Vilaxoán acolle o Campìonato de España de traineiriñas

traineirinas250_060210.jpgVILAGARCÍA> Vilaxoán volverá a ser o centro das miradas do remo esta fin de semana. Chega o Campionato de España de traineiriñas onde as embarcacións galegas parten con opcións de levarse algún título. O evento foi presentado esta mañá nun acto no que participaron numerosas autoridades políticas e representantes das federación galega e española de remo.

{flowplayer}images/salnes/traineirinas_020610.flv{/flowplayer} 

Que Vilaxoán é unha referencia dentro do remo nacional xa non é ningún secreto. Dende o club presidido por Feliciano Suárez estase a facer un traballo excelente, sobre todo no tocante ó cuidado da canteira e na organización de eventos. Dous títulos nacionais de bateis neste 2010 así o demostran. Ademais, o ano pasado foron anfitrións dun dos mellores nacionais de traíñas que se lembran. 

Esta fin de semana toca o intermedio, as traineiriñas. As mellores embarcacións de Cantabria, País Vasco e Galicia en categoría absoluta e xuvenil masculino, cítanse no porto vilagarcián.

A competición abrirase o domingo ás cinco da tarde coas tandas clasificatorias. Dúas por categoría, das que pasarán catro embarcacións de xeito directo e unha quita por tempos. Esas serán as que disputen as finais o domingo ás 12:00.

O campo de regatas, situado onde acostuma, terá un longo de 875 mentros. Haberá tres ciabogas polo que a distancia que terán que cubrir as embarcacións será de 3.500 metros.

De entres as traineiriñas do Salnés e o Barbanza, en xuvenil masculino acuden Cabo de Cruz e Vilaxoán, no absoluto femenino estarán xunto ós anfitrións Amegrove e Mecos. Estos últimos serán os único presentes na categoría raíña, na senior masculina.

Redacción Salnés