Atlantic Fest: o mellor cartel no mellor escenario do mundo

    Los Planetas, Lori Meyers ou The Temper Trap, son os cabezas de cartel da segunda edición do Atlantic Fest que se celebrará na Illa de Arousa do 30 de xuño ó 2 de xullo. Esta mañá foi presentada esta cita musical que forma parte dos Festivais Rías Baixas, que promove a Deputación de Pontevedra. É unha das citas musicais máis agardadas tralo éxito do ano pasado durante a súa primeira edición, non só por contar cun cartel único, senón pola paraxe inigualable no que ten lugar, a Illa de Arousa. Este ano, Los Planetas, único concerto en Galicia, ó igual que Lory Meyers, ou os internacionais The Temper Trap. Ademais, Annie B Sweet, Delorean ou Joe Crepúsculo .Esta mañá presetábase a segunda edición do Atlantic Fest, e comezaba coa proxección dun video promocional no que a Coral da Illa de Arousa interpretada esta versión de Los Planetas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou durante a presentación a beleza coa que conta a Illa de Arousa, o mellor escenario para un festival deste talle, así como a relevancia dun cartel que é xa imprescindible dentro dos nove Festivais Rías Baixas que promove a entidade provincial. Sorprendida co talento dos membros da Coral da Illa, a presidenta asegurou que xa ten un plan para cando deixe as súas funcións públicas, e será, formar parte desta agrupación musical. Pola súa banda, o alcalde do municipio, Carlos Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación, así como de tódolos patrocinadores que tamén estiveron presentes no acto. Toño Caneda, un dos organizadores do Atlantic, explicou cal é a esencia deste festival. O Atlantic Fest, será o venres 30 de xuño, sábado 1 de domingo 2 de xullo. Os concertos terán lugar na praia do Vao, no Auditorio e na Praza de Abastos, ademais das Tascas do pobo. A zona de acampada será de novo na zona de Area da Secada.