Salnés, e que a partir do 8 de agosto será unha realidade. A necesidade de mellorar as conexións entre os distintos concellos da comarca co Centro Hospitalario do Salnés, sobre todo, desde os municipios que peor comunicación tiñan, como O Grove, Cambados ou A Illa, tal e como sinalou o alcalde vilanovés e presidente en funcións da Mancomunidade, trala reunión coa Conselleira de Transporte, Ethel Vázquez, esta mañá. A nova liña O Grove- Hospital Do Salnés reforzará os servizos municipais existentes, con 5 novas viaxes diarias de ida e volta. A medida é un dos puntos que se inclúeno no Plan de transporte Público de Galicia, a resposta da Xunta para garantir os servizos públicos de autobuses, ante a renuncia de varias empresas ás liñas destes servizos. Un plan que segundo a conselleira duplicará o número de paradas en preto de 200 concellos. Un plan que entrará en vigor o 8 de agosto, non exento de polémica. Mañá terá lugar a Mesa Galega de Transporte na que se decidirá se a folga de autobuses continúa ou non paralizada. A patronal continúa asegurando que o plan trae consigo unhas concesións que serán deficientes e que traerán inestabilidade ó sector. A conselleira contestou esta mañá que o plan garantirá o servizo á cidadanía, e que en todo caso esta situación foi provocada polas propias empresas que agora protestan. Entre hoxe e mañá quedará adxudicados tódolos novos contratos deste Plan de Transporte Público. A conselleira de Infraestruturas asegurou que o goberno galego está a analizar a fórmula xurídica para poder atender a demanda da Mancomunidade do Salnés de xestionar as liñas de transporte da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Martes, 18 Xullo 2017 18:21

Vilanova porá o mundo á danzar

VILANOVA> Douscentos artistas de Chile, México, Taiwan e Yakutia subirán ó escenario de O Mundo a Danzar, un espectáculo que nace dun proxecto común entre Portugal e Galicia, e que recala en Vilanova o vindeiro 5 de agosto. Esta mañá presentouse no concello villanovés. Vilanova recupera as danzas tradicionais do mundo que durante anos atraían a multitudes á vila coa Romaría Internacional. O espíritu da proposta regresa ó concello aínda que con outro nome: O mundo a danzar. Vilanova adheríuse este ano á asociación que organiza este espectáculo itinerante que, de Portugal traspasa a fronteira a Galicia. A caravana de artistas chegará o 5 de agosto a Vilanova, cun cartel conformado por grupos de Chile, México, Taiwan e Yakutia. Esta mañá presentouse o evento no concello de Vilanova. Ó acto tamén asistiron o Director de O Mundo a Danzar, o portugués Ventura Rodríguez, e un dos responsable da existencia do espectáculo, o director artístico do festival do Folclore de Ourense, Xulio Fernández. Desde o concello destacaron que os grupos que participan son dunha calidade artística excepcional. Acompañando ós bailes haberá música en directo, e un espectáculo de luz e son. As actividades do Mundo a Danzar serán no Xardín Umbrío e con entrada gratuita. O espectáculo é a estrela do programa “Sonatas de Verán 2017” que engloba as actividades culturais para esta tempada estivla no concello vilanovés.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Gonzalo Durán visitou tras esta comisión ós alumnos do curso de historia da Universidade de Santiago que hoxe comezaba no Pazo de Vista Real, en Vilanova. Un alumnado que se mergulla ata o próximo xoves no legado que o Pai Sarmiento deixou ó seu paso polo Salnés. En 1745 Fray Martín Sarmiento percorreu un sendeiro de 190 quilómetros entre viñedos, vales e ríos, pola comarca do Salnés, para chegar en peregrinación a Santiago de Compostela. Unha ruta chea de historia e natureza que deu lugar, moitos anos despois, a unha variante do Camiño Portugués. “Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés”, é o curso de verán que impulsa a Universidade de Santiago de Compostela centrado este ano na “Ruta do Pai Sarmiento”, un proxecto impulsado pola Mancomunidade do Salnés baseándose na viaxe realizada polo relixioso. Esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, deu a benvida ós alumnos, no seu primeiro día de curso, que terá lugar no Pazo de Vista Real do concello, destacando a relevancia de coñecer a nosa historia. O alcalde aproveitou para lembrar que está previsto o comezo das escavacións do Castro de Cálogo, tras moito tempo agardando poder realizar este proxecto. Durante esta primeira xornada do curso interviñeron a doutoranda Alicia Padín, para falar sobre o pasado medieval da ruta, Celestino Lores, sobre o Camiño Portugués, Carlos Galbán arredor dos castelos do Salnés, e Natalia Conde sobre a imaxineira medieval. Os 13 alumnos matriculados, na súa maioría profesores de secundaria, enriqueceranse neste curso ata o próximo xoves, con xornadas que inclúen, ademais das charlas pola mañá, saídas de campo pola tarde, ós petroglifos de Vilagarcía, ou ó xacemento arqueolóxico da Lanzada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> O pazo de Vista Real en Vilanova mergúllase no legado que o Pai Sarmiento deixou ó seu paso polo Salnés. Esta mañá comezou o curso de historia da Universidade de Santiago que achegará ó seus alumnos ás peregrinacións a Compostela, e o alcalde vilanovés quixo darlles a benvida. En 1745 Fray Martín Sarmiento percorreu un sendeiro de 190 quilómetros entre viñedos, vales e ríos, pola comarca do Salnés, para chegar en peregrinación a Santiago de Compostela. Unha ruta chea de historia e natureza que deu lugar, moitos anos despois, a unha variante do Camiño Portugués. “Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés”, é o curso de verán que impulsa a Universidade de Santiago de Compostela centrado este ano na “Ruta do Pai Sarmiento”, un proxecto impulsado pola Mancomunidade do Salnés baseándose na viaxe realizada polo relixioso. Esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, deu a benvida ós alumnos, no seu primeiro día de curso, que terá lugar no Pazo de Vista Real do concello, destacando a relevancia de coñecer a nosa historia. O alcalde aproveitou para lembrar que está previsto o comezo das escavacións do Castro de Cálogo, tras moito tempo agardando poder realizar este proxecto. Durante esta primeira xornada do curso interviñeron a doutoranda Alicia Padín, para falar sobre o pasado medieval da ruta, Celestino Lores, sobre o Camiño Portugués, Carlos Galbán arredor dos castelos do Salnés, e Natalia Conde sobre a imaxineira medieval. Os 13 alumnos matriculados, na súa maioría profesores de secundaria, enriqueceranse neste curso ata o próximo xoves, con xornadas que inclúen, ademais das charlas pola mañá, saídas de campo pola tarde, ós petroglifos de Vilagarcía, ou ó xacemento arqueolóxico da Lanzada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> O pazo de Vista Real en Vilanova mergúllase no legado que o Pai Sarmiento deixou ó seu paso polo Salnés. Esta mañá comezou o curso de historia da Universidade de Santiago que achegará ó seus alumnos ás peregrinacións a Compostela, e o alcalde vilanovés quixo darlles a benvida. En 1745 Fray Martín Sarmiento percorreu un sendeiro de 190 quilómetros entre viñedos, vales e ríos, pola comarca do Salnés, para chegar en peregrinación a Santiago de Compostela. Unha ruta chea de historia e natureza que deu lugar, moitos anos despois, a unha variante do Camiño Portugués. “Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés”, é o curso de verán que impulsa a Universidade de Santiago de Compostela centrado este ano na “Ruta do Pai Sarmiento”, un proxecto impulsado pola Mancomunidade do Salnés baseándose na viaxe realizada polo relixioso. Esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, deu a benvida ós alumnos, no seu primeiro día de curso, que terá lugar no Pazo de Vista Real do concello, destacando a relevancia de coñecer a nosa historia. O alcalde aproveitou para lembrar que está previsto o comezo das escavacións do Castro de Cálogo, tras moito tempo agardando poder realizar este proxecto. Durante esta primeira xornada do curso interviñeron a doutoranda Alicia Padín, para falar sobre o pasado medieval da ruta, Celestino Lores, sobre o Camiño Portugués, Carlos Galbán arredor dos castelos do Salnés, e Natalia Conde sobre a imaxineira medieval. Os 13 alumnos matriculados, na súa maioría profesores de secundaria, enriqueceranse neste curso ata o próximo xoves, con xornadas que inclúen, ademais das charlas pola mañá, saídas de campo pola tarde, ós petroglifos de Vilagarcía, ou ó xacemento arqueolóxico da Lanzada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> 19 mozos e mozas procedentes de diversos puntos da península e o estranxeiro participan no campo de traballo Natureza e Patrimonio xunto ó mar en Vilanova de Arousa. Esta mañá a Directora Xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, visitou ós rapaces que están a realizar tarefas de conservación ambiental e rehabilitación patrimonial na contorna. Dezanove rapaces e rapazas, chegados de diferentes puntos de Galicia e outras comunidades autónomas, así como participantes de Alemaña, Rusia e Francia conviven en Vilanova durante doce días para participan no Campo de Traballo natureza e Patrimonio Xunto ó Mar. Esta mañá, xusto cando comezaban o seu traballo no Monte Lobeira, recibiron a visita da Directora Xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, e do alcalde villanovés, Gonzalo Durán. A Directora Xeral destacou a relevancia destes campos de traballo,que promove o seu departamento, e que supó unha ferramenta de educación non formal para a mocidade, ó tempo que se recupera o noso patrimonio. Este grupo leva traballando desde o 2 de xullo en labores de recuperación patrimonial Pero tamén, os mozos teñen tempo para divertirse xuntos e coñecer a comarca, fascinante sobretodo para is que veñen de máis lonxe. Os mozos continuarán gozando de paisaxes tan espectaculares como esta de Lobeira, ata o próximo día 13 que remata este Campo de Traballo de Natureza a Patrimonio xunto ó mar.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Este venres retomáronse os traballos de construción do novo auditorio de O Esteiro, en Vilanova de Arousa. O alcalde do municipio, Gonzalo Durán, recoñeceu que dende o consistorio esperan que a obra este entregada no mes de decembro.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> O concello de Vilanova de Arousa presentou un contencioso administrativo ao entender que a paralización do vial de Baión, por parte da Deputación de Pontevedra, causa prexuízo tanto a administración como aos veciños. Gonzalo Durán admitiu esta mañá que dende Vilanova non pararán ata coñecer cal foi o destino do máis de millón e medio de euros, que estaban destinados a esta obra no municipio Gonzalo Durán non escatimará en esforzos para mostrar o seu desacordo coa paralización da obra de ampliación e mellora da EP 9701 ao seu paso por Baión. Trátase de un tramo de algo máis de 3km, que quedou contratada na época do anterior presidente da institución Rafael Louzán. Unha obra cun custe superior ao 1.600.000 euros, cuxo obxectivo era mellorar a seguridade e ampliar o espazo destinado aos peatóns. Durán afirmou querer coñecer a que se dedicaran eses cartos se finalmente non se realiza esta obra. O concello de Vilanova convertese de este xeito no primeiro concello en levar aos xulgados o asunto, dos seis máis que denunciaron a paralización de importantes obras para os seus municipios.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> O concello de Vilanova de Arousa asinou este mércores un convenio de colaboración co Banco de Alimentos Rías Baixas, co que se compromete a colaborar coa entidade naquelo que precisen.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Vilanova de Arousa repite este ano como sé dun dos campos de traballo organizados pola Xunta de Galicia. Vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos gozarán do entorno e de diferentes actividades deportivas, ao mesmo tempo que se ocupan da limpeza da senda costeira do Terrón-Patiñas. Vilanova repite como sé dun dos campos de traballo organizados pola Xunta de Galicia. O concello recibirá vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e procedentes de diferentes países, para participar neste encontro que abordará cuestión ambientais e relacionadas co medio mariño. O campo terá como actividade principal a limpeza da senda da costa do Terrón-Patiñas, área de gran valor ecolóxico e turístico. Tamén realizarán tarefas de recuperación da arquitectura mariñeira da zona do Illote da Insuíña. Esta mañá, o Conselleiro de Política Social e o rexedor vilanovés asinaban o convenio para organizar esta actividade. Varela e Durán destacaron o importante papel que xogan como ferramenta na educación non formal da mocidade. Neste verán a Xunta organizará 28 campos de traballo nas catro provincias galegas, ofertando case 10 mil prazas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 14
HomeSalnés - CaldasMostrando artigos por etiqueta: Vilanova Top of Page

Síguenos en facebook